Acto contra a OTAN o sábado 4/04/09 en Vigo

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
lps
Mensajes: 151
Registrado: 27 Abr 2006, 14:06

Acto contra a OTAN o sábado 4/04/09 en Vigo

Mensaje por lps » 26 Mar 2009, 13:47

Imagen
Acto de rúa anti-OTAN, e presentación da campaña de: Obxección Fiscal 2009

Co lema "Plantémoslle cara ás guerras, plantémoslle cara á OTAN" o espazo aberto antimilitar convoca un acto de rúa anti-OTAN co fin de presentar a campaña de Obxección Fiscal 2009.

Este ano a campaña aproveita o 60 aniversario da OTAN para poñer en evidencia as súas actuacións nestes anos.

O acto de rúa será o sábado 4 de abril ás 18.30 no cruce de Colón coa rúa do Príncipe.

“A guerra non se fai para gañala, faise para que sexa continua. O acto esencial da guerra moderna é a destrución dos produtos do traballo. A sociedade xerárquica só é posíbel baseándose na pobreza e na ignorancia. Por principio o esforzo bélico planifícase para manter á sociedade ao borde da inanición. A guerra faina o grupo dirixente contra os seus propios súbditos e o seu obxecto non é a vitoria sobre Eurasia ou Estasia, senón manter intacta a mesma estrutura da sociedade”

Fragmento de “1984”

Co gallo do 60 aniversario da organización militar que leva por nome OTAN queremos manifestar:

Desde a fin da chamada Guerra Fría, dito organismo reinventouse a si mesmo como unha ferramenta para a acción militar da intitulada “comunidade internacional”. Porén, trátase dun medio de natureza exclusivamente militar co obxecto de arbitrar medidas excepcionais en caso de conflito armado. A OTAN foi ideada polos Estados Unidos de Norteamérica para un fin moi concreto –a guerra- e conta con bases militares por todos os continentes, ninguneando o control da ONU e mesmo do dereito internacional, acelerando a militarización da sociedade e incrementando o gasto en armamento dos respectivos gobernos aliados. Aspecto a ser tido moi en conta xa que os países da OTAN representan o 75% dos gastos militares a escala planetaria.

En Europa a OTAN está agravando tensións que se crían superadas, alimentando a carreira armamentística con toda clase de útiles de combate, un enorme arsenal nuclear e unha industria militar en constante evolución. Non é un secreto para ninguén que as políticas da UE están cada vez máis vencelladas ás necesidades da propia OTAN. A potencial expansión da Alianza Atlántica a Europa oriental e incluso alén ou as coñecidas como operacións “fóra de área”, están a facer do mundo un lugar inhóspito. Cada avance da OTAN en materia de coalicións aumenta o risco de guerra, incluído o perigo dunha confrontación nuclear.

Polo que respecta ao Estado español, dende a súa incorporación á OTAN mediante a farsa dunha consulta popular no ano 1986, áchase supeditado aos intereses xeoestratéxicos da Alianza, eludindo calquera tipo de responsabilidade -individual ou colectiva-, ben sexa no despregue de tropas alí onde se precisen: Afganistán, Kosova (da que fuxen agora tardiamente, tan só para trasladar esas tropas a outros destinos como Afganistán), Líbano, Forzas de Resposta da OTAN, ben facilitando recursos loxísticos (espazo aéreo, subministros), ben coa venda de armas a países en conflito (Israel) ou opresores dos seus propios pobos (Marrocos, Arabia Saudí, Colombia, Turquía). Todo isto baixo o pretexto da seguridade internacional e o reforzamento dunha falsa idea de democracia.

Para mellor acadar o noso obxectivo, en tanto que Espazo Aberto Antimilitar, rexeitamos as fórmulas militares á proliferación de crises territoriais, entendendo que estas son parte do problema non parte da solución. Negámonos a vivir baixo o terror permanente da ameaza nuclear e dunha outra carreira de armamento. Temos a obriga de eliminar os gastos militares, empregando tales recursos a satisfacer as necesidades humanas máis básicas. Pularemos por pechar todas as bases e estruturas militares que dan cobertura a intervencións de carácter bélico. Aliás, debemos desmilitarizar as relacións entre pobos para así establecer novas formas de convivenza baseadas na solidariedade e apoio mutuo.

http://nonaogastomilitar.org
Gasto Militar para o 2010: 23.115,03 millóns de euros. O que fai un 12,47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.

Avatar de Usuario
lps
Mensajes: 151
Registrado: 27 Abr 2006, 14:06

Re: Acto contra a OTAN o sábado 4/04/09 en Vigo

Mensaje por lps » 07 Abr 2009, 11:06

Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen
Imagen

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos.

Para chamar a atención da xente, montamos un xogo da Oca Militarista da Historia da OTAN, “de OTAN a OTAN e bombardeo porque me interesa...” O xogamos dúas veces con dúas belixerantes concursantes en cada ocasión, as casillas correspondían a feitos históricos desa organización que daba lugar a gañar ou perder puntos de guerra ou puntos de morte. Para descansar entre xogo e xogo tamén montamos o quebracabezas sobre as equivalencias do gasto en armas respecto a gastos civiles, “1 portaavións corresponde a 50 hospitais ou 500 escolas”, etc.

O acto foi entretido e a xente da rúa parouse bastante a ler sobre os feitos destacados da OTAN e a interesrse polos Gastos Militares no Estado Español.

CRONOLOXÍA DA OTAN

• 1949: Crease a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte).
• 1950: Plan de Defensa Integrada da área do Atlántico Norte, destinando á mesma axuda militar por valor de 900 millóns de dólares.
• 1951: Ingresan Grecia e Turquía.
• 1953: Creación do programa de infraestructuras co fin de proporcionar aos países membros da Alianza aquelas infraestruturas e equipos destinados ao uso común e cuxo financiamento debe ser afrontado con recursos da Alianza.
• 1955: 6 de maio. Ingreso da República Federal Alemana.
• 1955: 16 de decembro. A alianza decide dotarse de armas atómicas.
• 1961: Creación dunha Forza Mobil de Intervención.
• 1966: Francia sae da OTAN.
• 1967: Adopción do concepto estratéxico de "resposta flexible" e creación da Forza Naval Permanente do Atlántico.
• 1969: Operación Gladio: “Masacre da Piazza Fontana” deixa 17 mortos en Italia.
• 1979: “Doble Decisión” supon o despliegue en Europa dos sistemas de misiles de alcance medio.
• 1980: Operación Gladio “Masacre de Bolonia” deixa 85 mortos en Italia.
• 1982: Ingreso do Estado Español.
• 1987: “Opción doble-cero” pola que se eliminan de terra os misís de alcance medio estadounidenses e soviéticos.
• 1990: A OTAN xunto co Pacto de Varsovia acordan reducir tropas en Europa.
• 1994: Aprobase o Programa de Inversions de Seguridade da OTAN.
• 1995: Cen avións participan en Bosnia na maior acción bélica da OTAN.
• 1999: 12 de marzo. Adhesión de Polonia e da República Checa.
• 1999: 5 de abril. Diferentes accions en Iuogoslavia co resultado de varias mortes de civís.
• 1999: 10 de xuño. Fin de bombardeos. A alianza admite deixar máis de 10.000 mortos e feridos.
• 2002: Aprobada unha Forza de Resposta Rápida capaz de intervir en calquer parte do mundo.
• 2004: 29 de marzo. Eslovenia, Eslovaquia, Rumanía, Bulgaria, Estonia, Letonia e Lituania ingresan na OTAN.
• 2005: A OTAN implicase en Iraq mediante o adestramento das tropas iraquíes.
• 2006: 2 de septembro. Comezo da “Operación Medusa” en Afganistán.
• 2006: Preto de 1.000 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
• 2007: Entre 1.010 e 1.297 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
• 2008: 3 de marzo A OTAN respalda o proxecto estadounidense de instalar en Europa do Leste un radar e interceptadores para un escudo de defensa antimisiles balísticos.
• 2008: Preto de 1.000 mortes de civís polas forzas da OTAN e dos EEUU.
• 2009: 60 aniversario da organización militarista.
Gasto Militar para o 2010: 23.115,03 millóns de euros. O que fai un 12,47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.

Responder