Memória - Fascismo Nunca Máis!

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
x CNT-Galiza

Memória - Fascismo Nunca Máis!

Mensaje por x CNT-Galiza » 18 Abr 2005, 17:11

Acto en Vilagarcia de Arousa.


O pasado sábado, día 16 de abril, houbo en Vilagarcía unha homenaxe a tres homes e unha muller. Un deses homes estaba afiliado á CNT (Confederación Nacional do Traballo) durante a etapa republicana. O sábado pideu outravolta o carné.
O acto celebrado o sábado sirveu para recuperar a nosa memoria sindical e militante e tamén para dar vida e presencia confederal na comarca arousá, pois na homenaxe houbo participación activa da militancia cenetista de Vilagarcía, Pontevedra e Compostela, de xeito que no xantar era a organización que máis postos tiña reservados de antemán.
A CNT ten moito que decir no movemento popular a prol da recuperación da memoria histórica, tanto en Vilagarcía como en Cerdedo hai dúas semanas porque algunhas ou moitas das persoas ás que se lle rende homenaxe non eran estrictamente republicanas, canto menos as persoas vencelladas á CNT non eran republicanas, eran anarcosindicalistas ou directamente anarquistas. De aí que a preséncia da CNT en todo canto acto de recuperación da memoria histórica aconteza na Galiza, é cuestión de toma-lo en sério.

Responder