[GAL] Nova detención en relación á folga do 14N. Concentración en Cervantes ás 20:30

Nova detención en relación á folga do 14N. Concentración en Cervantes ás 20:30

Na tarde de onte produciuse unha nova detención, supostamente por uns feitos acontecidos na pasada folga xeral do 14 de Novembro e que poderían constituír un delito de danos e desordes. A detención e a esaxerada actuación policial ten o mesmo carácter que denunciabamos no caso do compañeiro desta central sindical, detido o pasado martes.

De feito, o proceder foi bastante semellante: detención pola rúa en lugar do simple envío dunha citación xudicial, noite na comisaria e rexistro do domicilio da persoa detida. Nestes momentos, esta persoa permanece detida á espera de pasar a disposición xudicial durante esta tarde.

Ante este novo ataque á clase traballadora consciente, que non fai máis que confirmar a deriva represiva que denunciabamos estes días, desde as centrais CNT e CUT, a Asemblea aberta de Compostela e as Asembleas Abertas de Estudantes convocamos unha nova concentración en solidariedade coa detida hoxe venres, ás 20:30 na Praza de Cervantes.

 

Enlaces relacionados / Fuente: 
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1473
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org