1º Aniversario do xornal "Marea Negra"

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Eliseo
Mensajes: 45
Registrado: 22 Ago 2004, 22:42
Ubicación: Ferrol

1º Aniversario do xornal "Marea Negra"

Mensaje por Eliseo » 16 Abr 2005, 08:35

Xornal “Marea Negra”: xa pasou un ano

O vindeiro 1 de maio o xornal “Marea Negra” aparecerá novamente polos quioscos da nosa terra co seu número 7. E xa pasou un ano dende que decidimos tirar para adiante e sacar na Galiza unha publicación libertaria para tódolos públicos. Con motivo deste cabodano do noso/voso xornal, desexamos contar coas opinións das nosas lectoras e lectores, de todos os colaboradores e colaboradoras, sobre a marcha do proxecto e sobre o futuro dunha aposta social e informativa como a que levamos adiante. Polo tanto, agradeceríamosvos que nos enviarades algunhas liñas (1, 2, ou 3) coa vosa opinión, crítica ou desbarre sobre o proxecto, para incluir nas páxinas deste número 7.

Pola nosa parte, o grupo de persoas que nos encargamos de sacar adiante o aspecto técnico deste xornal cooperativo, non podemos estar máis satisfeitas/os de cómo vai funcionando o xornal. A estas alturas o proxecto está xa completamente consolidado a nivel económico, seguimos aumentando o número de lectores e ampliando os pontos de distribución. De seguir nesta liña, o xornal pode mesmo chegar a producir beneficios, aínda que podedes estar seguros de que (se os houbera) adicaríamolos a incrementar o número de páxinas ou a reducir a periodicidade.

A nivel de contidos pensamos que se mellorou bastante dende os primeiros números e aínda poden darse moitos pasos adiante, coa axuda de todas as persoas que simpatizan co proxecto. Consideramos necesario incrementar a variedade dos temas tratados no xornal, dando máis espazo á cultura e ao humor, corrixir erros detectados nestes primeiros números e organizar mellor a información. Para elo contamos con vós.

O máis importante do proxecto, sen dúbida, é que moitas persoas (algunhas que coñecíamos, outras que non), entraron en contacto con nós e se foi establecendo un fructífero e interesante intercambio. E esa rede que se vai tecendo xa non hai quen a desfaga; agardamos que algún día poida facer un bó servicio a todos aqueles movementos sociais que, na Galiza, traballan por construir un mundo más xusto e solidario.

Non vos esquezades de que tamén son benvidas as vosas colaboracións para conseguir que este novo número sexa máis atractivo e estimulante que os anteriores. A vosa opinión, as noticias que vos interesan, a música, o arte, o cine e os libros que vos gustan, as convocatorias nas que participades, son o alimento espiritual deste proxecto. A data límite para a recepción de contribucións será o vindeiro 21 de abril.

Saúde.

Xornal “Marea Negra”

http://mareanegra.unionlibertaria.org

Invitado

Mensaje por Invitado » 16 Abr 2005, 18:51

Parece-me umha idea xenial o de poder escreber umhas linhas para o novo marea negra podendo explicar o incribelmente avanzado que esta este projeto. De feito, creo que 2 ou 3 linhas nom me vamchegar para explicar polo miudo as excelencias de esta nova arma informativa do esquerdismo galego. É incribel que em um ano ja esta a venda em cento de puntos de venda, rachando asi a secular isolacion dos medios libertarios galegos, como vem tem rezado o benquerido compañeiro eliseo. Cousas como esta fam falta para salir do ninho autorreferencial do libertarismo galego.
Estou seguro de que esta publicacion de que se pode chegar ao grande publico anada que um o intente, basta ter umha aposta plural e coerente. Em definitiva, parece-me a revista de contrainformacion mais importante da peninsula despois do Diagonal, e iso que se publica en galego, mal que lhes pese a alguns.

Responder