Comunicado de prensa da CNT de Ferrol sobre a Folga Xeral

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Comunicado de prensa da CNT de Ferrol sobre a Folga Xeral

Mensaje por perroviejo » 30 Sep 2010, 23:31

A CNT de Ferrol valora moi positivamente o desenvolvemento da folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais. O seguimento do paro na comarca foi practicamente total entre a clase traballadora, que amosou así a súa disconformidade co recorte de dereitos e a precarización do mundo do traballo.

Ao tempo, a Federación Local de Ferrol da CNT desexa aclarar que non se corresponde en absoluto coa realidade a noticia recollida pola prensa de que "delegados" do sindicato suspenderan a misa da igrexa das Angustias e que desaloxasen a 20 mulleres dese local. Houbo un enfrontamento verbal entre militantes (no modelo sindical da CNT non existen os delegados sindicais nin os liberados) do sindicato e o crego das Angustias, mais non existiu desaloxo da igrexa nin suspensión da misa. Polo tanto, manifestamos que a información recollida por Europa Press (ao parecer recollendo unhas declaracións do voceiro da CIG que este Sindicato considera inaceptabeis) e reproducida con maior ou menor fantasía por diversos medios, é meridianamente falsa, polo que solicitamos a súa rectificación.

Este sindicato desexa manifestar tamén a súa repulsa pola acción das forzas de policía, que na zona do Bertón atacaron brutalmente a un piquete informativo ás 06:30 da madrugada. Cando o piquete se dirixía pacíficamente ao polígono da Gándara para desenvolver a súa actividade informativa, foi bárbaramente atacado polas forzas de policía, que embestiron os seus vehículos contra o grupo de sindicalistas; houbo tres persoas feridas, dúas por golpes de porra e outra polo disparo de dúas balas de goma dende curta distancia e pola espalda. Tres militantes deste sindicato foron identificados e dous deles foron levados a comisaría sen ningunha explicación do motivo da súa detención, agás a de que formaban parte dun piquete, o cal constitúe unha ilegalidade total. Que a actuación do grupo de sindicalistas era completamente pacífica, pode comprobarse polo feito de que o lugar onde foi atacado pola policía é un lugar de nula actividade comercial ou industrial, e na que apenas existen vivendas. Por outra banda, a propia policía asume a inexistencia de motivos para o ataque ao piquete cando da conta á prensa da realización destas tres identificacións, sen alegar motivo ningún para facelas.

A CNT considera que os dereitos individuais das persoas que padeceron este ataque e o propio dereito de folga vense conculcados por este tipo de actuacións intimidatorias. En calquera caso, nin as intimidacións da patronal que ameaza con despidos ás persoas que fixeron folga, nin os ataques da policía, conseguiron evitar que a poboación respaldase a protesta contra a reforma laboral e os recortes sociais. Agora cumpre que o governo asuma a necesidade de deixar sen efecto toda esta serie de medidas lesivas contra a clase traballadora. En caso contrario, a CNT amosase partidaria da convocatoria dunha nova folga xeral.

En calquera caso, este sindicato desexa alertar á poboación da bisbarra da necesidade de manterse activos diante da posibilidade de que o governo insista no recurte dos dereitos da clase traballadora, como podería ser o aumento da idade de xubilación. Diante de ataques deste calibre, é necesaria a participación de toda a clase traballadora na resistencia popular contra os recortes sociais, e para elo tamén é imprescindible a existencia dun sindicalismo autónomo (que non viva dos presupostos do estado) e autoorganizado, e que non suplante a necesaria acción de todas e cada unha das persoas afectadas polas medidas do governo. Polo tanto, facemos un chamamento ás persoas xubiladas, paradas, traballadores e traballadoras fixas e precarias, para participar en vindeiras mobilizacións, de xeito crítico e consciente, e á marxe do sindicalismo para-estatal.


Ferrol, 29 de setembro de 2010
Federación Local de Ferrol da CNT
Secretaría de prensa
Imagen

Responder