1º maio anarcosindicalista

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Da Ponte » 24 Abr 2009, 12:15

A Confederación Galaica da CNT convoca a tod@s @s traballador@s aos actos que, unha vez máis, celebra no 1º de Maio. Este ano os actos centralizarán-se na cidade de Ferrol. Às 12:30, con saida desde a Avenida de Esteiro partirá unha combativa manifestación, que rematará nun mitin no mesmo lugar.

1º de Maio anarco-sindicalista

Hoxe volvemos sair á rua este 1º de Maio para lembrar aos 8 compañeiros anarquistas, que no 1886 en Chicago, deixaron a vida loitando pola xornada de 8horas. E tamén, para recordar a todas aqueles traballadores e traballadoras que loitaron por mellorar as suas condicións laborais e sociais desde tanto tempo atrás, homes e mulleres que fixeron desta data un dia de loita, de folgas, manifestacións, revoltas.

Mais o 1º de Maio non é só unha homenaxe. Saímos á rua porque segue a ser un dia de loita e reivindicación para o futuro. Resta ainda moito camiño por percorrer, moitas liberdades por conquistar. Sobran-nos motivos para a loita contra a explotación. Este 1º de Maio plantexa-se nun contexto de crise económica, xerada pola avarícia da banca, os estados e os empresários.Todos están de acordo en que sexamos, os de sempre, a clase obreira, quen pague as consecuéncias da sua egoísta e nefasta xestión. Se en tempos de bonanza económica a precariedade e os accidentes laborais eran a norma xeral nos postos de traballo, agora teremos que sumar-lle a esa realidade a dos despidos masivos (E.R.E.s), o desemprego, a ameaza constante a perder o posto de traballo e todo o que iso conleva: medo, represión sindical e pobreza e máis pobreza.

Os beneficios son só para unha clase de xente: proprietários, empresários, governantes… Agora que hai crise, ou mellor dito, que algunhas empresas non xeran todo o benefício que están acostumadas a ter, mandan-nos á rua. Ven-nos aos traballadores e traballadoras só como unha mercadoria de usar e tirar, man de obra barata para gañar diñeiro. Baixo estas condicións de violencia estrutural do sistema, que nos obriga a vender-nos por un salário e unhas pésimas condicións de vida, para enriquecer a terceiros, non podemos falar de igualdade, nen de xustiza, nen de paz. Por iso facemos un chamamento para non nos deixar enganar polo falso discurso empresarial. Animamos-vos a organizar-se e loitar, porque ese é o único xeito de non perder o pouco que temos. Só a combatividade fará que reflexionen e teñan que ceder, comprovando a nosa acción e a nosa forza, e sexan conscientes que non poden facer con nós o que lles pete, que non imos calar sen máis.

Durante anos os ricos, os empresários, os banqueiros e os directivos das grandes empresas do estado español restregaron-nos pola face os seus escandalosos benefícios. No entanto os traballadores pasamo-las canutas para chegar a fin de mes. Agora o sistema reservou-nos un novo panorama de incertidume sob os seus despidos coa excusa de que estamos en crise.

Diante esta ameaza a actuación do Governo e os chamados “axentes sociais” é de total cumplicidade coa banca e a empresa privada, destinando miles de millóns das arcas públicas para financiar empresários, especuladores e depredadores financieiros, coa intención (que ninguén o dubide) de lexislar a curto prazo novas reformas laborais e decretazos cos que perderemos os poucos direitos laborais e sociais que nos quedan.

O capitalismo pretende que sexamos os traballadores e as traballadoras os que financiemos a sua crise, e ao mesmo tempo o sindicalismo domesticado quere garantir-lles o noso medo mediante a firma de calquer Expediente de Regulación de Emprego ou reforma do mercado do traballo que lles pete facer.

Os que facemos o mundo somos os que menos disfrutamos de el: en Colombia, os recolectores de café toman-no solúbel porque no poden pagar-se o café en grao, a sua própria produción é demasiado cara para eles. En Asia, o rapaces que fabrican “Nike” nos poden comprar un calzado decente a causa dun salário que non lles dá apenas para comer. En Ocidente, os obreiros da construción teñen que se conformar coas piores vivendas…

Como se pode falar de democrácia, de direitos, de igualdade ! Esas palabras son repetidas hipocritamente polos políticos de turno, nun sistema que vai destruíndo a vida e a natureza, que xera cada vez máis pobreza e miséria, que ofrece o consumo como única alternativa ao traballo. En definitiva, estamos nun sistema feito para que uns poucos disfruten de todo, no entanto millóns de persoas no planeta padece unhas condicións de vida miserábeis,
Exiximos, este 1º de Maio, que cese a sangria de obreiros e obreiras, que se respeiten os nosos direitos, que se manteñan os postos de traballo e, pos suposto, que a crise a pague quen a crea. Exiximos o reparto de traballo e de riqueza. Praticamos unha loita real, sen colaboracionismo de clases.

No entanto, os partidos que se denominan obreiros, non fixeron máis que querer representar aos traballadores para ir contra deles. A ánsia desmedida de poder, fai que unha vez instalados, fan todo tipo de políticas que perxudican á clase traballadora.. e que vamos falar dos sindicatos de estado! Xogaron todos a burocratizar-se, a formar “parlamentos” nas empresas, a apresentar-se ao circo das eleicións sindicais, a obter subvencións, liberados, ou sexa a mermar a loita até facé-la desaparecer, atendendo máis aos intereses empresariais que aos de clase, dividindo para facer fácil o camiño á patronal para nos esmagar ainda máis.

Para loitas contra a crise, os seus responsábeis e as suas consecuéncias. Para loitar contra calquer tipo de inxustiza, é necesário ir á raíz que a produz. Por iso denunciamos as falsas práticas obreiras de partidos e sindicatos vendidos ao poder e ás suas prebendas. Na CNT-AIT apostamos por un sindicalismo de clase, revolucionário, que pratica a acción directa, o apoio mútuo, a horizontalidade, o federalismo, a autoxestión e o internacionalismo. Organizamos-nos, non só para defendermo-nos dos ataques da patronal, senón para transformar a sociedade e consiguir así un mundo realmente livre e igualitário. Porque sen transformación social seguirán-se a producir abusos. Que o paro, non te pare. Anima-te, loita con nós.

Viva o Anarco-sindicalismo!
Viva o 1º de Maio!
Viva a anarquia!

Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Da Ponte » 24 Abr 2009, 12:15

Presentación da CNT en Pontedeume:
O martes 28 de Abril, a CNT organiza un acto de presentación en Pontedeume.
As 20 horas no Centro Municipal de Maiores.

Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Da Ponte » 24 Abr 2009, 12:18

Desde Betanzos saíremos as 11:30 horas en varios coches particulares. Se queres vir, envíanos un correo ou chámanos ao tlf: 657464271.

Haberá autobuses dende Ponteareas pasando por Vigo e Pontevedra vigo@cntgaliza.org, pontevedra@cntgaliza.org
haberá autobus dende compostela compostela@cntgaliza.org

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista - Chamado de Unión Libertaria

Mensaje por perroviejo » 24 Abr 2009, 12:55

Como cada ano a clase traballadora sairá á rúa o primeiro de maio nunha xornada de loita e reivindicación. Nesta ocasión o anarcosindicalismo galego, da man da CNT,ven de convocar unha xornada unitaria na nosa cidade. Unha xornada enmarcada na crise económica que co lema Todos os días 1 de maio será a manifestación da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social e a favor da emancipación das traballadoras e traballadores.
Para Unión Libertaria esta convocatoria é de especial importancia pola grandísima incidencia que a crise do capital está a ter na precariedade e no aumento do paro.
Unha crise que nos fan pagar a traballadoras e traballadores e coa que, de seguro,pretenderán argumentar novos recortes en dereitos e liberdades. Mais tamén é importante para nós porque por primeira vez en moito tempo o anarquismo galegoescolle a nosa cidade para sacar adiante esta xornada de loita do primeiro de maio.
É por isto que, facendo nosa a convocatoria, dende Unión Libertaria realizamos un chamamento aberto á participación neste primeiro de maio do que esperamos un antes e un despois na nosa comarca.

A convocatoria é a seguinte:
Venres, 1 de maio de 2009

Manifestación en Ferrol dos sindicatos da CNT
na Galiza

Saída ás 12:30 horas, do local da CNT en Ferrol
(Avenida de Esteiro, 10)

Mitin ás 14:00 horas, no mesmo local
Imagen

Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Da Ponte » 26 Abr 2009, 13:43

Martes, 28 de abril
Pontedeume, Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores, ás 20:00 horas
Presentación da CNT en Pontedeume

Mércores, 29 de abril
Fene, Salón de Actos da Casa de Cultura, ás 19:30 horas
Presentación da CNT en Fene

Xoves, 30 de abril de 2009
Ferrol, Local do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol (Avenida de Esteiro, 10, baixo), ás 20:00 horas
Conferencia do secretario do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Vigo, Juan Armada


Casi na. Viva la organizacion obrera.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista - Presentación da CNT en Pontedeu

Mensaje por perroviejo » 29 Abr 2009, 12:34

Presentación da CNT en Pontedeume

Coa presencia de máis de 20 persoas, tivo lugar a presentación da CNT en Pontedeume, no día de hoxe, 28 de abril de 2009.

Persoas afiliadas aos sindicatos de Ferrol e Betanzos arrouparon á militancia de Pontedeume neste primeiro acto. Os representantes da CNT de Ferrol, Betanzos e Pontedeume explicaron ao público o carácter da organización anarcosindicalista.

Os oradores distinguiron á CNT do sindicalismo "oficial" e resaltaron
a alternativa representanda polo sindicato anarcosindicalista, para rematar facendo un chamamento á afiliación.

Os actos previos ao 1º de maio continúan cunha presentación da CNT en Fene, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura, o mércores 29 de abril de 2009
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Suso » 29 Abr 2009, 15:00

Poucos de momento, pero haiche unha boa canteira en Pontedeume.
:wink:
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista - Presentación en Fene

Mensaje por perroviejo » 29 Abr 2009, 23:40

O acto de presentación en Fene tivo lugar no día de hoxe, 29 de abril de 2009, nos locais da Casa de Cultura, ás 19:30 horas. Un numeroso grupo de persoas asistiu ás intervencións de tres voceiros do Sindicato de Oficios Varios de Ferrol, sendo dous deles de Fene e outro de Ferrol.

A presentación abordou a alternativa da CNT diante do sindicalismo pactista e os métodos de loita da organización anarcosindicalista. Ao remate das intervencións dos membros da CNT houbo un proveitoso debate entre as persoas asistentes ao acto, no que se reafirmaron os problemas que atinxen á clase traballadora e as solucións que a CNT ofrece diante destes problemas. Para rematar, fíxose un chamamento á participación nas actividades do Sindicato e moi especialmente na manifestación do 1º de maio, que percorrerá as rúas de Ferrol o vindeiro venres, con saída nos locais da CNT, na Avenida de Esteiro.

Antes da celebración do 1º de maio aínda haberá unha conferencia no local da CNT en Ferrol (Avenida de Esteiro, 10), ás 20 horas do día 30 de abril, na que participará o secretario do comite da CNT de Vigo, Juan Armada.

As presentacións da CNT na bisbarra están a servir para consolidar a presencia do sindicato nesta zona e para sentar as bases da creación de novos sindicatos da Confederación.
Imagen

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por eu » 01 May 2009, 08:24

Compostela: Preparando o 1 de Maio
Hoxe véspera do 1 de Maio, un grupo de compañeiros e compañeiras da CNT, deslocamo-nos à "coveira da canalla" ou sexa a sede da Patronal en Compostela, para lembrar-lles que non esquecemos que, eles os patróns son os responsábeis da crise que padecemos e que se son responsábeis que a paguen.

Colocamo-nos diante da sede con unha faixa alusiva co lema "Com o nosso trabalho amassam as suas fortunas" e repartimos o seguinte panfleto:

NON PAGUES A CRISE DO CAPITAL, QUE A PAGUE O CAPITAL

A crise do capital parece avanzar e afectar cada vez máis profundamente aos traballadores: 4 millóns de persoas en paro, (milleiros deles sen perceber nengún tipo de remuneración), incapacidade para facer pago às débedas, merma da nosa capacidade adquisitiva...

Esta crise que padecemos é unha crise capitalista provocada polos capitalistas. Pola avarícia dun sistema que debe estar en permanente crecimento ainda a costa do meio ambiente e das persoas. Pola avarícia dos capitalistas que durante anos se dedicaron a xogar cos cartos arrincados da nosa pel e do noso esforzo, e que agora pretenden que sexamos os traballadores, as vítimas, quen paguemos as consecuéncias.

Así, a actuación da patronal española debe ser denunciada. Despois de anos nos que a produtividade das empresas españolas multiplicou-se várias veces, a costa dunha significativa merma nos direitos laborais e sociais dos traballadores e traballadoras, agora que gañan menos (porén sigan a gañar moito) pretenden precarizar mais as nosas vidas para que eles podan seguir vivindo como “señoritos” sen dar pau.

Asi vemos case a diário os despidos masivos en forma de Expedientes de Regulación de Emprego, aprovadas por un governo covarde e cúmplice da clase explotadora. Vemos ainda como se atreven a exixir baixadas dos salários, sempre coa ameaza do despido masivo e a deslocalización en cima da mesa. Vemos como se atreven a exixir unha reforma laboral que abarate o despido até case fazé-lo gratis (pois libre xa o é). vemos como se atreven a exixir que se reduzan os direitos sociais dos traballadores, como o subsídio por desemprego (que cobran os millóns de novos despedidos) ou a pensión de xubilación (que cobran as persoas que pasaron a vida inteira traballando e fazendo rica à clase empresarial).

A clase operária non pode permitir que esta crise se cargue nos nosos ombros. Nós padecemos e vivimos unha crise permanente. Nós sempre estivemos en crise. En cámbio a clase empresarial acumula benefícios multi-millonários nas épocas de bonanza económica, e pretende seguir a receber benefícios multi-millonários nos tempos de crise e que sexamos os traballadores e as traballadoras cada vez mais pobres.

É este o momento de maior necesidade para a unión da clase operária. Sexa cal sexa a nosa cor ou o país da nosa procedéncia, o noso sexo, o noso ofício, debemos unirnos en combativos sindicatos de clase, independentes do poder (sempre amigo dos empresários), desde os que resistir este novo embate da patronal e impedir que se rebaixen os nosos direitos, que continuen os despidos... mesmo poñer en prática formas de cooperación e auto-xestión económica que nos permitan vivir sen ser explotados e sen explotar a ninguén. Frente a crise capitalista, a única solución pasa pola organización da clase traballadora.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por perroviejo » 03 May 2009, 00:13

Unha fotiño que vin pola rede... :wink:

Imagen
Imagen

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por perroviejo » 03 May 2009, 00:25

E unha pequena toma da saída da manifestación...

[youtube]<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/rapyy-79-FU&hl ... ram><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/rapyy-79-FU&hl=es&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>[/youtube]
Imagen

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: 1º maio anarcosindicalista - Que aprendan a contar

Mensaje por perroviejo » 03 May 2009, 00:46

" Medio centenar de personas respaldaron la convocatoria del sindicato anarquista CNT, que entorno a las 14:00 horas de la tarde, se concentró en la avenida de Esteiro, junto a la iglesia de las Angustias, donde interrumpieron el tráfico durante unos minutos." ( www.soitu.es )

" No sólo los sindicatos con más representación celebraron ayer actos, sino que tanto CNT como USTG conmemoraron la fecha con manifestaciones individuales y reuniones de carácter interno con comidas de confraternidad." ( www.diariodeferrol.com )

" Reaparece la CNT. La tercera movilización de la jornada fue convocada por la CNT, que reunió a medio centenar de personas en su protesta, que discurrió por la avenida de Esteiro y en la que interrupieron durante unos minutos el tráfico rodado. También celebró un mitin en su sede, ubicada en esta misma calle."

(www.lavozdegalicia.com)
Imagen

Orly
Mensajes: 129
Registrado: 24 Jun 2008, 12:11

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Orly » 03 May 2009, 11:37

Bueno habrá que entender que no les hace ninguna gracia que la CNT recupere fuerzas y por eso mienten y manipulan nuestras cifras, por cierto no son los únicos he leído en alguna página nacionalista que no llegábamos al centenar... Ladran luego cabalgamos! El día fué sencillamente delicioso, mucha gente, un tiempo espléndido, muy buen rollo, una organización perfecta, los compañeros de Ferrol se lo curraron de vicio!! Esto marcha compañeros, ¡Viva la CNT!
Nacionalismo es que un imbécil se sienta orgulloso de que un genio haya nacido en la casa de al lado. Perich.

eliseu
Mensajes: 4
Registrado: 11 Abr 2008, 15:17

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por eliseu » 03 May 2009, 17:49

Crónica da manifestación na páxina da CNT galega:

http://www.cntgaliza.org/?q=node/808

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: 1º maio anarcosindicalista

Mensaje por Suso » 04 May 2009, 12:11

En fin... fanse as cronicas copiandose uns a outros.... xa quisera ver eu a eses xornalistas. ¿Como poden decir 50 si movimos dous autobuses desde fora de Ferrol?. Son patéticos.

Pero o importante e as sensacións que nos quedaron... e non creo que haxa alguén que quedara descontento. Desde logo os que estivemos de Betanzos (máis dunha ducia) pareceunos que Ferrol e a comarca nos ten reservado tempos de boas noticias.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Responder