Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por eu » 09 Ene 2009, 11:47

ImagenAnte o novo ataque sionista aos territórios palestinos, ante a masacre continuada do povo palestino por parte do governo e do exército israelí que xa ven durando 50 anos, pola necesidade do povo palestino a existir en paz polos seus próprios meios e pola sua vontade soberana, pola dor d@s masacrad@s continuadamente e pola dignidade e raiba con que enfrentan a defensa das suas vidas, pola solidariedade e simpatia que sentimos pola luita dos povos ante a agresión dos estados, chamamos aos traballador@s de Compostela a participar das convocatórias lanzadas pola plataforma Galiza por Palestina. A primeira delas terá lugar este sábado 10 de Xaneiro às 20:30 na Praza do Toral, e o domingo 18 de Janeiro, con saida desde a Alameda de Compostela às 12:00 terá lugar unha manifestación convocada a nível galego.

Comunicado para a Xornada Nacional de Mobilización por Palestina (10/01/09)


As persoas participantes nesta concentración queren manifestar o seu rexeitamento máis categórico aos ataques cometidos contra o pobo palestino, e a súa solidariedade total e o seu apoio ca causa palestina.

Chamamos ao pobo galego a sumarse á protesta.

No 2006, Israel, os EEUU, a UE e algúns gobernos árabes, especialmente a ditadura exipcia, non respectaron a decisión dun pobo cando estes estados presumen de ser países democráticos, dende entón Israel, aproveitándose da complicidade dos EEUU, mantén un cruel embargo sobre a Faixa con tráxicas consecuencias para a poboación, mentindo descaradamente cando responsabilizan a Hamás do ataque e da ruptura da tregua.

Foi Israel, quen en ningún momento respectou a tregua; asasinando a máis de...700.....palestinos, entre eles mulleres e nenos, bombardeando hospitais, escolas e barrios civís coa escusa de buscar militantes de Hamás, cando é sabido que Israel dispón de satélites de alta tecnoloxía para a identificación de individuais.

Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada unha poboación, a palestina, ocupar territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestruturas; casas; hospitais; centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU.

Queremos denunciar a complicidade do estado español que xunto coa UE, toma parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos. Alén do máis, o goberno do PSOE é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí moitas das armas que está a usar.

Esiximos que:

* Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
* Se deteñan tódolos ataques e bombardeos.
* Abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á Faixa de Gaza puideron pasar.
* A ONU lle outorgue a tódolos representantes palestinos, incluíndo Hamás, a oportunidade de sentarse a mesa do diálogo ao igual que Israel.
* O goberno de ZP rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
* A Xunta de Galiza se pronuncie contra Israel e en favor do pobo palestino.
* Se denuncie a venda de armas.
* Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
* Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.

ALTO AOS ATAQUES EN PALESTINA

SOLIDARIEDADE TOTAL CO POBO PALESTINO

GALIZA CONTRA A AGRESIÓN

akracio
Mensajes: 13
Registrado: 14 Sep 2008, 11:33

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por akracio » 09 Ene 2009, 18:14

Manifestación por Palestina. Paremos o xenocidio. Solidariedade con Palestina



A CGT de Pontevedra convocou a tódolos sindicatos, asociacións e entidades do movemento social a unha xuntanza co obxectivo de facer unha convocatoria unitaria de manifestación en Pontevedra por Palestina.

A xuntanza tivo lugar o día 7 xaneiro no salón de actos do edificio sindical, asistindo todos os sindicatos (CCOO, CIG, CNT e UGT, ademais da convocante CGT) e as asociacións Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras de Pontevedra, Asociación pola defensa da ría (APDR), Briga, Federación de veciños Teucro, Redes Escarlata e Verbo Xido de Terra de Montes.

Na xuntanza acordouse celebrar a manifestación -xa comunicada legal e previamente pola CGT- este sábado, día 10 de xaneiro, ás 20:00 horas. Sairá da Praza da Ferrería e rematará diante da Subdelegación do goberno. Tamén se aprobóu facer un chamamento a toda a cidadanía, grupos políticos e entidades sociais para que apoien e participen na manifestación. Reproducimos o manifesto unitario que serve tanto para a convocatoria como para rematar a manifestación.



MANIFESTO UNITARIO



Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente executado.


As entidades convocantes desta manifestación denunciamos este xenocidio, consentido polos gobernos máis poderosos da comunidade internacional.


Por tal motivo, decidímonos a:


1.- Amosar o noso horror diante da acción de Israel e a nosa solidariedade coas víctimas.


2.- Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos, campos e aldeas.


3.- Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.


4.- Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais) que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por eu » 15 Ene 2009, 20:44

Posição da CNT de Compostela

Non hai solución estatal para Palestina

O chamado conflito palestino non é novo. A actual intervención do exército israeliano na franxa de Gaza ven de moi atrás. O ataque ven a continuación do bloqueo durante o suposto “cesar o fogo”, de consecuéncias terribeis, que destruiu os lares dos habitantes de Gaza, arruinou a infraestrutura civil e provocou un desastre humanitário, pola prática dunha violéncia selvaxe e indiscriminada con centos de mortos por parte do exército israeliano.

Mas non se pode esquecer que o conflito é mais profundo que o simples ataque dun exército a un território limítrofe. Trata-se de algo mais tráxico, trata-se dun enfrentamento polo controlo político e militar dunha zona na que, sexa cal for o resultado deste enfrentamento, o povo palestino non verá melloradas as suas condicións.

O povo palestino sufrirá a opresión do fundamentalismo relixioso sob un réxime xudeu ou árabe. Sufrirá a explotación sob calquer governo, Hamas, Al-Fatah, ou calquer partido sionista que eventualmente puidese dominar a zona, xa que non cuestionan o sistema capitalista nen son mínimamente favorabeis ao exercício de liberdades básicas. Sufrirá a violéncia dos exércitos, toda vez que un estado e outro son beneficiados dunha extensión permanente do conflito armado que lexitime o controlo violento da populazón.

Como anarquistas e internacionalistas que somos, apoiamos todas as luitas organizadas à marxe dos governos, como as dos Comités dos Povos en Cisxordania e Gaza, e apoiamos as luitas d@s israelian@s que rexeitan ir à guerra e luitan contra ela, como @s Anarquistas contra o Muro. Mas non aos grupos que chaman @s palestin@s a seren asasinad@s por un dos exércitos máis avanzados do mundo en función dos seus intereses políticos.

Así, a solución para o povo palestino pasa pola posta en marcha de propostas comunitárias e anti-estatais. Pasa por negar e eliminar o controlo e a participación do Estado nas suas vidas. Pasa por impulsar práticas comunitárias, nas que se elimine a propriedade privada e as relacións se asenten na igualdade e no livre pacto entre o conxunto da sociedade. Pasa por impulsar relacións pacíficas e de colaboración cos povos viciños, à marxe de estados, étnias e relixións. Pasa, en definitiva, por poñer en prática a auto-xestión integral das suas vidas, a emancipación dos poderes militares, políticos e relixiosos. Unha solución que, por ser difícil, non deixa de ser correcta. Calquer solución que supoña ciclos de conflito sen fin, non é unha solución.

Para alén, é nosa obriga non só mostrar a nosa solidariedade máis profunda co sofrimento do povo palestino e a dignidade da sua luita. Tambén debemos identificar aos cúmplices deste sofrimento, que no Estado Español operan desde as cámaras parlamentares.

Partidos que abertamente defenden o direito ao xenocídio por parte de Israel. Partidos que buscan hipocritamente amparo en resolucións internacionais e que fornecen de armas ao exército israeliano de maneira crescente ataque após ataque. Partidos que na sua actuación parlamentar aproban os orzamentos militares do Estado e os informes sobre o controlo de comércio exterior de material de defensa e de uso duplo, nos que se decide a venda de armas a Israel para ataques xenocidas como o presente, e logo nun exercício burlesco de hipocresia saen à rua a condenar un xenocídio do que son parte culpábel.

Partidos todos eles, no Estado Español, no Estado Israeliano, no Estado Palestino, que provocan a militarización permanente do mundo, a extensión de conflitos bélicos que sempre padece o povo (estima-se que o 90% de mortos nas guerras actuais son civís), que fan do terror o cotidiano para millóns de persoas.

Condenamos a existéncia de todos os estados e con todas as letras chamamo-los polo seu nome: SON TERRORISTAS E SON ASASINOS, e afirmamos que non hai solución que non pase pola liberación integral de todos os povos e todas as persoas do mundo. Que non pase por unha mudanza social sob os princípios do comunismo libertário

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por eu » 18 Ene 2009, 22:15

15000 persoas saen à rua contra o xenocídio palestino

Por volta de 15000 persoas manifestaron-se no dia de hoxe polas ruas de Compostela en repulsa do xenocídio que o Estado de Israel está a levar a cabo en Gaza baixo a forma de ataque militar indiscriminado contra a populazón civil palestina.

A convocatória lanzada por todo de tipo de organizacións sociais da Galiza foi respondida cunha ampla presenza por parte de persoas vindas de todas partes da Galiza, que exixiron o fin do ataque, reclamaron a responsabilidade dos estados occidentais na masacre, o papel pasivo da ONU ante o xenocídio e mostraron de maneira clara e contundente a solidariedade coa luita e resisténcia do povo palestino.

A CNT foi unha das organizacións convocantes, e un numeroso bloco de anarcosindicalistas tomaron a rua sob o lema "Contra o terrorismo de todos os estados, revolución social", coreando consignas contra o papel terrorista que xogan os exércitos no mundo coa misión de asentar o domínio político e do capital, poñéndo o acento na necesidade dunha solución revolucionária desde a base do comunismo libertário a este tipo de conflitos, e desenmascarando o papel cúmplice dos partidos politicos do Estado Español que desde as suas poltronas promoven, permiten ou lexitiman a masacre continuada de povos como o Palestino, porén algúns deles intenten ocultar a sua responsabilidade e manifesten a sua falta de dignidade e mínima humanidade, saindo à rua arañar votos de cara à vindeira farsa eleitoral.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por perroviejo » 22 Ene 2009, 23:25

Vídeo da mani, de Unión Libertaria: http://blip.tv/file/1690771/
Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por Suso » 23 Ene 2009, 13:04

Saude Compas.


Perroviejo. Unha pregunta ¿Este tipo de videos podense copiar/pegar de xeito semellante aos de Youtube? Algún deles non estaría mal poñelo nos blogs. Estou pensando loxicamente no noso.

Veña. Unha aperta a perroviejo e a todos os libertarios de Union Libertaria e aos da CNT que iniciaron este tema.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por perroviejo » 23 Ene 2009, 13:22

Non teño idea Suso. Preguntarei-lle ao compañeiro "técnico" a ver.
Imagen

Avatar de Usuario
regue
Mensajes: 2069
Registrado: 30 Mar 2005, 01:33
Contactar:

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por regue » 23 Ene 2009, 19:00

Suso escribió:Saude Compas.


Perroviejo. Unha pregunta ¿Este tipo de videos podense copiar/pegar de xeito semellante aos de Youtube? Algún deles non estaría mal poñelo nos blogs. Estou pensando loxicamente no noso.

Veña. Unha aperta a perroviejo e a todos os libertarios de Union Libertaria e aos da CNT que iniciaron este tema.
Se nom me equivoco se colas isto no blog:


Galiza con Palestina

Código: Seleccionar todo

<embed src="http://blip.tv/play/AefcfgA" type="application/x-shockwave-flash" width="640" height="458" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed>
ja o tés!

Saúde aos dois, dende a diaspora ;)

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por Suso » 26 Ene 2009, 10:10

Gracias regue.

¿Como sacaches o codigo?
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
regue
Mensajes: 2069
Registrado: 30 Mar 2005, 01:33
Contactar:

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por regue » 26 Ene 2009, 11:42

Suso escribió:Gracias regue.

¿Como sacaches o codigo?
Pois no botom laranja que pon Share, daslhe nas flechinhas e aparece un menú, seleccionas Embed e daslhe a go!. Abaixo de estas opcions apareceche um quadrinho com o codigo!

Abur!

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por Suso » 26 Ene 2009, 21:17

Pois xa o temos colgado.

Gracias novamente e como debes andar polas Canarias ou cando menos entras neses fíos. Coidate das "papas arrugadas con mojo picón" que son viciosas :wink:
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

Re: Mobilizacións por Palestina [Compostela]

Mensaje por Da Ponte » 27 Ene 2009, 12:14

Despois da manifestación unitaria celebrada en Pontevedra o mércores 14 de xaneiro (PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA), en xuntanza de 22 de xaneiro coa asistencia de Briga, CCOO, CGT, CNT, Galiza por Palestina, Nós-UP (e o apoio da APDR, PCPG, PCPE, Verboxido) acórdase retomar o traballo da Coordinadora de Pontevedra contra a Guerra convocando os seguintes actos:



· Xoves 29 de xaneiro: Charla con Mohamed Safa, 20, 30h no salón de actos do edificio dos sindicatos, na rúa Pasanteria nº1. Médico e activista palestino residente en Galiza. Autor do libro "Palestina, tierra de luz y sombra".

· Xoves 5 de fevereiro: Recital poético. Voces por Palestina. 20:30 na Praza da peregrina (se chove nos Arcos da Casa da Luz): onde os asistentes podan participar na lectura de poemas breves.

· Xoves 12 de fevereiro: Proxección do documental 101 OCUPATION: A voz dos silenciados. 20,30 na Sala Sargadelos. Documental sobre o conflito palestino-israelí dirixida por Sufyan Omeish e Abdallah Omeish que inclúe 101 entrevistas coa maioría dos estudiosos de América e de Israel, os líderes relixiosos, os traballadores humanitarios, as ONG e a crítica das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e a Franxa de Gaza

A próxima xuntanza (aberta aos grupos que queiran participar nesta liña unitaria) seria o Xoves 29 de xaneiro, às 19:30 no salón de actos do edificio dos sindicatos na Rúa Pasanteria nº 1 de Pontevedra.
Un saúdo.

Responder