Fecha actual 23 Nov 2017, 06:10

Todos los horarios son UTC [ DST ]




Nuevo tema Responder al tema  [ 3 mensajes ] 
Autor Mensaje
 Asunto: Manifestación contra O Desaloxo da casa das Atochas
NotaPublicado: 15 Abr 2011, 12:14 
Desconectado
Avatar de Usuario

Ubicación: En el País Libertario de Nunca Jamás
Registrado: 12 Sep 2007, 23:07
MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DA CASA DAS ATOCHAS
(va adxunto o comunicado en castelán)
http://www.casadasatochas.info

Imagen

O 12 de abril de 2011 ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata ás oito e media aproximadamente que chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas máis non detidas. Durante toda a mañá e parte da tarde (sempre custodiados pola policía, mantendo o cordón e impedindo así o libre acceso e tránsito en toda a mazá), a empresa inmobiliaria *propietaria* do edificio tirou os tellados da Casa, rompendo cristais e xanelas, sen que existise unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección alguna para os obreiros que fixeron o sucio traballo (destrozaron a uralita das cubertas de xeito totalmente inadecuado poñendo en perigo a saúde dxs veciñxs da zona).
A Casa agora está tapiada, baleira e sen teitos, sen nengún tipo de apuntalamento da estrutura, o que supón que calqueira día poda derrubarse de súpeto.
A pesar de que se dixo que non houbo incidente algún no momento do desaloxo, un compañeiro dos que se concentraban na rúa da Torre mentres derrubaban o inmoble recibiu un puñetazo nos dentes por parte dun policía antidisturbios, sen motivo aparente. A prensa comercial referiu o feito dicindo que o manifestante mordeu, previamente a recibir o golpe, na man ó policía, nada máis lonxe da realidade.
O día anterior ó desaloxo chegou a desestimación do recurso de nulidade no que, ollo o dato, cargan as costas procesais -curiosamente sen dirimir todavía o propio alcance do proceso de instrucción- aos moradores da Casa das Atochas, un feito insólito nun proceso de índole penal.
Con data do 14 de abril, dous dias despois do desaloxo, chegalle aos imputados a providencia da xuíza que permite á policía o asalto á casa polas duas rúas que lle daban acceso(por diante e detrás: Atocha Alta e Rúa Pintor Román Navarro).
Unha vez máis as empresas privadas, coa total conivencia do Concello, a *Xustiza* e as *forzas da orde*, aplicaron as súas *leis*.
Máis a nós nos queda a solidariedade de tanta xente, a convicción de que outro mundo é posible e que isto non é máis que o comezo.
Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil Centros sociais!

Enlaces vídeos, crónica da marcha, máis información e fotografías:
http://vimeo.com/22285431
http://www.youtube.com/watch?v=YdKS4u4Nycg
http://abordaxerevista.blogspot.com/201 ... aloxo.html
http://s1131.photobucket.com/albums/m55 ... 20Atochas/
http://www.youtube.com/watch?v=g3F9LcB6 ... ideo_title




-------------

Despois do descrédito ao cal fomos sometidxs nestas derradeiras semanas cremos que este é o mellor xeito de comunicarnos sen intermediarixs e de maneira directa coa cidade. Para que se coñeza de primeira man o porque do noso existir. Velaí van pois unha serie de puntos, a modo informativo, do que para nós é importante e do que queremos transmitir:

1. Por qué okupamos?
Por falta de espazo onde desenvolver as nosas inquedanzas sociais, culturais e políticas, as que precisamos como seres humáns, o que evidencia o nulo interese dos organismos gubernamentais no desenrolo individual e colectivo de todxs nós.

2. Dereito a unha vivenda digna.
Nin somos legalistas nin constitucionalistas máis a posibilidade de acceso a unha vivenda digna é un dereito abertamente proclamado polo pobo. Nesta cidade existen en torno a 20.000 casas baleiras en estado de abandono e a espera de ser pasto da especulación económica en beneficio dxs poderosxs. Parécenos incrible que se protexa e exalte o dereito a acumular 18 edificios frente á okupación e recuperación dunha soa casa abandonada.

3. Por qué okupamos unha propiedade de Pérez Paz, S.L.?
Antes de nada queremos desmentir a información vertida por estes individuos na prensa simulando ser unha pequena empresa familiar. A citada empresa ten e tivo varios procedementos xudiciais abertos por delictos urbanísticos na cidade, especialmente activa nos barrios das Atochas e Monte Alto. Aí son coñecidas as súas estratexas de mobbing inmobiliario para conseguir botar a rúa as persoas con menos recursos e máis desprotexidas (anciáns, enfermxs, etc.) e así poder especular tranquilamente coas súas vivendas, ademais dos derrubos ilegais, desplome de grúas, etc. De ahí ven o pseudónimo *el Rata* co que a xente dos barrios das Atochas e Monte Alto o bautizou, moito antes por certo de que xs okupas chegásemos.

4. Política urbanística/deshumanización dos barrios.
Parece mentira que aínda podamos acreditar nas mentiras do Concello, e demais sectores interesados, sobre a estratexia do urbanismo social e como propicia o desenvolvemento da vida das persoas na cidade. Onde a realidade é que non existe máis política que o enriquecemento persoal de varias familias (véxase a operación Marineda City) que dende hai tempo se reparten as porcións do pastel. Enténdase, por exemplo, Construcciones Ángel Jove, presuntamente vinculada co narcotráfico na Galiza dos anos 80.

5. Alternativa social/alternativa política.
Nós cremos profundamente na creación de alternativas socio-políticas dende abaixo, onde xs verdadeirxs protagonistas das nosas decisión sexamos nós mesmxs, mediante a autoxestión dunha asemblea horizontal, sendo así donxs das nosas vidas e futuro.

6. Contracultura/ocio.
Durante os tres últimos anos un sinfín de actividades culturais se teñen celebrado no centro social de xeito gratuíto. Sacando as cores aos políticos de turno que ao longo da historia da cidade non mostraron o máis mínimo interese en potenciar o libre crecemento cultural de nenxs, novxs e anciáns, e que pola contra fixeron e fan fincapé en crear un modelo de cidadán e cidadana pasivx, aburridx, frustradx e predecible.

7. Crise económica/burbulla inmobiliaria.
Non o decimos só nós. A actual crise financieira débese a especulación salvaxe a mans de empresas construtoras e inmobiliarias, que propiciaron a burbulla de mercado que non tardaría en estoupar, como finalmente foi. Onde a Banca, consciente desta situación, non só non fixo nada, senón que consentiu con total alevosía para enriquecerse a costa nosa. E agora cando isto non da máis de si, somos nós quenes temos que rescatar aos culpables da crise con recortes sociais, despedimentos en masa e un longo etcétera auspiciado por Europa.

8. Medios de comunicación/Manifestación do 11D.
Máis unha vez se pon en evidencia a conducta do chamado 4º poder que, en nome do Estado, pode condicionar ao seu favor o pensamento crítico, baixo a apariencia de veracidade e da libre información. Parécenos increíble que dous meses despois da manifestación convocada pola Casa das Atochas sigan repetindo, cal mantra tibetano, o que non fixemos, transcurrindo a marcha con total normalidade, incluíndo nesta as pintadas e o deterioro dunha sede bancaria, expoñente máximo e símbolo da pésima situación económica que nos rodea.

9. Estado de benestar/despilfarro.
Temos que facer autocrítica. Sen isto será imposible restablecer e encauzar esta sociedade e o modelo económico. Durante os últimos vinte anos, vivimos por enriba das nosas posibilidades, alentadxs polos ideais neoliberais da globalización e o libre mercado. Non se podía soster nin un minuto máis tanto despilfarro: dous o máis coches por familia, o apartamento no centro da cidade, a casa na praia ou o colexio de pago dxs cativxs. Esquecimos que x máis ricx é x que menos precisa e creímos no modelo importado do soño americano, creándonos a necesidade de vivir por enriba das nosas posibilidades e por enriba dxs nosxs semellantes.

10. Unión, acción, autoxestión!
Cremos nun mundo onde a xestión dos recursos sexa equitativa, sendo todxs nós parte de todo, en simbiose co noso entorno e en relación con outros modelos de autoxestión, entendendo que na diferenza reside o perfeito modelo de convivencia.
Agardamos, sinceiramente, aclarar deste xeito algunha das dúbidas que puidesen xurdir sobre o noso xeito de vivir, animando a quen o desexe a coñecernos e participar, porque aínda que pareza que todo rematou, isto non é máis co principio.

Atte. CSO Casa das Atochas
Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito.

SUMMARY IN ENGLISH:
On April 12, 2011 at seven o'clock several units of UIP and G.O.E.S. police proceeded to evict the Casa das Atochas. On the roof of the same two people remained resisting until eight and a half they came to where they were and took the building. Were identified but not arrested. Throughout the morning and early afternoon (always guarded by the police, keeping the cord, thus preventing free access and movement throughout the block), the real estate company *owns* the building threw the roof of the house, breaking glasses and windows, without a demolition order approved by the City Council or no protection for workers who did the dirty work (smashed corrugated covers totally inadequate way endangering the health of the area neighbourhood). The house is now boarded up, empty and roofless, without any underpinning of the structure, which means that any day can suddenly collapse. Again, private companies, with the full connivance of the City Council, *Justice* and *law enforcement*, applied its *laws*. But us have the solidarity of many people, the conviction that another world is possible and that this is only the beginning.
An eviction, another squatting! Ten, hundred, thousand Social Centers!

_________________
Imagen

«Come, join in the only battle wherein no man can fail,
where whoso fadeth and dieth, yet his deed shall still prevail»

by William Morris, The day is coming (Chants for socialists)


Arriba
 Perfil  
 
 Asunto: Re: Manifestación contra O Desaloxo da casa das Atochas
NotaPublicado: 16 Abr 2011, 14:10 
Desconectado
Registrado: 24 Feb 2011, 00:50
Me da cargo de conciencia no acudir a la manifestación que está prevista para hoy pero lamentablemente el tiempo es un recurso escaso y uno no puede estar en varias sitios a la vez ( no poseemos el don de la ubicuidad como dicen los expertos que lo posee dios),...,pero expreso mi total y absoluta solidaridad con l@s compañer@s afectad@s,conozco la fecha de la manifestación desde el lunes la verdad es que no me esperaba que los desalojaran puesto que llevan bastantes años y en más ocasiones se han manifestado e incluso algún miembro de las CFSE dijo que la gente que pasaba por la calle los apoyaba.
Tengo sincero sentimiento de culpa por no ir pero para llegar allí a las 18h y son las 15h en este momento tendría que salir ahora mismo de mi casa y desatender mis responsabilidades pero es que claro si siempre priorizamos nuestras responsabilidades: trabajo,compromisos asumidos,...etc nunca hacemos nada por los demás y no toma cuerpo la idea que hacemos nuestra de la solidaridad tal y como la entiende Malatesta : el problema es que si todos hacemos como hoy voy a hacer yo nadie va acudir a esta justa a mi parecer manifestación y claro si no apoyamos ni siquiera los que somos a fines a nuestr@s compañer@s quien c...es va acudir?.
Espero que la manifa sea un éxito de convocatoria y espero para la próxima que hagan ,estar disponible y de no estarlo, me plantearé muy seriamente posponer mis compromisos y priorizar la actividad solidaria.

Desde luego los que dispongais de tiempo libre no lo dudeis acudir!!!!


Arriba
 Perfil  
 
 Asunto: Re: Manifestación contra O Desaloxo da casa das Atochas
NotaPublicado: 22 Feb 2012, 13:12 
Desconectado
Avatar de Usuario
Registrado: 25 Feb 2008, 18:31
Peter, no me digas que al final tenemos "compañeros" en común. Sería bastante bonito para mí, eres una persona muy especial en este foro y conocerte en persona me gustaría bastante, sobretodo sí pudieses darme información sobre gente con los mismos intereses. Mi círculo directo es más "apolitico", pese a ser una persona con muchos conocidos en diversos sitios. ( Digo conocidos, amigos de verdad, con los de la mano me sobran ) :D :D

_________________
Pensando, sin rumbo, sin camino ......... encerrado en mi jungla de asfalto


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 3 mensajes ] 

Todos los horarios son UTC [ DST ]


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
phpBB2 Czar-Orange Theme © CirtexHosting
phpBB3 Czar-Orange Theme © Shadow_One
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Traducción al español por Huan Manwë
     
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org