Lucio Urtubia Xira Galega

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Responder
Leporello
Mensajes: 141
Registrado: 17 Feb 2005, 16:35

Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Leporello » 18 Nov 2008, 17:43

Lucio Urtubia: Albanel, Anarquista

http://www.lucio.com.es/
http://es.wikipedia.org/wiki/Lucio_Urtubia

Martes Compostela Local do Sindicato CNT
19:30

Mercores Coruña L.S.O. Casa das Atochas
20:30

Xoves Pontevedra Edificio dos Sindicatos
20:30 (Pasanteria 1)

Venres Ferrol Espazo Libertario
20:00 (Av. de Esteiro 10 Baixo)


Se existe unha vida que merece ser contada e a dos anarquistas, se existe
un anarquista cunha vida exemplar e Lucio Urtubia.

Albanel,expropiador, cazador de nazis, antifranquista, maquis... Loitador
e traballador.
Nunca unha vida significou todo o seculo XX, parada obrigada para calquera
que queira ser mellor persoa, quen quera entender o que significa o
anarquismo e a loita social do seculo XX.

Lucio Urtubia naceu en Cascante nunha familia moi pobre de 5 irmáns, dentro da Navarra carlista. O seu pai entrou no cárcere por carlista e saíu convertido en comunista. Con 19 anos Lucio oíu da súa boca por vez primeira vez a palabra que marcaría a súa vida: "Si pudiera volver a empezar, sería anarquista".

Reclutado para o servizo militar, axiña descubríu a facilidade para realizar contrabando na fronteira hispano-francesa. Máis tarde, con outros compañeiros do servizo, desvalixou un almacén da compañía onde prestaba o servizo militar. Ó ser descuberto, desertou e fuxiu a Francia en 1954, xa que os delictos cometidos podían levar aparellada a pena de morte.

En París comezou a traballar de albanel, oficio que o acompañou toda a súa vida. Comezou a relacionarse coas Mocidades Libertarias da Fédération Anarchiste, radicada en Paris, en principio para aprender o idioma, pero máis tarde plenamente convencido polas relacións que alí iniciou, que incluían entre outros a André Breton e a Albert Camus.

Ó pouco tempo de vivir en París pedíuselle que escondese a un membro do maquis antifranquista na súa casa. O refuxiado resultou ser o mítico Quico Sabaté, co que compartiu casa durante varios anos, ata a morte deste:

Para Lucio, Quico era su dios, su maestro del anarquismo —Bernard Thomas

Sabaté facilitoulle enderezos de familias e libertarios exiliados en Toulouse, Perpignan, París e de membros que seguían en activo da antiga CNT española en Barcelona, Zaragoza, Madrid e Pamplona. Lucio, ante a detención e encarceramento de Quico, empezou a emulalo realizando incursións en territorio español; posteriormente emprendeu unha serie de roubos e atracos por Europa, para conseguir fondos para a causa revolucionaria, acompañado pola súa inseparable ametralladora Thompson, herdada de Sabaté á morte deste.
Máis tarde abandonaría estas actividades "por miedo a hacerle daño a los empleados de los bancos".

Xa anteriormente comezara a súa actividade de falsificador, de maneira que non había guerrilleiro ou exiliado político que non tivese documentos falsos saídos da man de Lucio. Uniuse con outros compañeiros libertarios nos anos 60 para falsificar moeda, coa que financiaban a numerosos grupos por todo el mundo, á vez que procuraban desestabilizar as economías capitalistas. Subseguintemente con estas actividades, en plena invasión da Bahía de Cochinos, propuxo á embaixadora de Cuba en Francia, Rosa Simeón, destruir con explosivos intereses estadounidenses en Francia, ó que esta se negou. Porén, resultou tentada coa proposta que lle fixo de falsificación masiva de dólares americanos, dos que lle levaba unha mostra. Foi entón cando a embaixadora mediou para presentarlle ó Che Guevara en 1962, ó que lle presentou o seu plan de falsificación a gran escala de dólares, sendo rexeitado por el mesmo, á sazón Ministro de Interior da Revolución Cubana. Saíu Lucio desencantado da reunión, o Che dixéralle que os EE.UU. seguirían sendo ricos malia todo, decatándose de que o revolucionario arxentino empezaba a estar cansado do rumbo que tomaba a política na illa.

O seu golpe mestre e que lle cambiou a vida foi a falsificación de cheques do City Bank, dos que realizou 8.000 follas de 25 cheques de 100 dólares cada un, co que estivo a piques de facer quebrar o banco, que sofriu unha importante caída na súa cotización en bolsa. Este diñeiro foi empregado, como sempre, na axuda de movementos guerrilleiros en Latinoamérica (Tupamaros, Montoneros, etc.), á vez que conseguía axeonllar ó banco. Malia a espectacularidade da falsificación, só foi condenado a 6 meses de cárcere, mercede á axuda que lle prestaron case tódolos avogados progresistas de Francia, e a un acordo extraxudicial co City Bank, que foi forzado a retirar os cargos a cambio das planchas de gravación.

A súa vida foi unha continua aventura: cinco ordes internacionais de búsqueda, incluída a CIA; preparou o secuestro do nazi Klaus Barbie en Bolivia, colaborou na fuga do líder dos Panteiras Negras, intercedeu no secuestro de Javier Rupérez, mediou no caso de Albert Boadella, simpatizou cos Grupos Autónomos de Combate-Movimiento Ibérico de Liberación e cos posteriores Grupos de Acción Revolucionaria Internacionalista (GARI), sobre todo cun dos seus membros franceses, Jean-Marc Rouillan...

Sempre defendeu o traballo. "somos albañiles, pintores, electricistas, no necesitamos el estado para nada"; "si el paro y la marginación crearan revolucionarios, los gobiernos habrían acabado ya con el paro y la marginación".

Rousa
Mensajes: 27
Registrado: 21 May 2008, 11:53

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Rousa » 19 Nov 2008, 22:10

O dia 18 N em Compostela, local petado até a bandeira (da CNT claro !), com um público absolutamente entregado a escuitar a palavra do mestre, do alvanel Lúcio.

Recolheramo-lo ao meio dia no aeroporto, e fomos almorçar um grupo numeroso de companheiros e companheiras que tinham muito interesse de estarem com ele. Depois quis ver a catedral, cousa curiosa para um ateu, e maravilhou-se do trabalho realizado por alvaneis como ele mas de outros séculos, comentando-nos que a utopia é possíbel quando fomos capazes de levantar semelhante obra.

Mais tarde deslocamo-nos ao local da CNT, onde já tinhamos pessoas à espera na porta e o sindicato foi-se ateigando de gente, de tal jeito que tivemo-los que meter com calçador, pois eramos ao redor de sesenta e tal pessoas, imaginade !.

Projectamos primeiro o documentário com grande sucesso e logo um companheiro da CNT, apresentou a Lúcio e acompanhou-no na mesa.

As perguntas foram múltiples e variadas, pois o personagem merece-o, quer pela sua vida de aventura, quer pela sua entrega à causa revolucionária da emancipação da clase operária mundial, pois ele não se arredou nunca de nenhuma causa que merecera a sua solidariedade.

Nas respostas do companheiro Lúcio, comprovamos a sua identificação com a CNT e o movimento libertário. Fixo críticas a “presunta “ revolução cubana, ao desaparição de Camilo Cienfuegos e à morte do Che, porém não concordara com este último, falou da capacidade de engano de Fidel e das relações da família com o ditador Batista, o que lhe permitiu librar-se da condena. Explicou-nos os diversos trabalhos de fontanaria com os dólares, e o que fixo com eles, falou-nos de diversos companheiros que passaram pela sua vida e finalmente padiu-lhe às pessoas que lã estávamos a aficiação à CNT, pois o Lúcio não acredita em nenhuma revolução sem organização, porém ele nunca estiver integrado no sindicato.

Enfim transmitiu tal entusiasmo aos nossos corações anarquistas que ficamos engaiolados para sempre com o companheiro Lúcio. Foi tal o pulo que nos dou que tivemos diversas adesões ao sindicato no próprio acto.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por eu » 24 Nov 2008, 19:45

de cnt-betanzos

Falamos con Lucio Urtubia que estivo esta semana en varias localidades galegas presentandonos o libro e a pelicula que recolle a súa vida. Hai quen pensa que estos tipos son xente altiva e engreída. Lucio é todo o contrario. Parece que estas a falar cun paisano, cun veciño e cando daste conta, acabas de escoitar unha vida chea de paixóns e Ideáis.

- Saude Compañeiro, somos da CNT de Betanzos, unha vila pequena.
- Ah Betanzos. Que vai ser pequena.
- Pra o ano quedas invitado.
- Gracias. Estarei encantado.
- ¿Que tal foi a xira por Galicia?
-Estou encantado. Onte na Coruña foi impresionante. E os dias anteriores en Pontevedra e Santiago. Moita xente nova. Eu creo que son tempos para as nosas Ideas.
- ¿De verdade o pensas?
-Sí. Sí. Quen ía decir hai algúns anos que estariamos medrando tanto. E agora teño que ir ao Pais Vasco onde cada vez hai máis anarquistas, e na miña terra, Navarra, tan catolica, igual.
- Vai a empezar o acto. Ves aquí no local da CNT de Ferrol tamén vas ter moito auditorio.
- Da gusto ver un local así. Pra que logo digan que non sabemos. Mira ti canto traballo hai aquí.
- Eu sempre digo que o traballo e a propaganda foron e serán as nosas armas.
- Pero tes que estar cansado con tanto viaxe. (Ven de estar un mes en America Latina)
- Teño 77 anos. Estou vivo porque ademáis de comer e durmir, que eso o fai calquera, teño Ideais. Sen iso non se pode vivir.
-Gracias Lucio.

Imos empezar, a xente non cabe e queda de pé ou sentada no chan.

Imagen

E que tal nas palestras de Corunha, Ponte-Vedra e Ferrol? Não se comenta nada!!!!!1

askatasunbila
Mensajes: 15
Registrado: 04 Nov 2008, 19:24

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por askatasunbila » 24 Nov 2008, 21:27

Hola

alguien podria decirme si Lucio Urtubia ba a hacer alguna presentacion en Euskal Herria?

:roll: lo siento no he entendido el idioma, si alguien podria ponerlo en euskara o castellano :roll:

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por eu » 24 Nov 2008, 21:51

askatasunbila escribió:alguien podria decirme si Lucio Urtubia ba a hacer alguna presentacion en Euskal Herria?
Según comentó él mismo, dentro de unos días, creo, cuando Txalaparta edite el libro (una especie de autobiografía) algo va a hacer por allá.

Avatar de Usuario
Farru
Mensajes: 260
Registrado: 28 Jun 2008, 02:37

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Farru » 24 Nov 2008, 23:04

De verdad thas molestao en leerlo, Askatasunbila?;lo digo porque quitando alguna
palabra, creo que es comprensible para cualquiera que entienda castellano.

Por otra parte,¿no te parece incongruente, pedirlo en Euskara?,si tambien en castella.
Pero en todo caso, si aludes a que tu no lo entiendes en gallego,¿crees que el euskara lo va ha entender mas gente, o ati te interes entenderlo tu y punto? :oops:

Lo digo porque puedes pedirslo por privao, sin señalar la "paja en ojo ajeno" y obviar la viga en el propio; sin acritud. :cry:

SALUD.
"el@ Anarko lucha por el bien de tod@s, por una sociedad de hermanos entre hermanos,gente sana,educada y
alegre.Por eso,el que se adapta y obtiene ganancias de la labor de esclav*s,no es,ni puede ser @narkista";

Avatar de Usuario
regue
Mensajes: 2069
Registrado: 30 Mar 2005, 01:33
Contactar:

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por regue » 25 Nov 2008, 10:01

Farru escribió:De verdad thas molestao en leerlo, Askatasunbila?;lo digo porque quitando alguna
palabra, creo que es comprensible para cualquiera que entienda castellano.

Por otra parte,¿no te parece incongruente, pedirlo en Euskara?,si tambien en castella.
Pero en todo caso, si aludes a que tu no lo entiendes en gallego,¿crees que el euskara lo va ha entender mas gente, o ati te interes entenderlo tu y punto? :oops:

Lo digo porque puedes pedirslo por privao, sin señalar la "paja en ojo ajeno" y obviar la viga en el propio; sin acritud. :cry:

SALUD.

En este página, de siempre se piden traducciones, sin ningún complejo. Si la persona entiende esas dos lenguas, preguntas por las dos. No hay más. No queramos sacar más puntilla de la que hay.

Abur.

Avatar de Usuario
perroviejo
Mensajes: 485
Registrado: 10 Mar 2008, 15:05

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por perroviejo » 25 Nov 2008, 11:38

A falta dunha valoración formal das VII Xornadas Libertarias por parte de Unión Libertaria, e para respostar a "eu" dizer que a palestra de Lucio en Ferrol foi un éxito rotundo, o Espazo Libertario cheo a rebosar (unhas 60 persoas). Lucio falou arredor de dúas horas da súa experiencia e traxectoria militante ante a mirada atenta de todo o persoal. Fixo especial fincapé na necesidade de traballar para acadar un mundo millor. Dende logo a súa presencia en Ferrol foi un revulsivo cargado de optimismo para tod@s nós.

O resto das xornadas: moi positivas, boa afluencia de xente en tódolos actos e palestras moi interesantes. A maioría relacionadas coa memoria ( Iñiguez, Carmen blanco, Lucio...). A homenaxe do 20-n no paredón de Canido bastante concurrida, puxemos unha faixa, flores e sacamos varias fotos de "familia". Da palestra sobre " Crise, autoxestión e iniciativas sociais" está o audio dispoñible na páxina de Radio Filispim ( http://filispina.blip.tv/file/1484467 ).

Eu calculo que arredor de 120/130 persoas teñen pasado polo local nos diferentes actos destas xornadas, que se desenvolveron baixo a atenta mirada dos "habituais" da brigada xudicial.
Imagen

Leporello
Mensajes: 141
Registrado: 17 Feb 2005, 16:35

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Leporello » 25 Nov 2008, 11:41

Segun nos dijo presenta un nuevo libro el dia 4 en Mondragon con la editorial txalaparta.
Los beneficios del libro iran para los presos, por lo que esperaba que hubiera bastante revuelo en la prensa.
Nos dijo que aunque no era nacionalista ni tenia nada que ver con esas ideas, su sentimiento hacia los presos y su problematica: la dispersion, sus familias, la situacion en las carceles etc. son muy importantes para el.

Saude

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por eu » 25 Nov 2008, 13:46

Não aguardava menos do que ver a Perro e Leporello cá!

Leporello, que tal a palestra por Ponte-Vedra? Pergunta com má hostia: que tal uma palestra ao lado da CGT? Em Compos comentou-nos qual era a sua opinião sobre este engendro.

askatasunbila
Mensajes: 15
Registrado: 04 Nov 2008, 19:24

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por askatasunbila » 25 Nov 2008, 15:57

gracias a los que me habeis respondido :wink:

A la critica de Farru...
Quizas se ha verdad que esforzandome un poquito lo podia haber entendido, pero bueno no pienso que por pedir la traduccion me halla pasado.
Lo del euskera, me ha mosquedo un poquito. Si el texto esta en gallego y yo pido una traduccion, no puedo pedirlo tambien en euskera? Con la misma regla de tres podria criticar al que a puesto el texto en gallego? (no me mal interpreteis, admiro que pongais textos en gallego, catalan o el idioma que sea)

Euskarak egiten nau euskaldun.

Aquitania
Mensajes: 5147
Registrado: 12 Abr 2007, 21:09

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Aquitania » 25 Nov 2008, 16:10

askatasunbila, yo creo que los demás hemos entendido perfectamente tu intención, mira la respuesta de regue :wink:

Siempre surgen estas "quejillas", pero me parece una cuestión de pedagogía colectiva darnos cuenta de que es normal tanto utilizar idiomas diferentes al castellano como pedir traducciones.

No te rayes :wink:
Tienen una bandera negra,
a media asta sobre la esperanza.
(Léo Ferré)

Avatar de Usuario
Farru
Mensajes: 260
Registrado: 28 Jun 2008, 02:37

Re: Lucio Urtubia Xira Galega

Mensaje por Farru » 25 Nov 2008, 19:09

¿Te ha dao la impresion de que queriaofender? lo siento. En cuanto a los demas,
aplicaros el cuento,"vemos la paja en ojo ajeno y obviamos la vga en el propio?. :oops:
SALU2. Por mi parte esta todo claro, entiendo gallego, catalan, portuges, frances,
italiano, y algo menos euskara.Tmbien un poco ingles,aleman y nocioes de eslavos
pero si lo que leo esta en castellano, mejor que mejor, y no solo por "mi",sino por
creer que es el que mas usuarios aglutina. 8-)
"el@ Anarko lucha por el bien de tod@s, por una sociedad de hermanos entre hermanos,gente sana,educada y
alegre.Por eso,el que se adapta y obtiene ganancias de la labor de esclav*s,no es,ni puede ser @narkista";

Responder