Published on Alasbarricadas.org (http://www.alasbarricadas.org/noticias)

Inicio > XORNADAS DA RESISTENCIA E A REPRESIÓN: Santiago, Redondela e Vigo

XORNADAS DA RESISTENCIA E A REPRESIÓN: Santiago, Redondela e Vigo

Enviado por anonerror (no verificado) en Lun, 13/06/2016 - 01:51
Fecha: 
16/06/2016 - 01:45 to 30/06/2016 - 01:45
Ciudad: 
Santiago, Redondela e Vigo
Lugar: 
Santiago, Redondela e Vigo

ARRINCAN AS XORNADAS

“OLLADAS DA RESISTENCIA E A REPRESIÓN”

As xornadas organizadas por ECOAR))) en Galiza analizarán diferentes procesos actuais de dignidade e defensa dos dereitos por parte poboación afectada.

O xoves 16 de xuño terá lugar a primeira das sesións que compoñen as xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” que continuarán ata o 30 do mesmo mes, e estarán presentes en Santiago de Compostela, Redondela e Vigo.

As xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” buscan facer unha análise de como é o día a día dos millóns de persoas no mundo que sofren reiteradas violacións de dereitos como consecuencia dos intereses xeoestratéxicos e a aplicación das políticas neoliberais. Ademais estas xornadas pretenden amosar como son os procesos sociais que se producen neste tipo de escenarios, tanto no interior, a través da organización da poboación para facerlles fronte, como no exterior, coa construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que se afasta en moito da situación real.

Cada unha das palestras achegaranos, a través de diversas voces que estiveron sobre o terreo, posibles alternativas para afrontar ese tipo de situacións así como casos concretos de como se estruturan modelos de construción colectiva que permiten o exercicio, respecto e defensa dos dereitos das persoas nese tipo de marcos.

O programa das xornadas confórmase do seguinte xeito:

- Xoves 16 de xuño, 20:30 (CSOA Escarnio e Maldizer, Rúa da Algalia de Arriba, 11, 15704, Santiago de Compostela)

Porque nom caiu Kobane nem o Curdistam? [1]

Conferenciante: Manuel Carvalho (activista e coordinador do blogue e a comunidade social Curdistam). Presenta: Séchu Sende

- Sábado 18 de xuño, 20:00 (Multiusos da Xunqueira, Paseo Xunqueira, s/n, 36800, Redondela)

Curdistán: As Mulleres en Loita [2]

Conferenciantes: Rök (activista e membro da organización Rojava Azadî) e Sivan Zerdestî (membro do Congreso Nacional Kurdo, que presentará o primeiro tomo da obra de Abdullah Öcalan “Manifesto Por Unha Civilización Democrática").

- Mércores 22 de xuño, 20:30 (Café Uf, Pracer, 19, 36202 Vigo)

O Camiño Cara a Ningures Da U.E. [3]

Conferenciantes: Juan Teixeira (reporteiro documental especializado en temáticas sociais) e Pablo González (colaborador do diario Gara e Naiz, especializado nas resistencias en Europa do Leste).

- Xoves 30 de xuño, 20:30 (Teatro Ensalle, Rúa de Chile, 15, 36202, Vigo)

Islamofobia, Xénero E Movementos Sociais [4]

Conferenciante: Brigitte Vasallo (feminista anti-racista, mediadora intecultural, periodista colaboradora habitual de medios como Eldiario.es, Diagonal e Pikara).

 

http://giphy.com/gifs/resistencia-represin-xornadas-l46CgiKkZ2uF5OHde [5]

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

 

Enlaces relacionados / Fuente: 
https://www.facebook.com/ecoarglobal/photos/a.591165734357002.1073741827.538524532954456/721223564684551/?type=3&theater

Source URL: http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/36520

Links:
[1] https://www.facebook.com/events/573985109448529/
[2] https://www.facebook.com/events/1152628494789464/
[3] https://www.facebook.com/events/1772430202976731/
[4] https://www.facebook.com/events/129862144101042/
[5] http://giphy.com/gifs/resistencia-represin-xornadas-l46CgiKkZ2uF5OHde