O Galego, língua proletária

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

O Galego, língua proletária

Mensaje por eu » 20 May 2009, 09:21

O dia non era axeitado por duas razóns, chovia e as previsións da Mesa ficaban curtas, como acontece amiúde, pois o lugar escollido para remate da manifestación tiña que ter sido o Obradoiro, pois a cantidade de xente que habia era muita muitísima, 40-50.000?, mas aos do Bloque nunca lle saen as contas, e adoecen de confianza no povo e esquecen aquela máxima de Castelao “teñamos confianza no povo e moi logo o povo terá confianza en nós”. Lembramos ainda aquela data gloriosa en Decembro de 2003 da manifestación meirande de todos os tempos de "Nunca Mais", falaba-se de meio millón de persoas os que entón participaron e os do Bloque querian meter-nos na Quintana, tivemos que ser nós os da CNT, quen lle dixemos ao Pleno que ou enchiamos ao Obradoiro ou marchabamos para casa.

A CNT queria participar na manifa das letras tamén por várias razóns, mostrar a nosa solidariedade co compañeiro Brais, profesor de Matemática despedido como sabedes por reclamar o que é de xustiza, que as aulas se deran en Galego, por enfrentar-se a un sistema autoritário de valores caducos, por dar contra a maquinária horrenda da inspección educativa, por pretender que cumpran as suas leis e por outra banda pola defensa da cultura e o idioma das clases populares que de momento é o Galego, idioma que se non pomos remédio colectivamente desaparecerá de contado.

Por todo isto manifestamo-nos coa faixa “O Galego, língua proletária” e repartimos mil exemplares do seguinte panfleto

POLA DEFENSA DA LINGUA E D@S TRABALLADOR@S GALEGOS!

A vergoñenta situación que se está a viver co anúncio de derogación do Decreto 124/2007 por parte de Núñez Feijoo, apresenta-se como consecuéncia clara da relación do PP con certos grupos de poder que viñan denunciando unha inexistente “imposición de la lengua gallega”. Apesar da conseguinte confrontación en todos os aspectos da vida civil na Galiza, o PP avanza magreando o uso ou desuso dunha ou outra língua sen máis interese que o dun rédito eleitoral que debe ser amortizado agora que ocupa o poder da Xunta de Galiza.

Non se debe esquecer que o Decreto 124/2007 ainda en vigor recolle moitos dos aspectos que xa estipulaban o próprio estatuto, outras normativas sobre a língua (todas redactadas e aprobadas sob o mandato do PP) e incluso sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza. Debe-se facer notar igualmente que o actual decreto sobre o galego foi aprobado até o último momento polo mesmo chefe da oposición no seu momento, hoxe principal sancionador da sua derogación.

Na defensa da língua e no cumprimento da normativa que ampara dita oficialidade da língua galega no ensino, moitos profesores e profesoras do ensino secundário galego levaron a cabo distintas tarefas e accións. Precisamente o compañeiro da CNT Brais, profesor-substituto de Matemática , foi un destes ensinantes que no proceso de potenciar e defender o uso da língua galega do IES “Manuel Murguia” de Arteixo desencadeou-se un proceso que concluiu recentemente coa imputación de 4 faltas graves que provocaron a sua expulsión das listas de substitución no ensino secundário da Consellaria de Educación e a conseguinte situación de novo desempregado na grosa lista de persoas sen emprego no noso país.

En todo este proceso o compañeiro Brais foi submetido a unha total indefensión e onde o noso compañeiro defende o respeito da língua galega a Xunta de Galiza entende un despido irrevocábel. Debe-se lembrar tamén que coa intervención dos CC.OO. CSIF e UGT, que firmaron de costas aos ensinantes unha addenda no 11 de xullo de 2006 que lle deixa mans libres á administración para proceder nestes casos coa máxima forza represiva.

Apesar de todo os dereitos inalienábeis que a própria língua galega posúe; non hai que esquecer tamén os dereitos das persoas que amparan, protexen e defenden a nosa língua. O incumprimento da Lei de Normalización Lingüística, redactada e aprobada hai xa máis de vintecinco anos, empiorará a desfavorecida situación de diglósia no noso país mas deixará na rua ademáis, traballadores e traballadoras, que como o caso de Brais, foron represaliados polo lexítimo dereito de reclamar o uso da sua lingua.

PARALIZACIÓN DO INCUMPRIMENTO DO DECRETO 124/2007 POLA XUNTA DE GALIZA!

REINCORPORACIÓN NAS LISTAS DE INTERINOS E SUBTITUTOS A BRAIS!

POLO DEREITO DA LINGUA GALEGA E D@S TRABALLADOR@S!

Imagen

Responder