[Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

[Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa

Mensaje por perroviejo » 14 Oct 2009, 11:54

De reganosademolizon.org

Hai dous anos que abrimos este blogue para contribuír ao movemento de oposición á Planta de Gas de Reganosa. Dende entón, varias veces se nos ten preguntado que onde estabamos nós cando comezaron os protestos. A resposta é sinxela. Estabamos organizando-nós.

Cando no 2000 comezaron os protestos, Unión Libertaria non existía como tal, a CNT perdeu a súa actividade na comarca alá polos oitenta, e non se refundou ate o ano 2006. Sen embargo, @s que ate hoxe nos identificamos có lema “ Reganosa Demolizón” estabamos xa presentes nas convocatorias do comité.

Unión Libertaria apareceu en escena aló polo 2002, e sempre manifestou o interese por esta loita, de feito, xa se falou do tema nas III Xornadas Libertarias que se celebraron en 2004, nas que estivo presente o comité, e moitas outras organizacións. O tema da especulación, inmobiliaria e industrial, e mailo seu impacto na nosa comarca xa é recorrente nas xornadas libertarias que se veñen celebrando dende entón.No Marea Negra, xornal bimensual anarquista, viñamo-nós facendo eco dos momentos da loita. Hai unha colección completa de Mareas Negras no Espazo Libertario para quen a desexe ou queira corroborá-lo.

A pesares disto, temos que manifestar que sempre desconfiamos, pola súa procedencia política, da xente que dirixe o comité cidadá, así como do módelo organizativo que escolleron e máis de determiñados áspectos estratéxicos da loita.

¿ Porqué Reganosa Demolizón?

É no verao de 2007, á calor do conflito d@s mariscadores/as e momento no que, recén inaugurado o Espazo Libertario, o noso local, UL e máis o sindicato CNT sentimo-nos con forzas para participar activamente desta loita. Estamos presentes en todas as mobilizacións e comezamos a participar das nomeadas “ Asembleas Cidadás”.

Entón caemos na conta de que o lema adoitado “ Planta de Gas, fora da ría” é unha vergoñenta tentativa de enmascarar a xa vella reivindicación do traslado a Caneliñas perante a insostibilidade das súas argumentacións.

Foi entón cando decídemos desmarcarnos coa nosa campaña baixo o manido lema, que escollemos precisamente para alonxarnos destes plantexamentos NIMBY’s ( Not In My Back Yard, traducido ao galego como non na miña leira). Xa o dixemos mil veces: O que non queremos para nós, non o queremos para ninguén; e o que non queremos son plantas de gas nin capitalismo salvaxe ( nin aquí, nin en Asturies, nin en Canarias…).

Ese mesmo ano, nas VI Xornadas Libertarias, tivemos ocasión de departir, entre outr@s, con Enrique Barrera, portavoz de Fuco Buxán sobre este tema nun debate que, baixo o título de ¿ Planta de Gas?, versou sobre a conveniencia ou non do traslado a Caneliñas. Segundo asegurou alí, había anos que o Comité acordara o lema ante os resultados dunha enquisa publicada por La Voz de Galicia no que se suxería un apoio maioritario ao devandito traslado.

Todavía lembramos aquel anuncio de pago publicado nos xornais locais en xullo de 2001 que levaba por título “ Declaración sobre a Planta de Gas na Ría de Ferrol” e do que citamos textualmente: “ A tarefa fundamental deste Comité e conseguir que a planta de gas sexa instalada no exterior da Ría de Ferrol” , así como aquel outro Galicia Sindical de xaneiro/febreiro de 2002, co seguinte titular “ CC.OO. de Ferrol considera que a planta de gas non pode demorarse máis e que debe instalarse en Caneliñas ”.

Parece ser que, a dia de hoxe, nin é estratéxica a planta de gas, nin é estratéxica a reivindicación do seu traslado. A vista está que o comité convocou a desmadeira marcha a Mugardos “ Polo desmantelamento de Reganosa”, no canto de empregar outro lema. A este respecto compre resaltar o seguinte parrafo extraido dunha crónica, colgada na rede, da Xornada Aberta de Formación Cidadá organizada polo Comité este ano:

“ Ante a pregunta formulada por […] sobre as diferentes posturas a respeito da reivindicación de instalar a planta de gas no porto exterior de Caneliñas, os relatores aclararon que nas orixes do Comité Cidadá, hai case dez anos,ese plantexamento resultaba estratéxico, mais o tempo transcorrido e a propia dialéctica do movimento fixo que a consigna “ Planta de Gas fora da Ría” se convertese no eixo unificador de todas as posturas e mesmo que unha das argumentacións esgrimidas tanto diante do poder xudicial, como do político, como diante da cidadanía, é que Reganosa non é necesaria …”.

Non foi sen tempo. Máis inda así, segue habendo quen non perde ocasión de manifestarse polo traslado a Caneliñas.

Diverxencias co Comité

Esta diverxencia, xunto con outras de carácter organizativo e estratéxico, foron as que motivaron a nosa posterior ruptura co comité.

Dende o momento que entramos a participar nas asembleas cidadás, acusamos unha falta total de “talante democrático” por parte dos dirixentes do comité, así como un total control da asemblea por parte deste.

Sabemos nese intre que a resposta popular contra reganosa se organiza do seguinte xeito: Hai un Comité Cidadán, unha mesa de traballo e unha asemblea cidadá. O Comité Cidadán é quen dispón, manda e ordena. A mesa de traballo obedece e acata. E a asemblea cidadá non é máis que unha asenblea informativa á que se nos convoca cun orde do día previamente deseñado para que sepamos que é o que o Comité decideu e o traballo que desempeña esa mesa. Tanto ao comité cidadán como a mesa de traballo se accede por invitación expresa d@s dirixentes. Non fumos convidad@s en ningún caso, tampouco o agardabamos.

Non nós parece mal que exista un comité adicado a coordinar unha resposta legal á barbarie de Reganosa, máis pensamos que a resposta popular debe correr a cargo dunha asemblea, e esta debe ser soberana de calquer comité ou mesa de traballo. O Comité reculou, a medias, na reivindicación do traslado… parécenos ben. Millor nos parecería que renunciase ao control das asembleas cidadás e se adicase exclusivamente ao tema xudicial.

A campaña en si.

Pouco a pouco fumos artellando unha campaña que se desenvolveu en varias frontes:

Na rúa fixemos pintadas e murais, colamos pancartas, pegatinas e cartaceis, repartimos panfletos e boletíns. E tamén nos manifestamos en numerosas ocasións, convocad@s polo comité ou pola RGNSV, nas rúas de Ferrol e Compostela, coa nosa pancarta pola demolizón e con bloques pola mudanza de módelo enerxético.

Na rede abrimos o noso blogue, que se mantivo, salvo picos, nunha media de 100 visitas diarias, unhas 3.000 ao mes, o que fan máis de 70.000 visitas nos dous anos que levamos abertos. Escribimos artigos e manifestos, que publicamos nel e que foron publicados noutros medios de contrainformación, dixitais e analóxicos, aos que agradecemos a súa difusión. Informamos sobre os diferentes momentos da loita sempre tentando clarexar as nosas posturas.

A un tempo tamén elaboramos vídeos informativos, colgados na rede sobre convocatorias concretas. Ultimamente vimos facendo mudanzas no blogue en sintonía cos nosos plantexamentos: por un lado estamos a facer-nos eco de outras loitas tamén relacionadas coa destrución ambiental, por outra banda, estamos elaborando unha listaxe de empresas agresoras e, para finalizar, abrimos unha sección de autoxestión e alternativas ao sistema capitalista onde imos mostrando materiais audiovisuais onde se recollen experiencias prácticas semellantes ás nosas propostas autoxestionarias.

Por outra banda, organizamos e participamos en varios actos públicos, tanto na nosa cidade como noutras da Galiza, nas que se falou deste tema e doutros relacionados co desenvolvemento insustentábel que estamos a sofrer. Se dous anos de campaña deron para tanto, agardade os dous seguintes.

Como está a cousa neste intre e apontes estratéxicos para un futuro.

A percepción xeral da xente é que se debera ter loitado antes da súa construción. Unha opinión construída dende os media e que é unha falacia. Como xa dixemos, a planta entrou en funcionamento no 2007, e a oposición leva artellandose dende o ano 2000. Este argumento presupón a oposición a súa ubicación, máis tamén a impotencia e resignación de non poder fazer nada para arranxá-lo a pesares dos contenciosos legais abertos.

Ás concentracións pola entrada de gaseiros apenas participan unhas deceas de persoas, na derradeira marcha a Mugardos foron unhas 200 persoas, e no roteiro contra os socios de Reganosa eramos unhas 400 persoas.

Para nós supón un descenso palpábel no nível, cualitativo e cuantitativo, de loita. Se ben o Comité foi rectificando a súa postura en canto ao traslado a Caneliñas, non mudou de actitude en canto ás atitudes antidemocráticas, seguen empeñad@s en marcar os ritmos da loita. Apenas hai asembleas cidadás, e aquela primeira tentativa de poñer a funcionar a RGNSV de Ferrol caeu en saco roto.

Pola nosa banda, nós insistimos, e o acontecido en casos como o de Massó en Cangas ou o parque de Rosalía en Lugo corrobora os nosos argumentos, que a oposición frontal na rúa, tal e como aconteceu perante o conflicto d@s mariscadores/as, a desobediencia civil e maila acción directa, son os únicos meios eficaceis para a movilización social e para rachar o silencio meiatico imposto. Pensamos que no seu día deberamos de ter parado as obras, máis tamén pensamos que todavía se poden fazer moitas outras cousas.

Pensamos que a loita contra a planta de gas debe estar vencellada a unha loita maior pola recuperación ambiental da Ría e da comarca. Así como fixo a Plataforma pola Defensa da Ría no seu día, pero desta volta sen intereses partidarios e eleitoralistas de por meio. Do mesmo modo, a loita contra Reganosa debe estar vencellada a un movimento polo decrecimento industrial. Pensamos que de igual modo que existe unha rede de denuncia das agresións ambientais que se producen na Galiza (RGNSV), debera haber unha rede de alternativas ao sistema capitalista, composta por todos aqueles colectivos, asociacións e movimentos que se adican a poñer en práctica iniciativas en prol da autosuficiencia e o decrecimento. Na comarca hai varias: masa crítica, ferroltroca…

Crítica aos movimentos sociais e populares.

Observamos con preocupación constante como os movementos sociais e populares son permeables á intromisión política, favorecendo a súa manipulación partidaria e electoralista. Así aconteceu coa Plataforma Nunca Máis e a posterior campaña “ Hai que botá-los” na Galiza e có movemento contra a invasión de Iraq no estado español: @s mesm@s que continuarían coa guerra e maila desfeita ecolóxica, presentan-se ante a “ opinión pública” como modern@s salvadores/as que nos liberarán, vía parlamentar, da especulación urbana e industrial, dos atentados contra o medio e contra os pobos asentados sobre os recursos naturais precisos para continuar esta tolemia autodestrutiva. En canto eses obxectivos e intereses electoralistas son satisfeitos, chega a desmobilización.

Pensamos que esta recuperación é posíbel polo lamentábel estado xeral dos movementos sociais e populares, estado que se pode sintetizar nos seguintes aspectos:

Un desmantelamento progresivo, e casi absoluto, dos mesmos ao longo destes trinta anos de transacción democrática, que derivou nunha sociedade moito máis submisa e confiada nas escasas opcións ofertadas polo sistema capitalista.

Neste desmantelamento tivo moito que ver a represión e criminalización daqueles individuos, colectivos e atitudes que se saían dos marxes establecidos e maila promoción social daqueles/as que sí se circunscribían aos límites do “ politicamente correcto”, empregando os movementos sociais e sindicais como plataforma de lanzamento das súas respectivas carreiras políticas.

Isto dá lugar a un personalismo excesivo, que fundamenta a lexitimidade das loitas no prestixio persoas d@s seus/súas adherentes, o que redunda en graves carencias democráticas. Este desmantelamento progresivo incide na falta de conciencia social, así como na falta de formación d@s nov@s activistas, que se ven incapaceis de mudar estas dinámicas.

A maioría destes colectivos e organizacións receben subvencións das que dependen en maior ou menor medida, porque inciden directamente nas súas actividades, ou sexa que dependen dun “ goberno amigo” que lles bote unha man. Moitos deles só existen na medida que receben a subvención, e en realidade, están conformados por unha ou dúas persoas que controlan o cotarro, e maila pasta.

O atractivo dos movementos sociais e populares, e a súa capacidade de convocatoria, vense mermados porque a xente advirte de contado estes chanchullos políticos, e rexeita participar deles. Como colofón a esta desesperante situación, temos unha manchea de colectivos, asociacións, organizacións, plataformas, redes… unha excesiva atomización na que se bota en falta un grau máis alto de coordinación.

Rede Galiza Non Se Vende.

Por todo isto valoramos positivamente a aparición da RGNSV como unha tentativas de superar esa intromisión política nos movementos sociais. O seu discurso, sintetizado no lema “ Goberne quen goberne, Galiza non se vende” presupón a continuidade das loitas pola defensa ambiental da Galiza alén dos intereses partidarios e eleitoralistas dalgún/unha d@s seus/súas integrantes.

Nós pensamos que unha asemblea comarcal da Rede Galiza Non Se Vende podería servir como ponto de partida para a reactivación da loita contra Reganosa e pola defensa ambiental da comarca, e da Galiza. Somos cinco os colectivos da comarca integrad@s na rede:
Fusquenlla, Verdegaia, Comité Cidadán, Artabra 21 e Unión Libertaria.

Unha de cal e outra de area.

Despois deste repaso, cumpre tamén facer algo de autocrítica:

Por un lado temos que falar da nosa incapacidade para ter mudado estas dinámicas coas que non estamos content@s e darlle unha saída á loita contra Reganosa. Quizais por ter chegado tarde, polos motivos expostos ao principio desta memoria, prestamos demasiada atención ao Comité, estragando moitas enerxías que se puideran ter empregado en implicar a outra xente nunha auténtica “ asemblea popular”, non tutelada polo comité nin pola súa mesa de traballo, que puidera ter levado a cabo accións de protesta máis contundentes contra o consorcio.

Unha outra autocrítica, que se pode facer extensiva ao resto do movimento libertario galego, é a falta de coordinación e escasa participación nos temas de defensa ambiental, concretamente na RGNSV e nas súas mobilizacións. Pensamos que o movimento libertario ten moito que aportar á loita por unha auténtica ecoloxía social, máis que por esta falta de coordinación non é capaz de monstrar á sociedade unha alternativa práctica ao capitalismo e as súas institucións políticas.

Total, nada que non poidamos arranxar. Inda estamos a tempo de desmantelar Reganosa e facer xustiza.

Ferrol, 14 de Novembro de 2009
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: [Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa

Mensaje por Suso » 21 Oct 2009, 09:43

Importante a loita e o compromiso dos libertarios de Ferrol.
Hai que tomar nota do seu exemplo.

... e aproveitando os "piropos" aproveito tamén para enviar outros fíos "AL ABISMO" :wink:
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

brindavoine
Mensajes: 14
Registrado: 25 Nov 2008, 08:38

Re: [Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa

Mensaje por brindavoine » 23 Oct 2009, 13:20

Sempre é un pracer saudar aos compañeiros de Betanzos.
Boa idea tiveches, Suso.

Responder