Manifestación de Galiza Non Se Vende

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
lps
Mensajes: 151
Registrado: 27 Abr 2006, 14:06

Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por lps » 11 Feb 2009, 14:02

Imagen
http://galizanonsevende.org/WordPress/w ... i-gnsv.jpg
Domingo 15 de febreiro, saída ás 12:00 desde a Alameda
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

http://galizanonsevende.org
Gasto Militar para o 2010: 23.115,03 millóns de euros. O que fai un 12,47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por eu » 16 Feb 2009, 21:03

Unha vez mais, Galiza non se vende!!
Imagen
Transcorreu pola ruas de Compostela unha vez mais a manifestación (ou era demostración ?) de Galiza non se vende. Non sabemos dar unha cifra de participantes, mas a Quintá (ou era Quintana, a que me sonará isto?), estaba chea; botamos de menos (nós non votamos) a alguns políticos, destes que están à marxen do sistema mas non fora, que habitualmente chuchan cámara, espazo ocupado e moi dignamente por un recentemente nado Bloque Socialista Popular, mestura dos tres partidos, con moi boa pinta por todas aquelas cousas que promete (entre elas asfaltar toda a Galiza para acabar cos incéndios, etc ).

As consignas mais repetidas foron Bloque. PSOE, PP, amesma merda é!!, Eu non son Anxo Quintana!!, Galiza non se vende!! E nós acudimos cos compañeiros e compañeiras de Ferrol, a sua faixa “Reganoxo demolizón” e a sua maqueta a escala da planta de gas, coreando algunhas outras consignas como Unión, acción. Autoxestión!!, O povo unido funciona sen partidos!!, O povo organizado funciona sen Estado!!..., vimos aos amigos, tomamos unhas cañas e fomo-nos embora.

Imagen

Imagen

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por perroviejo » 18 Feb 2009, 12:20

Vídeo de Reganosa Demolizón sobre esta mani:
http://reganosademolizon.org/?p=265 :x
Imagen

El Pensador
Mensajes: 12
Registrado: 04 May 2007, 14:19

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por El Pensador » 27 Feb 2009, 12:59

Teño unha dubida, moir ben nn o sei pero moitos dos organismos que colaboraron nesta campaña son do bloque ou non? digoo por exemplo por verdegaia ainda que me podo estar confundindo
Malditas elecciones decimos
si la voz rebelde se domestiko
Malditas elecciones decimos
ellos kieren el gobierno nosotros
NO!!!!

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por perroviejo » 27 Feb 2009, 13:41

:o

Imos ver.

A Rede Galiza Non Se Vende é, como o seu propio nome indica, unha rede de colectivos. Nela non se admiten por principio nen partidos, nen sindicatos... Se tes algunha dúbida sobre á rede vai á súa páxina www.galizanonsevende.org.

Isto non implica que determiñadas persoas e, incluso colectivos, sexan máis ou menos "partidari@s". Na páxina de Galiza Non Se Vende incluso escrebe a miúdo un tal "Erasmo" que parece ser "partidario" de UPyD e asegura que foi a mani de Galicia Bilingüe e tamén á de Galiza Non Se Vende :lol: Hai de todo no mundo e Galiza non é unha excepción.

Verdegaia é unha organización ecoloxista. E eu non lle coñezo ningún lazo co BNGas nen outro partido. A súa páxina é www.verdegaia.org.
Imagen

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por eu » 27 Feb 2009, 16:45

Eu esta vez não concordo para nada, perroviejo. GNSV há muito tempo que deixou de ser algo desvinculado a partidos políticos. Xa há tempo que o bloque se introduciu, vaziou, atemperou, domesticoue finalmente durmiu a rede até finalmente fazé-la sair à rua um dia de apanhar votos. Nenhum pode acreditar no de governe quem governe quando depois quase todo o que participa são grupos controlados pelo BNG ou mesmo outros partidos que já quixeram ser parlamentares. Agás dignas excepções, o sentir lá já não era o governe quem governe. Para além, não poderiam concorrer formações políticas, mas lá estavam diretamente Isca, e não poderiam participar sindicatos, mas o despregue do Sindicato Labrego foi tão notável como nojento.

Ainda assí, se miramos a lista de convocantes da última manifestação vemos que quase todos os coletivos vinculam-se diretamente a partidos políticos: Amarante, Arredemo, Fusquenlla, Cultura si..., ou Verdegaia (ao conto de antes, Verdegaia é uma cissão de Adega criada quando Xan Duro perdeu a possibilidade de chuchar da bilha) são todos satelites do BNG. Não vou perder o tempo em mirar, mas a FPG tambem introduciu aos seus (FSC, RREE...) e mesmo Nos-UP e o PC o conseguirom. Tambem seria interesante analisar porque muitos coletivos de defesa do território abandoaram a rede no último ano.

Avatar de Usuario
lps
Mensajes: 151
Registrado: 27 Abr 2006, 14:06

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por lps » 27 Feb 2009, 19:20

En primeiro lugar dicir que GNSV é algo máis que a mani anual, tenta facerse un traballo en rede de verdade, tanto respecto a problemas que afectan a a toda Galiza, como difundindo e apoiando loitas nos diferentes puntos de Galiza, facendo e compartindo estudos, análises de impactos, recabando cartos para xuizos, etc.

Respecto á mani, tanto ao Bloque como ao PSdeG molestoulles bastante, e ao igual que nas anteriores, o discurso contra os actuais e pasados dirixentes da Xunta foi claro, duro e non houbo connivencia co Bloque.

Ao igual que en anos anteriores acudiron algúns partidos e sindicatos non invitados, nesta ocasión foron Isca e o SLG, pero non eran convocantes, acudiron porque quixeron, no caso de Isca de forma bastante torpe.

A maioría do resto de grupos non están controlados polo Bloque, Verdegaia é moito máis que Xan Duro, desde logo o grupo local de Vigo non ten nengunha relación co Bloque, e certamente dubido que a nivel galego o teñan tampouco, hai que xulgalos pola súa existencia como Verdegaia, non comparto as veces a súa visión, e a súa falta de medo á hora de falar coas institucións, pero cando o fan en nada se parecen a Adega, escoitar as mentiras do Conselleiro de turno non siginfica crelas ou facelo caladas.

A maioría dos Centros Sociais de corte independentista, neste momento non teñen relación con iniciativas partidarias, é certo que a pesar das reticencias e discusións internas ao respecto, non se atopou forma "legal" por dicilo así para evitar a presencia dos Locais Sociais controlados por Nos-UP, pero non é menos certo, que a súa participación e relevancia dentro da rede é mínima.

Logo tamén, As Redes Escarlatas, son próximas á FPG, pero ocorre o mesmo, non hai vínculos orgánicos con ese partido, crer que a RGNSV se sustenta ou depende dese par de cutre infiltrados que todas sabemos que temos e por qué están, é bastante inxusto e irreal.

Do que coñezo de primeira man, dicir que tanto agora como no seu comezo, boa parte do que forma GNSV se apoia na solidez de A Ría Non Se Vende de Vigo, quen queira que critique o que non lle guste do que facemos, pero ningún dos grupos participantes ten relación con partidos.

Hai outras plataformas locais por Galiza das que realmente descoñezo a súa labor cotiá, pode que algunha delas teñan sapos e culebras dentro, do que non sei no vou falar, do que se fai conxuntamente como Rede non hai moita queixa.

Pero o risco de que algunha desas plataformas faga torpezas a nivel local ou baile agarrado co PP, sempre existe pero neses casos pois probas, demostración de que traiciona o sentido da Rede GNSV, e fora con elas...

E de grupos como Arredemo,Amarante etc, tan só dicir que non era unha mani pro-abstención, se hai persoas que queren seguir de forma individual vinculadas ao Bloque/PCE, etc ou votarlle é cousa delas, pero ata o momento na rede manteñen o posicionamento maioritario de crítica, defensa da terra, etc. Pois en principio non hai conflicto.

Algúns dos grupos que marcharon de GNSV foron precisamente porque as súas teses contemporizadoras co sistema non cadraban ben dentro: Adega, Geenpeace, Sociedade Galega de Historia Natural, non hai razón para botaloso de menos.

Os principais grupos impulsores e currantes da rede seguen dentro e moi activos, pero tamén hai vida fora, non todos os grupos de ARNSV participan en GNSV, e grupos como Reganosa Demolizón fan un bo traballo, sen necesidade de facelo contra GNSV.

GNSV nunca foi unha rede moi radical, hai uns mínimos que se seguen a cumplir, se puxesemos o límite de quen vale e quen non tan alto, o mellor sería marchar para casa porque nunca existirían redes, cada unha faría as cousas coas súas fieis e punto.
Gasto Militar para o 2010: 23.115,03 millóns de euros. O que fai un 12,47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Manifestación de Galiza Non Se Vende

Mensaje por perroviejo » 28 Feb 2009, 13:52

Olá de novo, interveño aquí inda que o tema do que estamos a falar tamén se está a debater en galizalibertaria.org
En realidade, este tema de Galiza Non Se Vende está moi relacionado co tema que Eliseo abriu no mencionado portal " sobre a alternativa que os libertarios e libertarias (en sentido amplo, naturalmente), presentamos á cidadanía da Galiza neste momento que nos tocou vivir". Penso que tamén está ligado co que expuxen no fio, a falla de organización actúal no movimento libertario galego.

Son moitos xa os movimentos sociais nos que teño participado dalgún xeito ate o de agora, comecei co de insubmisión meiados os 90. Todo este tempo foi de aprendizaxe e foron moitas as cousas aprendidas. Unha das cousas que teño aprendido é que o movimento libertario, máis que un movemento político é un movimento social e, como tal, debe medir a súa incidencia no eido social. Os aliados naturais do movimento libertario son os movimentos sociais, non os políticos. É cara os movimentos sociais a onde ten que mirar o movimento libertario se quede medrar.

Para isto é preciso artellar unha alternativa global ao sistema que nos permita, por meio da acción directa e da autoxestión, incidir na realidade concreta e no momento actúal dun xeito libertador. Está claro que RGNSV é un movimento social, non político, se as ideas libertarias non teñen máis incidencia dentro da rede é porque nós, @s libertari@s, apenas participamos na rede, sí nas súas convocatorias, máis de xeito bastante puntúal e desorganizado.

Dende o meu ponto de vista, cando as manipulacións politiqueiras ameazan con mudá la dinámica dun movimento social, e mesmo liquidá-lo, @s libertari@s non podemos fuxir e mirar cara outro lado. Se non que temos que aprestarmo-nós para a batalla dialéctica e poñer os nosos argumentos na palestra. Isto aprendí-no coa insubmisión.

Como experiencia cercana, o caso da loita contra reganosa. Comparto a autocrítica que fai Eliseo no artigo " Ou Comité ou cidadán" do boletín " Reganosa Demolizón" que publicamos hai pouco: Basicamente, non somos capaces de incidir para tornar as dinámicas dirixistas e manipuladoras d@s polític@s nos movimentos sociais.

Penso que isto se debe a práctica desaparición dos movimentos sociais nos anos 90, inda que semellan estar nun novo auxe, e pola escasa formación e experiencia das persoas que os integran. Vexo moi boa vontade nalgunha xente que integra estes movimentos, máis tamén vexo que lles falla un referente "alternativo" e crítico que @s alonxe das manipulacións polític@s. Hai un medo xeral a ser tachad@ ou considerad@ "radical", e faise preciso transmitir-lle a xente que as solucións a os nosos problemas inmediatos pasan por unha mudanza radical do sistema global.

Continuarei co tema estes días, agora mesmo non dispoño de moito tempo...

Saúde.
Imagen

Responder