MANIFESTACION Vigo contra as 65 horas

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Leporello
Mensajes: 141
Registrado: 17 Feb 2005, 16:35

MANIFESTACION Vigo contra as 65 horas

Mensaje por Leporello » 12 Dic 2008, 02:14

O vindeiro sábado, día 13 de nadal, tés unha cita coa CNT en Vigo.
Temos convocada unha manifestación para denunciar que a semán seguinte o Parlamento da UE poderá aprobar unha Directiva que permitirá que, por medio do contrato de traballo, pódase acadar unha xornada laboral de 65 horas semanais nos países membros da UE.

A manifestación partirá ás 19:00 horas desde o Museo de Arte Contemporáneo (MARCO), sito na rúa Príncipe con Ronda de Don Bosco, transcurrindo pola rúas do centro de Vigo: Ronda de Don Bosco, Cachamuiñas, Falperra, Paseo de Alfonso, Elduayen e Porta do Sol, rematando na Praza da Princesa, onde se dará un mitin a cargo dos secretarios xerais da CNT de Vigo e da Rexional Galaica.

A CNT foi a primeira organización sindical do mundo que acadou a xornada de 8 horas diarias por lei. Nós non imos a asumir gratuitamente a situación de esfarelamento do movemento obreiro. Este atrevemento dos políticos, patróns e funcionarios sindicais, merece unha resposta.

Non o dubides. Esta non é unha manifestación para delegados, é unha manifestación para traballadores coma tí.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: MANIFESTACION Vigo contra as 65 horas

Mensaje por eu » 15 Dic 2008, 11:29

A pesar da chuvia e de ser ignorados por prensa burguesa e "prensa contrainformativa"

Cronica non oficial dunha asistente.
100 traballador@s reunironse en Vigo contra a directiva europea que sera votada o dia 16 nese superestado sen control que e a union europea.
Convocad@s pola CNT percorreron as ruas da cidade informando e protestando contra a europa do capital e eses malchamados sindicatos que estan calados coma petos nos seus sillóns.

A manifestacion rematou con un mitin, no que o secretario do sindicato de Vigo e o do comite da galaica falaron do proceso que levou a votacion da directiva das 65 horas e dos procesos que levaron a perder, nestes ultimos 100 anos, todalas conquistas da clase obreira.
Falouse moito de Unidade fronte a explotacion, repetindo o tantas veces repetido:

UNIóN,ACCIóN, AUTOXESTIóN

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5254
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: MANIFESTACION Vigo contra as 65 horas

Mensaje por Suso » 15 Dic 2008, 15:23

Sentimos non ter aparecido (refirome aos de Betanzos). Tiñamos pensado ir pero ao final, entre o tempo e outras circunstancias, fixeron que quedaramos.
Aínda así, o día anterior fixemos pegada de carteis das 65 horas.

Aupa esa CNT de Vigo.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: MANIFESTACION Vigo contra as 65 horas

Mensaje por eu » 16 Dic 2008, 20:02

De CNT-Galiza

sta semana o Parlamento da Unión Europea de Bruxelas poderá aprobar unha normativa que permitiría legalizar a actual situación de traballo precario de moitas de nós. Así, sería legal traballar até 65 horas semanais, se a patronal e a traballadora así o acordan.

Malia as condicións atmosféricas e mediáticas desfavorables, un cento de traballador@s decidiu non quedar na casa mirando o tele-vexo tranquilamente, e decidiu apoiar a convocatoria da CNT á manifestación contra a devandita normativa. Partiuse ás 7 da tarde desde o MARCO de Vigo, percorrendo a ronda de Don Bosco, Cachamuíñas, Falperra, paseo de Afonso, Elduayen e a Porta do Sol, rematando na praza da Princesa, onde os secretarios xerais do sindicato de Vigo e da Confederación Rexional Galaica deron un enfervorizado e apaixoado mitin.

Os "UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN" ou "NIN 60 NIN 40, 30 HORAS", berros xa coñecidos da anarcosindical (isto é, a CNT, non outros que pretenden tal nome), uníronse consignas tamén de viva actualidade e críticas persoais a aqueles responsables en boa parte da situación laboral actual. "MÉNDEZ E FIDALGO, PICO E PALA" non é unha expresión gratuíta. Os sindicatos amarelos permanecen calados coma putas ante a barbarie atroz cometida a diario contra a clase obreira. Subvencións e pactos sociais? Non no meu nome!
Imagen

Responder