20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Mensaje por eu » 18 Jun 2009, 19:46

Este vindeiro sábado 20 de xuño convocamosvos a unha manifestación en Arteixo contra a represión no ensino, por un ensino libertario e en solidariedade con Brais.

A manifestación partirá do arteixán instituto Manuel Murguía ás 12:00h do mediodia e chegará ata as portas do concello. Desde Compostela fletamos autobuses de balde que sairán, às 10:30 da sede do sindicato CNT sito na rúa Garcia Prieto nº 24 no barrio de Cornes.

Agardamos unha vez máis a vosa presenza solidaria para rematar cos abusos autoritários no ensino.
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Mensaje por Suso » 19 Jun 2009, 09:00

Estaremos.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: 20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Mensaje por eu » 20 Jun 2009, 20:51

Arteixo: A solidariedade da CNT en marcha!
Convocados pola CNT, reunimo-nos en Arteixo algo menos de un centenar de compañeiros e compañeiras pertencentes aos sindicatos da Galaica, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Vigo, Lugo Compostela, asi como solidários e solidárias coa causa do noso compañeiro Brais, despedido do ensino logo dun longo proceso, acusado e sancionado por 4 “presuntas” faltas graves a un total de 25 dias de suspensión de emprego e soldo e portanto ao despido pola sua condición de interino-sustituto.

Despedido, non só dese instituto senon de todos os institutos da Galiza, pois foi borrado das listas, de tal xeito que non pode voltar traballar, no entanto non se celebre xuízo, que está fixado para o 9 de Febreiro de 2010.

O “delito” do compañeiro de ensino Brais non é outro que ter reclamado no IES ”Manuel Murguia“ de Arteixo –A Coruña, que as aulas de Matemática se deran en galego como corresponde por lei, decreto, 124/2007 ademais de ter-se enfrentado a un sistema autoritário, que permitia entrar aos polícias “de paisano” no centro para cachear aos rapaces e raparigas dentro do recinto escolar, feito que o noso compañeiro denunciou no seu blog privado, sendo investigado pola guarda civil por indicación da directora do instituto, asi como todos os alunos que mostraron a solidariedade co noso compañeiro.

Temos que salientar que non é Arteixo unha vila dada a manifestacións de nengún tipo e a de CNT debeu ser das primeiras. Durante o percorrido a xente ficaba abraiada por nunca ter visto semellante manifestación “en directo” e recebemos diversas mostras de solidariedade, que nos emocionaron.

A manifestación percorreu as ruas de Arteixo rapartindo-se centos de panfletos onde se explicaba a postura da CNT, desde o Instituto “Manuel Murguia” de onde partiu a denúncia que provocou a sanción de Brais até a casa do Concello onde finalizou con unhas palabras do compañeiro Alberte de Ensino, este explicou a dificultade dos tempos que corren para a nosa clase e para o noso idioma, o autoritarismo dos centros de ensino, o deterioro do ensino público a favor do ensino privado, o orzamento mermado na ensinanza pública, a frustración e desinterese do alunado e portanto o elevado fracaso escolar(24%), o grande poder concedido às equipas directivas e é nese contexto onde se dá o proceso a Brais, compañeiro cenetista e portanto partidário de un ensino libertário, algo que o sistema non pode consentir.

Durante o percorrido berraron-se diversas consignas encontra da represión no ensino, en solidariedade com Brais , contra da relixión na escola, a prol do galego e por un ensino libertário, laico, cientifico e racional.
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Mensaje por Suso » 22 Jun 2009, 09:44

Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Mensaje por perroviejo » 02 Jul 2009, 22:30

[youtube]<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/9sUDER3qz98&hl ... ram><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/9sUDER3qz98&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>[/youtube]
Imagen

Responder