[pdf] Abordaxe! Revista Anarquista nº7 – X Aniversario – Outono 2018
Descargar: http://abordaxe.org/wp-content/uploads/2018/11/Abordaxe-web-definitivo.pdf.
As piratas embarcadas na nave da Editorial Abordaxe! presentamos un novo exemplar da nosa revista que, tras unha década de traxectoria, fai o seu nº 7.
Neste número viaxamos alén do Atlántico, reflexionamos sobre a grandeza e as miserias da liberdade, falamos sobre a situación política de Catalunya e o papel das anarquistas, lembramos historias de piratas, revoltas e okupacións… Pero tamén visitamos a Illa de Arousa na procura da súa esencia anárquica e aínda sacamos tempo para escribirlle a persoas presas, ler contos e moitas cousas máis!
Estamos en trámites de poñer exemplares desta revista en formato papel en diferentes espazos da xeografía galega e mundial para facilitar súa distribución. Se alguén ten unha distri e quere axudar a difundila que escreba a abordaxe@bastardi.net . Ao final desta entrada podedes consultar a listaxe deses lugares, que iremos actualizando a medida que se confirmen. Tamén estamos dispostas a achegarnos a calquera lugar a facer presentacións do novo número.
Premendo sobre a imaxe que acompaña este texto e que ilustra nosa portada do Abordaxe! revista anarquista nº7 teredes acceso gratuíto ao pdf desta nosa revista (e tamén a túa), da que vos adiantamos acá seu ben completo índice:
-
- Editorial
- A esencia anárquica da Illa de Arousa x Adrián Barros Castromán e Javier Lamoso Iglesias
- A ocupaçom da Yago e suas vidas posteirores x Roi Ribeira
- A revolta compostelá de 1136 x Pabliño
- Entrevista a Translurpies
- Como facer o teu propio spray de pementa
- Catalunya e as anarquistas x Ruymán Rodríguez
- Grandeza e miseria da miña liberdade x Pedro García Olivo
- Consellos para escribirlle ás persoas presas
- Historia da piratería en Galiza x Pabliño
- Soidade x Simpero
- Moral e racionalidade x Eli Z
- Entrevista a três espaços anarquistas do território sul-americano
- Manuel Antonio e o Estado
- Tribulaçons dum velho tripulante x Tussi-tussi Edu
PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN:
A Coruña:
–Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa Gil Vicente 17)
Compostela:
–CSA de Sar (Rúa Curros Enríquez 28)
–Taberna O Pozo (/Ruela das Ánimas 1)
Lugo:
–CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)
–Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)
Pontevedra:
–Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)
A Guarda:
–CS Fuscalho (paseo marítimo, xunto a Atalaia)
Lisboa:
–Livraria Tortuga (Rúa Penha de França 217)
Porto:
*Por confirmar*
- Inicie sesión o regístrese para comentar
Imprimir- 2138 lecturas
Enviar a un amigo













![Portal Anarquista norteamericano [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/infoshop.png)
![Portal Anarco-Comunista [internacional]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/anarknet.png)
![Portal Anarquista [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/libcom.png)
![Noticias para anarquistas [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/anarchorg.png)

![Cruz Negra Anarquista [Péninsula e Islas]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/cna.png)






