Published on Alasbarricadas.org (http://www.alasbarricadas.org/noticias)

Inicio > [Galiza] Lembrao-o. Non te deixes pisar! 1 Maio 2006.

[Galiza] Lembrao-o. Non te deixes pisar! 1 Maio 2006.

Enviado por anonerror (no verificado) en Mar, 25/04/2006 - 11:04

Este 1º de Maio ven marcado por unha reforma laboral que está a piques de ser asinada polos sindicatos da patronal, e que suporá unha maior precariedade laboral para os traballadores e traballadoras e unha merma nos nosos direitos. Esta nova reforma facilitará ainda máis os despidos colectivos e abaratará o custe aos empresários.

O dia 1º de Maio non é un dia mais é para lembrar o porqué do sindicalismo : os sindicatos naceron para defender non só os intereses económicos dos traballadores, senón que o seu desenvolvimento baseou-se no ideário dun cámbio dunha sociedade por outra máis xusta e solidária.




Non somos unha mercancia que se venda. Somos e seremos o que queiramos e non o que queiran que sexamos.

Este 1º de Maio a CNT-Galiza fará un mitin às 12,30 h na Sala Yago de Compostela e posteriormente fará-se unha manifestación pola cidade.

Mais informacion na NOVA web confederal no link
CNTgaliza.org [1]


Source URL: http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/2657

Links:
[1] http://www.cntgaliza.org