1 de Maio. Foto de Familia.

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por Suso » 02 May 2010, 09:07

Acabou a manifestación e os mitines, fumos xantar e descansar.... falamos, compartimos experiencias e preparabamos cousas que temos que facer no futuro. Cunha Ollada posta nos ultimos anos vemos como a familia vai medrando. Faltan algúns, os nosos compañeiros maiores e outros máis novos que a morte foi levando,pero temos caras novas, moitas....... Tiñamos xa que coller os buses e voltar...alguén dixo
-Unha foto de familia, que estamos no centenario.
-Arrechegarse que non entramos berrou o fotografo
-Mecajonodeus!! Fai dez anos cabiamos nun coche.
Última edición por Suso el 02 May 2010, 09:44, editado 1 vez en total.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
huerto
Mensajes: 323
Registrado: 12 Ene 2009, 20:59

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por huerto » 02 May 2010, 09:23

Enmarcade esta foto e poñedea nun lugar privilexiado do voso local. Transmite un sopro de optimismo que da envexa. Un saudo dun galego en Palma.
Todos los animales somos iguales

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por Suso » 02 May 2010, 09:29

Gracias compañeiro.
Optimismo e corazón aberto. ¿Qué revolución vaise facer se andamos sempre querendo mirar a 30 centimetros do muro? Haberá que dar algún pasiño para atrás, coller carreira e saltar con forza e sen medo. :wink:
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

laefe
cuenta anulada por petición del usuario
Mensajes: 458
Registrado: 05 Jun 2009, 02:40

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por laefe » 05 May 2010, 23:35

pajote

Trastamara
Mensajes: 225
Registrado: 14 Oct 2005, 18:41

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por Trastamara » 06 May 2010, 08:25

Ola, Laefe:
Xa vin a túa amable mensaxe noutro nicho, e agora éste.
Bon, como non vou caer en provocacións de nengún tipo (tipo=clase, o de tipo non vai por tí), comentarei que algo pode haber de triunfalismo, de bombo lambido, de optimismo a caneiro cheo.
Son os perigos de facer algo, de mover as cousas na medida do posible, de ocuparse das persoas desherdadas e que non teñen instrumentos de defensa frente ao Capital e os empresarios, sabémolo ben, porque nos locais chegan cada semana varios casaos de persoas que non cobran e que están a seren roubadas.

Pero deberías comprender (eu case podo, pese a que me envías a beber) que cando non se receben subvencións estatais, autonómicas, dos Concellos ou Deputacións, é máis complicado tirar cara diante e facer un sindicalismo autónomo, de base, o menos burocrático posible, asambleario, pois non está moi de moda e tampouco a xente está, polo de agora, pola labor. Veremos máis endiante.

Poñamos exemplos: adquirir locais con cargo aos petos da militancia, está moito ben e demostra que hai cotizacións; en Galiza, xa sabes, hai dous locais dese tipo; abrir un local alugado en dúas localidades, pois non está nada mal e resulta máis limpo que andar de "pajotes" (olé a túa linguaxe machista) e máis sano que andar nos bares.
Qué hai outros modelos? Natural, aí están.

As veces, pregúntome qué fai mal o anarcosindicalismo para receber este tipo de críticas, próprias de persoas que están moi lonxe de calquer ideoloxía liberadora e transformadora, solidaria e afín: "Pajote", aí está ben resumido o teu parecer sobre un labor militante e de base.
Ánimo, con argumentos así, tes un lugar destinado a ser ocupado por tí nas ringleiras da dereita, onde papá sempre quixo ver aos seus fillos e fillas, colocados (non bon sentido da palabra) ao aveiro das treboadas sociais e dos problemas, noxentos problemas, das persoas despedidas e que fican sen traballo.
"Pajote" chamas a unha demostración sindical cenetista, Bendito sexa Deus.

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por Suso » 06 May 2010, 08:49

Non lle deas importancia. Nós en Betanzos sabemos o que facemos e poden vir a comprobalo cando queiran....



Ainda estou esperando que me fagas una visita Laefe.. :lol:
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

laefe
cuenta anulada por petición del usuario
Mensajes: 458
Registrado: 05 Jun 2009, 02:40

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por laefe » 06 May 2010, 22:29

os quiero

laefe
cuenta anulada por petición del usuario
Mensajes: 458
Registrado: 05 Jun 2009, 02:40

Re: 1 de Maio. Foto de Familia.

Mensaje por laefe » 06 May 2010, 22:30

gracias

Responder