[Compostela] Concentración contra a SGAE o 22 de abril às 17h na sede da Rua Salvadas

A CNT de Compostela convoca concentraçao contra este engendro do capital para o dia 22 de Abril, às 17:OO na sé da SGAE na rua de Salvadas (no bairro de Vista Alegre), como resposta à demanda que a SGAE apresentou contra a CNT por solidarizar-se com o portal web anarquista alasbarricadas.org. A concentraçao coincide con a pre-assembleia que os membros da SGAE estarao a realizar nesse momento.

A Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) denunciou nos xulgados ao sindicato Confederación Nacional do Traballo (CNT) por un comunicado emitido polo Sindicato de Artes Gráficas de Madrid no que se solidarizaba co portal web alasbarricadas.org que, previamente, fora denunciada pola SGAE, xulgada e condenada a pagar 6.000 euros.

Agora toca-nos afrontar a demanda interposta pola SGAE por un presunto delicto de ?intromisión ilegítima en el honor? cometido pola CNT. A honra da SGAE está cifrada en 9.000 euros: poucos euros para tan grande como falsa honra.

Tras coñecer a demanda, representantes da CNT mantiveron unha entrevista con delegados da SGAE para aclarar o que entendimos como un malentendido por parte da SGAE e para nosa sorpresa a SGAE teimou na demanda e exixíu da CNT un comunicado público no que teriamos que expresar o noso agradecemento pola sua ?comprensión? e louvariamos o seu ?labor cultural?. Os nosos representantes pensaron por un momento que estaban enfrente a uns pobres trastornados en trance de padecer un ataque.

A SGAE da un mal paso. Como deu maus pasos en Compostela. En primeiro lugar a sede da SGAE en Compostela está levantada sobre terreos cedidos durante ¡60 anos! polo Consorcio de Santiago, unha entidade pública que seica vela mais polos intereses económicos da empresa citada que polos intereses dos viciños de Compostela.

A SGAE, apoiada polo poder político e mais concretamente polo poder político socialista, cometeu unha grave irregularidade urbanística que, como ven sendo habitual no proceder do Alcalde Sánchez Bugallo, ?Nitro?, non foi obxecto dunha multa, como acontece co resto dos viciños, senón que foi contemplada con amplas tragadeiras por parte do Alcalde, que declarou nunha rádio que ?con multas non amañamos nada?. Ou sexa, se es a SGAE podes zampar-te un tramo peonal da rúa Salvadas mentres a Concelleira do BNG, Socorro García, enmudece por momentos. Pero se es un cidadán normal, de a pe, entón os políticos aplican-che todo o peso da lei.

Este é o proceder da SGAE, unha entidade poderosa que usa a sua forza para recadar ?manu militari? cantidades millonárias de diñeiro que despois reparte entre as grandes figuras da música, esquecendo-se do músicos de embaixo. Da voracidade recadatória do SGAE sabe moito a hostelaria de Compostela e saben tamén moito a Asociación Cultural Verea, da localidade de Vedra, a quen a SGAE lle reclamou case 3.000 euros polos direitos de autor dos dous últimos concertos de ?Vedra Rock?, concertos nos que non se pagaba entrada, non habia ánimo de lucro e os grupos musicais interpretaban os seus temas, non os de Ramoncín, antigo cantante coñecido como ?El Rey del Pollo Frito? e hoxe alto cargo da SGAE.

A CNT quere que as xentes coñezan quen é a SGAE, como ataca á CNT, como actua contra a cultura, contra a hostelaria, contra as orquestras de música, contra os viciños do compostelán Bairro de Vista Alegre e contra María Santísima se se lle pon a tiro. E tamén a CNT gosta de informar que no buscador de Internet Google, se introduces a palabra ?ladrones? aparece, en primeiro lugar, a SGAE. E se tecleas ?ladróns?, pois tamén.

CNT-Galiza

menéame menéame

Deje un comentario



Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org