Folleto "Apuntamentos sobre a cuestión obreira"

[GAL]

Lapsus, como punto de venda e distribución de carácter non comercial, ten coma obxectivo fundamental difundir e facilitar o acceso a materiais que representen unha ferramenta de análise e formación crítica.
Consideramos que neste proxecto de contribución  ao cuestionamento da realidade na que vivimos inmersas, resulta moi interesante poder enriquecer o abano de publicacións que poñemos a disposición, procedentes das máis importantes editoriais alternativas da península, con materiais que conteñan reflexións sobre a nosa realidade máis próxima.
 
E é neste contexto no que debe entenderse a publicación dos textos que aquí presentamos.
 
Neste caso, son  tres breves escritos que chegaron ás nosas mans e pola súa clara interconexión decidimos difundir conxuntamente. O primeiro deles, permite achegármonos á realidade interna dun dos centros de poder intocables, incuestionables e totalmente opacos da cidade de Vigo: a factoría de Citröen. Amósanos unha visión do proceso de negociación do convenio Colectivo dende a perspectiva do sector máis obviado no seu desenvolvemento, a dos traballadores e traballadoras, centrándose particularmente no papel xogado na mesma polo único sindicato no que, nese contexto, podían depositarse as mínimas esperanzas de que servise tal e como debería ser de acordo á súa esencia, coma ferramenta colectiva de defensa.
 
Seguindo a liña deste último aspecto, o segundo texto reflexiona sobre o proceso de unificación de federacións no seo do sindicato CIG. Podería considerarse que esta é unha cuestión de interese tan só para aquelas persoas involucradas nas loitas internas de poder que isto comportará. Porén, atendendo ás novas modificacións nas regras de xogo do mercado laboral e a que a día de hoxe, e independentemente da nosa valoración ao respecto, no noso territorio non se pode negar o seu papel de principal forza con capacidade de mobilización e creación de conflito, consideramos que o seu interese, polas repercusións que pode comportar, transcende os límites da propia estrutura sindical.
 
Finalmente, péchase a escolma cun artigo que cuestiona o papel a xogar polos traballadores no momento presente e a mistificación do seu retorno. As derrotas pretéritas non supuxeron en modo ningún unha acumulación de experiencias senón mellor un anquilosamento tanto a nivel práctico como teórico. Unha mirada autocompracente para unha realidade complexa de máis.
 
Lapsus, Vigo 2012
Descargar Fanzine / Revista:
Descargar Fanzine / Libro Descargar documento
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org