Garda Civil denúncia a doce persoas por unha concentración

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Garda Civil denúncia a doce persoas por unha concentración

Mensaje por perroviejo » 16 Dic 2008, 10:46

Tirado de galiza.indymedia.org

A Garda Civil de Arteixo denuncia por delitos de detención ilegal e de atentado contra a liberdade de culto, ante o xulgado de instrucción no7 de A Coruña, á Comisión de denuncia de Galiza, colectivo adicado a denunciar pública e xurídicamente os abusos cometidos polas forzas de seguridade do Estado.

O motivo: Unha concentración pacífica, convocada pola mesma, acontecida o pasado 12 de outubro, día da benemérita, ante a igrexa parroquial de Arteixo (A Coruña), para denuncia-la morte de Diego Viña, rapaz de 22 anos falecido en setembro de 2004, no cuartel da Guardia Civil de Arteixo.

O suposto suicidio por aforcamento enmárcase nun conxunto de circunstancias máis que escuras e escabrosas e nun cúmulo de irregularidades, que deron como resultado a interposición de tres denuncias tramitadas conxuntamente pola nai de Diego e a Comisión de Denuncia: por delito de detención ilegal, por homicidio por imprudencia grave e profesional e por un delito de encubrimento.

O 21 de setembro de 2004, Diego é denunciado polo seu pai Carlos Viña, ex garda civil, por supostos malos tratos no ámbito familiar, mais o parte médico que este achega ao tramitar a denuncia demostra que “non se obxectivan lesións”. De feito chegará a retractarse de dita acusación. En segundo lugar, a mesma noite da detención, Carlos Viña dará positivo nun control de alcolemia.

Por todo isto, a nai de Diego xunto coa Comisión de Denuncia tramitarán unha denuncia por detención ilegal.
Por outra banda, a neglixencia da garda civil continuará ao negarse a administrar a Diego o seu tratamento médico e ao non proceder ó seu traslado a un centro sanitario, ao sufrir este unha crise nerviosa.

A incompetencia policial foi máis alá ao desconectar as cámaras de videovixianza dos calabozos nos que Diego se atopaba. Por isto son, así mesmo, denunciados por un delito de homicidio por imprudencia grave e profesional.
Para máis inri, o principal indicio do suicidio, o pantalón co que se aforcou, desaparece ao tira-lo, tal e como manifestou un dos axentes involucrados “á basura”, polo que é denunciado por un delito de encubrimento.

Paradóxicamente, estes son os mesmos gardas civís que acusan a 12 das persoas reunidas este outubro ante a igrexa parroquial de Arteixo dos delitos mencionadosanteriormente.

Nin todas as 12 persoas denunciadas eran da Comisión de Denuncia, xa que entre elasse atopaban, curiosamente, a nai e irmá de Diego e mailo avogado da familia, nin todasestas 12 persoas estaban alí. De feito, en ningún momento se procedeu a súa identificación por parte de ningún corpo de seguridade do estado.

O seu único “delito” foi portar unhas pancartas que esixían o esclarecemento das causas da morte de Diego, un cadaleito de cartón e camisetas coa cara do falecido, “delitos” polos que están expostos a unhas penas de máis de 3 anos de prisión.

O vindeiro mércores 17 as 10,30 declararán os membros da Comision de Denuncia ante o xulgado de instrución no 7 de A Coruña. Por tal motivo realizarase unha concentración ante a sede dos novos xulgados na rúa Monforte da cidade.

+ info: http://denuncia.info
Teléfono de contacto: 695.901.787
Imagen

Responder