Vídeo do roteiro contra a mina de andalucita en Picovello

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Vídeo do roteiro contra a mina de andalucita en Picovello

Mensaje por perroviejo » 18 May 2010, 22:38

[youtube]<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/3KhPxPxBSwg&hl ... ram><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/3KhPxPxBSwg&hl=es_ES&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>[/youtube]
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: Vídeo do roteiro contra a mina de andalucita en Picovell

Mensaje por Suso » 19 May 2010, 08:15

Bonito, Bonito :D






PS: Hai que avisar, cabróns W:Wrz
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
regue
Mensajes: 2069
Registrado: 30 Mar 2005, 01:33
Contactar:

Re: Vídeo do roteiro contra a mina de andalucita en Picovell

Mensaje por regue » 19 May 2010, 10:02

Olà,

Muito bom o video, e parece que o ambiente da jornada

Parabens a gente de UL!

pd: a ver quando alguns poderemos passar por aquelas terras... :wink:
<<Todas as coisas já foram ditas, mas como ninguém escuta é preciso sempre dizer de novo.>>André Gide

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Vídeo do roteiro contra a mina de andalucita en Picovell

Mensaje por perroviejo » 19 May 2010, 20:36

Certamente foi un bo dia e houbo moi bon ambiente.
Suso: voltaremos por alí pronto, xa me encarregarei de avisarvos persoalmente. Desta volta Unión Libertaria emitiu este textiño que enviamos por correo electrónico e colgamos nas webs:

" Unión Libertaria vai participar na marcha que varias entidades e colectivos veñen de convocar para o sábado 15 de maio pola zona de Pico Vello en Goente coa finalidade de chamar a atención sobre os serios problemas que carrexaría a instalación dunha mina de andalucita. O visto e prace para a instalación foi outorgado á empresa Picobello Andalucita polo goberno de Feijoó nunha nova manobra na que se poñen por diante intereses económicos e empresariais fronte aos estudos de conservación e impacto ambiental.

A retórica do capitalismo salvaxe e depredador pretende impoñerse unha vez máis fronte a quen defenden a conservación da natureza e a posibilidade doutro modelo político e económico que supere, dunha vez por todas, o modelo autodestrutivo do capitalismo globalizado responsable de tantas desfeitas e de tanto sufrimento nas guerras e conflitos que xera a instauración do egoísmo económico e do constante crecemento.

Unión libertaria participa nesta convocatoria para denunciar esta nova agresión na nosa comarca e pola defensa do espazo natural que comprende a zona de Pico Vello, as fragas do Eume e o río Belelle. Pero tamén como unha forma de loita que sirva para concienciar á sociedade sobre a imperiosa necesidade da superación do capitalismo nun momento no que, moribundo e en crise, trata de aferrarse máis que nunca aos seus propios principios destrutivos. Fronte a esta fuxida cara diante do capital, reclamamos a necesidade dunha sociedade nova, descapitalizada e verdadeiramente democrática, na que o pobo tome o control e a responsabilidade do seu destino e na que se aposte pola desindustrialización e o decrecemento para facer posible unha sociedade máis xusta e libre que viva en equilibrio coa natureza. Levamos un mundo novo nos nosos corazóns."


Tendes máis info sobre o tema en:

- http://picovello.blogspot.com(web dos colectivos ecoloxistas)
- http://www.reganosademolizon.org
Imagen

Responder