Eu próprio vi vários exemplares numa lixeira e collí um. Impagável. Dizer que esta gentalha participou na mani se Galiza Bilingüe da mão dos fachas, por certo pediam voto por UPyD, mas depois fam-se passar por anarco-comunistas????? Estão em contato com, ou são diretamente, a UCE e empregam as formas mais noxentas para captar gente. Por exemplo, usuári@s deste foro como Filho de Prisciliano ou "o partido do dianho" têm escrito e vendido este lixo, mas logo disfarçam-se de anarquistas ou o que for.
No colmo do delírio, a pessoa que pendurou esto no CMI, é umas das que antes colaborava nesta merda (de facto é o próprio Filho de Prisciliano).DINA3: Fascistas polas rúas da Galiza vendendo ideoloxía barata
... , 09.03.2009, (Id: 18913)
Como se de prensa empresarial se tratase, no último número do DINA3 editado por unha sucursal da UCE na Galiza despois de expropar e vender o traballo de moitxs, en relación ao acontecido na resposta popular a Galicia Bilingüe escreben:
“(…) Ese uso organizado de la violencia puxérono en práctica persoas que pretenden reclamarse a sí mesmas, e ás organizacións que integran, como movementos sociais e políticos de esquerdas. Adícanse a reprimir con violencia a máis de 2.000 persoas nas rúas porque non pensan como eles, porque non falan como eles, porque non escriben como eles gostan e queren que sexa. Non só isto senón que absolutamente nengunha organización nin colectivo que se mova nese eido dos chamados “movementos sociais” (¿de esquerdas?) se desmarcou, nin mostrou a súa voz crítica nin autocrítica coa gravidade do sucedido. (…) Quedando en evidencia cales son as súas nefastas capacidades de falseamento (…)”
Nin unha sóa palabra sobre a brutalidade policial e os tratos vexatorixs dxs detidxs. Salvo que “conseguiron [os contramanifestantes] coa súa conducta que todos os cadros procedentes da ideoloxía e o réxime franquista teñan a excusa para saír a berrar ás rúas a palabra liberdade e reclamar liberdade”. Esa liberdade que teñen para cos seus cadelos mallen en nós e que eles non condenan.
Outras das lindeces que se din no artigo interior “Nazifascismo nas rúas” son extremadamente delirantes. Aparte de seguir palabras de orde da UCE como “unidade do pobo e das nacionalidades e rexións de España” (Que se molestan en traducir para cos provincianos podamos entender o discurso confeccionado na metrópole colonial ou no ministerio do interior, quen sabe…)
“Andalucia realidade nacional, Cataluña nación e Euskadi autodeterminación, nin que falar dos independentistas Galegos que reclaman calquera destas denominacións para defender unha posición que non comparten a maioría dos galegos” Claro, como cando Rosa Díez dixo “el 80% de los gallegos son de mi partido y no lo saben” Para esta xente somos unha “raza” de imbéciles.
Sobre Euskadi: “É dende as institucións dende onde se financia o entorno terrorista. Dende elas inocúlase a través do sistema educativo e os medios de comunicación públicos, unha semente etnicista que creo unas xeracións máis novas vascas u odio a España e ao español, fomentando a canteira ideológica da que se ten nutrido todo este tempo o terrorismo e a kale borroka” e engaden sobre a Galiza: “A ninguén se lle escapa que as “Galescolas” son o mesmo, que as mesmas institucións se reproducen dentro das mesmas esferas de poder e traballo, nas institucións, onde os fascistas poden traballar ao amparo dun réxime que os alimenta e protexe, para os seus intereses, mantelo réxime burgués” Vamos, cos rapaces de 4-5 anos xa saben poñer bombas e están filiados ao independentismo en masa.
Rir por non chorar, escreber por non golpear...