Muller e prisión: abusos contra as presas de Nanclares

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Muller e prisión: abusos contra as presas de Nanclares

Mensaje por eu » 24 May 2010, 11:41

Este xoves 27 de Maio, no local da CNT de Compostela terá lugar às 19:30 unha palestra sobre un tema de actualidade: os abusos às mulleres nos cárceres españóis, exemplificado nun dos casos mais escandalosos dos últimos anos, o de Nanclares de Oca. A palestra correrá a cargo de Carlos "Pote" Hernández, coordinador en Bizkaia de SalHaketa, organización para a defensa dos direitos de todos os presos e presas.

En marzo de 2005, unha muller presa no departamento feminino do cárcere de Nanclares de Oca (Araba) denunciou ao entón Subdirector de Seguridade do centro por acoso e coaccións sexuais, destapando así unha realidade de abusos de toda índole sobre as mulleres presas naquel centro que até entonces era un secreto a voces pero sobre a que a falta de denúncias xudiciais impedia intervir. Esta primeira denúncia, à que seguiron tanto unha campaña de represálias à denunciante por parte da institución como unha campaña de apoio e solidariedade de numerosos colectivos e asociacións de todo o Estado foi o princípio dun proceso de denúncia da realidade penitenciária das mulleres nos cárceres españóis.

Desde marzo de 2005, outras 3 presas de Nanclares, 1 presa de A Lama, 4 presas de Palma de Mallorca, 1 interna no psiquiátrico penitenciário de Fontcalent, 2 presas no cárcere de Ibiza e finalmente 3 presas de Meco I teñen denunciado distintas situacións de acoso e abusos sexuais por parte de funcionários de prisións. Tememos que isto sexa só a ponta do iceberg, tal e como nos ten ensinado a experiéncia de Nanclares, pero cando menos agora esta realidade está-se empezando a visualizar, a realidade das mulleres presas, até agora esquecidas, sempre discriminadas e muitas veces agredidas na sua dignidade e direitos. Esta é a realidade que através desta palestra pretende explicar-se e denunciar-se: NON MAIS ABUSOS ÀS MULLERES PRESAS!!

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Muller e prisión: abusos contra as presas de Nanclares

Mensaje por eu » 02 Jun 2010, 20:08

Disponibilizamos o audio da palestra que o pasado xoves impartiu no local da CNT Carlos "Pote", coordinador para Bizkaia da organización de apoio a presas e presos Salhaketa, baixo o título Muller e prisión, na que tomando como exemplo o caso de abusos às presas do cárcere de Nanclares de Oca, analisou a especial dureza do sistema represivo e carcerário español para as mulleres.

Audio da palestra Muller e prisión impartida por Salhaketa en Compostela. Formato ogg.

Responder