Galiza: Nace a Central Obreira Galega (COG)

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Avatar de Usuario
_nobody_
Mensajes: 10668
Registrado: 12 May 2002, 13:28

Galiza: Nace a Central Obreira Galega (COG)

Mensaje por _nobody_ » 27 Jul 2009, 11:33

...co obxectivo de ser un sindicato 'nacionalista e de clase' e unha alternativa ás centrais sindicais maioritarias.
Nun manifesto, presentado hoxe na Coruña, os promotores desta nova central sindical aseguran que o seu obxectivo é "devolverlle o protagonismo á clase obreira galega" e ser un proxecto "independente, firme e sen ataduras, que recupere os principios básicos do sindicalismo nacionalista da década dos 70".

O seu coordinador, Mario Díaz, asegurou que esta iniciativa xurdiu tras a expulsión de delegados e afiliados da CUT nas comarcas da Coruña e Ferrol hai tres meses "sen unha explicación sobre cales son os motivos da expulsión", remarcou.

Díaz denunciou as prácticas sindicais da CUT nos últimos anos e o malestar existente entre delegados e afiliados pertencentes a esta central en Galiza e afirmou que por iso decidiron constituír un novo sindicato. Así mesmo, destacou que entre os seus principios programáticos estará o funcionamento con unidade, pluralismo e criterios democráticos "algo que non existe na CUT", apuntou.

O sindicato conta xa na comarca da Coruña cuns 600 afiliados e ten xa legalizadas as súas siglas e os seus estatutos. Proximamente, celebrará unha asemblea constituínte na que se concretará o programa sindical.

Mario Díaz avanzou que tamén levarán cabo iniciativas nos centros de traballo encamiñadas a dar a coñecer os obxectivos da Central Obreira Galega. Respecto diso, denunciou "o descontento existente entre moitos traballadores coas centrais sindicais maioritarias" e engadiu que a súa intención é responder ás demandas deste colectivo".
http://www.anosaterra.org/nova/32363/na ... lase-.html
...vive como piensas o acabarás pensando lo que vives...

Responder