Acción no consulado grego de A Corunha

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Acción no consulado grego de A Corunha

Mensaje por perroviejo » 11 Dic 2008, 17:15

Tirado de http://www.klinamen.org/article5466.html

" O pasado día 9 unha vintena de activistas sociais levaron a cabo unha protesta fronte ao consulado grego de A Corunha coa fin de denunciar os feitos acontecidos o pasado sábado en Atenas, sucesos nos que un xoven ácrata de 16 anos perdeu a vida a mans dun policia grego, ao recibir un disparo de fogo real.

As 17:00h vinte activistas concentrábanse diante do consulado (rua caballeros nº3), para comezar a acción, que se acendeu coa suba até o andar onde se atopa o consulado para amosar o seu rexeitamento a crimes coma o do asasinato do xoven grego. O reparto de panfletos repetiuse tanto dentro coma fora do edificio, onde se desplegaron as faixas preparadas para o momento.
Posteriormente un pequno grupo de persoas pendurarían unha faixa desde a ponte de Alfonso Molina, aproveitando unha bengala para queimar unha bandeira grega.

Pouco despois cortaron o tráfico á saida de Alfonso Molina cara Catro Caminhos coa fin de deter a circulación durante 10 minutos. Axinha chegaron patrulhas de policia e da UIP que obrigarian aos activistas a abandonar a estrada coa fin de identificalos, mentres chegaban outras duas carrinhas da unidade antidistrubios sumándose a un desproporcionado dispositivo policial.

En medio de todo o proceso de identificación un dos companheiros que ali se atopaban foi conducido até a comisaria para ser identificado, despois de que un dos axentes recriminase a súa actitude ao tirar fotos naquel lugar. En depencias policias posaou ao redor de meia hora, minutos que os axentes aproveitaron para borrar todas as imaxes da cámera nas que se puidese ver a algún efectivo policial. Até o lugar achegouse un pequeno grupo de activistas que agardaron até a saida do companheiro. Mentres o resto do grupo foron identificados novamente no Campo da Lenha ao interceptalos outros tres coches da policía espanhola".
Imagen

Responder