[GAL] 12 de Outubro

O 12 de outubro de 1492 três barcos ao serviço da Coroa de Castela chegam às Américas. A fronte deles, Cristovo Colón. Este misterioso personagem, que para muitas pessoas é um herói, tomou as ilhas no nome da monarquia à que servia e levou adiante umha política de genocidio coas suas habitantes, assassinado-as e escravizando-as, violando deste jeito as instruçons da rainha. Este episódio, denunciado por frei Bartolomé de las Casas, seria um prelúdio dos que levaria o home branco noutras partes do continente. As massacres forom continuadas deste jeito nas conquistas dos territórios, ao igual que acontecera previamente na expansom dos Estados. Britânicas, francesas, holandesas, portuguesas… Todas as potências coloniais ajudarom a destruir e causar mortes, a acabar com culturas ou a escravizar, em maior ou menor medida, mália que umhas forom mais benevolentes que outras.

Porém, junto a isto sumou-se outro fator importante: a chegada de mão de obra negra escrava procedente do continente africano. Este comêrcio, que lucrou a umha burguesia ascente, supujo a morte e o sometemento de milheiros de pessoas. Boa mostra disto é a denominaçom como “tombeiros” que lhe davam as portuguesas aos barcos de escravas. Esta escravitude moderna justificaria-se em teses racista, ao igual que o colonianismo e o expansionismo posterior.

Deste jeito, constituiu-se um ciclo comercial lucrativo, que partia dende Europa com produtos manufacturados, chegava a África a abastecer-se de mão de obra, vendendo finalmente todas estas mercancias nas Américas, onde obtinham produtos locais. Todo isto, foi realizado por diversas elites, que, desobedecendo ou nom as normativas imperantes, buscarom o seu enriquecemento a costa das povoaçons nativas.

Todo este processo inscreve-se no processo de ascenso do Estado em Europa, co reforçamento e centralizaçom do poder do Príncipe, que vai ligado ao ascenso do capitalismo, que trata de buscar novos mercados na procura de insaciáveis beneficios para umha reducida parte da povoaçom mundial. Este processo, que se acabará consolidando e gerando relaçons imperialistas entre um centro e metrópole e as colonias, acabará causando rejeitamente entre certos setores burgueses crioulos, e, em menor medida, mestiços. Estes, alçarám-se na procura da independência dos seus territórios, e criando Estados à sua medida. Porém, isto nom suporá a milhora dos benestar das povoaçons nativas nem a fim da escravitude, empiorando em muitos casos o trato que recebem as índias.

O 12 de outubro, assim mesmo, é usado por parte do espanholismo para justificar o seu nacionalismo. Nomeado num primeiro momento como “Día de la Raza” (denominaçom que conservou nalguns paises hispanoamericanos ata a atualidade) passou a ser conhecido como Día de la Hispanidad, co fim de glorificar à naçom espanhola e tender pontes cara as antigas colonias da monarquia hispánica. Baixo essa parafernália de unidade espanhola, agocham-se as diversas realidades nacionais que o Estado espanhol oprime dia a dia, e umha defensa centralista que nom chegou a existir nem na época das conquistas das Américas.

O 12 de outubro é umha data de festejo do expansionismo capitalista e imperialista. É umha data de expansom dos Estados, como ocorreu noutros momentos da história das sociedades complexas, e o que isso conleva: matançaa de milheiros de pessoas. É a data que vai ligada ao nascimento do racismo moderno.

Contra o imperialismo, contra o Estado, contra o Capital!

Nengum expansionismo é digno de festejar-se!

 

At1I0hslEC-btJFFkXClomijbTV3LN2m3taxT5GZ741E


O 12 de outubro de 1492 tres barcos ao servizo da Coroa de Castela chegan ás Américas. A fronte deles, Cristovo Colón. Este misterioso personaxe, que para moitas persoas é un heroe, tomou as illas no nome da monarquía á que servía e levou adiante unha política de xenocidio coas súas habitantes, asasinadoas e escravizandoas, violando deste xeito as instruccións da raíña. Este episodio, denunciado por frei Bartolomé de las Casas, sería un preludio dos que levaría o home branco noutras partes do continente. As masacres foron continuadas deste xeito nas conquistas dos territorios, ao igual que acontecera previamente na expansión dos Estados. Británicas, francesas, holandesas, portuguesas… Todas as potencias colonias axudaron a destruir e causar mortes, a acabar con culturas ou a escravizar, en maior ou menor medida, malia que unhas foron máis benevolentes que outras.

Porén, xunto a isto sumouse outro factor importante: a chegada de man de obra negra escrava procedente do continente africano. Este comercio, que lucrou a unha burguesía ascente, supuxo a morte e o sometemento de milleiros de persoas. Boa mostra disto é a denominación como “tombeiros” que lle daban as portuguesas aos barcos de escravas. Esta escravitude moderna xustificaríase en teses racista, ao igual que o colonianismo e o expansionismo posterior.

Deste xeito, constituíse un ciclo comercial lucrativo, que partía dende Europa con produtos manufacturados, chegaba a África a abastecerse de man de obra, vendendo finalmente todas estas mercancías nas Américas, onde obtiñan produtos locais. Todo isto, foi realizado por diversas élites, que, desobedecendo ou non as normativas imperantes, buscaron o seu enriquecemento a costa das poboacións nativas.

Todo este proceso inscríbese no proceso de ascenso do Estado en Europea, co reforzamento e centralizacón do poder do Príncipe, que vai ligado ao ascenso do capitalismo, que trata de buscar novos mercados na procura de insaciables beneficios para unha reducida parte da poboación mundial. Este proceso, que se acabará consolidando e xerando relacións imperialistas entre un centro e metrópole e as colonias, acabará causando rexeitamente entre certos sectores burgueses crioulos, e, en menor medida, mestizos. Estes, alzaranse na procura da independencia dos seus territorios, e creando Estados á súa medida. Porén, isto non suporá a mellora dos benestar das poboacións nativas nin a fin da escravitude, empeorando en moitos casos o trato que reciben as indias.

O 12 de outubro, así mesmo, é usado por parte do españolismo para xustificar o seu nacionalismo. Nomeado nun primeiro momento como “Día de la Raza” (denominación que conservou nalgúns países hispanoamericanos ata a actualidade) pasou a ser coñecido como Día da Hispanidade, co fin de glorificar á nación española e tender pontes cara as antigas colonias da monarquía hispánica. Baixo esa parafernalia de unidade española, agóchanse as diversas realidades nacionais que o Estado español oprime día a día, e unha defensa centralista que non chegou a existir nin na época das conquistas das Américas.

O 12 de outubro é unha data de celebración do expansionismo capitalista e imperialista. É unha data de expansión dos Estados, como ocorreu noutros momentos da historia das sociedades complexas, e o que iso conleva: matanza de milleiros de persoas. É a data que vai ligada ao nacemento do racismo moderno.

Contra o imperialismo, contra o Estado, contra o Capital!

Ningún expansionismo é digno de festexarse!

 

AmEXXYzRk1yjfjz86dWsGKIBnLcnPXmKrSRae8MkzUQl

Enlaces relacionados / Fuente: 
http://www.mocidadenliza.ga/12-de-outubro/
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org