Unha grande dose de ateismo e pensamento anti-relixioso é mais necesária do que nunca, agora que impregna a cidade o abafante ambiente ultra-relixioso imposto pola "festividade" cristiá do Apóstolo Santiago, nun momento no que a Igrexa decide celebrar durante un ano enteiro, ano que contará entre outras barbaridades coa visita do Pastor Alemán Ratzinger, ao tempo que debemos asistir à ofensiva católica contra às mulleres, contra a xuventude, contra as persoas que deciden ter sexualidade, contra as que deciden cando ter fill@s ou non tel@s... Por iso, a CNT de Compostela convida a todo aquel que goste do pensamento libre, à apresentación pública do libro "Paseo humorístico a través das relixións e os dogmas", que terá lugar este xoves 22 de Xullo, às 19:30, na Praza de Cervantes.
Desde a CNT de Compostela cremos que a relixión é nefasta por si mesma, e consideramos que debe ser desmontada e aniquilada en todos os seus elementos constitutivos. O riso, a burla, o escárnio, sempre foron unha das mellores formas para conseguir este fin. Iso é o que propón o folleto que ahora re-editamos: rir-se da relixión e, ao tempo, facer-se consciente do papel social que xogou ao longo da história, tan chea de escravitudes e represións e contribuir ao desenmascaramento da función que cumpren as relixións todas.
A re-edición desde pequeno claśico de Maitre Simon ven esta vez acompañada dunha série de interesantes imaxes anti-clericáis realizadas por artistas de avangarda para distintas publicacións libertarias e de libre pensamento dos anos 20 e 30. O libro, de oitenta páxinas, estará à venda por un prezo ben baixo a partir do xoves 22, e tamén para descarga libre no Ateneu Virtual deste web a partir do venres 23.