Actividades da CNT esta semana

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
Leporello
Mensajes: 141
Registrado: 17 Feb 2005, 16:35

Actividades da CNT esta semana

Mensaje por Leporello » 11 Nov 2008, 17:16

Algunhas das actividades da CNT na Galiza esta semana, ademais esperan concentracións, manifestacións, loitas sindicais, asembleas, xuizos e propaganda en todolos sindicatos... Casi na para un sindicato que algúns quixeron enterrar.
Viva a anarcosindical!


BETANZO : Presentación de CNT
O nucleo da CNT de Betanzos fara a sua presentación publica o venres 14 ás 19,30 horas no Liceo (Sala Azul)
http://cntbetanzos.blogspot.com/

Despois de tempo traballando en silencio os membros da CNT en Betanzos darán un paso adiante para dar unha opción anarcosindical ao panorama laboral da bisbarra, en tempos nos que se fala de crisis somos os traballadores os que pagamos todalas debedas e soldos millonarios de banqueiros e empresarios; e agora cando os traballadores necesitan un sindicato no que ninguen cobre por facer sindicalismo, sen liberados, sen xente que coma a mesa do empresario e que non acredita nos comites de empresa vendeobreiros. Un sindicato como ten que ser.
Por todo isto os traballadores agrupados na CNT en Betanzos faran o seu primeiro acto publico cultural e sindical:
Miguel Iñiguez presentará a “Enciclopedia Historica do Anarquismo Español” obra basica do estudo do movemento obreiro e social dos ultimos 200 anos. Xunto a el estará Eliseo Fernandez historiador ferrolán do movemento obreiro galego, que fara un repaso sobre a historia do movemento obreiro en Betanzos. Os afiliados da CNT de Betanzos explicarán a opción Sindical da CNT fronte os sindicatos “representativos”.



GALIZA: Xira presentación da Enciclopedia Historica do Anarquismo Español

3000 paxinas da obra clave para a historia do movemento social mais influinte da peninsula iberica http://www.navioanarquico.org/
Presentada polo autor Miguel Iñiguez .

Locais do Sindicato CNT Vigo (R/ Príncipe 22, 1º piso, local 34- 36202 VIGO)
19:30
Martes 11 novembro

Galeria Sargadelos Pontevedra
20:30
Mercores 12 novembro

Locais do Sindicato CNT Compostela (R/ Garcia Prieto, 24-28 Compostela)
19,30 h
xoves 13 novembro
Salón Azul do Liceo de Betanzos
19,30 horas
Venres 14 de Novembro.
http://cntbetanzos.blogspot.com/
Espazo Libertario Ferrol
20:00
Luns 17 de Novembro


COMPOSTELA: XVI Xornadas Libertarias
16 anos de Xornadas Libertárias. Sen interrupción. Co obxectivo de dar a coñecer a alternativa sindical da CNT e espallar as ideias anarquistas.
Sen subvencións, sen liberados sindicais. Apostando pola criazón de Seccións Sindicais nas empresas e non polos Comités de Empresa ou as Xuntas de Persoal onde van parar os sindicalistas profisionais liberados do traballo. Dando voz aos movimentos sociais de base ou apresentando libros de temática anarquista.
16 anos. Un tras outro.
Todalas conferencias nos Locais do Sindicato R/ Garcia Prieto, 24-28 Compostela, às 19,30 h.
2ª feira-luns : Projecção do filme “Joe Hill” de Bo Widerberg, 1971
3ªfeira-martes : A luita na rede pela Secção Sindical da CNT em SIEGA
4ªfeira-mércores : Uma alternativa alimentária responsável : as cooperativas de consumo por Cooperativa Eirado
5ªfeira-xoves : O anarquismo na história : a enciclopédia anarquista por Miguel Iñiguez
6ªfeira-venres : A acção directa das mulheres pelo colectivo “As Lerchas”

GALIZA: Xornada contra a SGAE

Os sindicatos da CNT-AIT d convocan para o vindeiro sábado 15 de novembro unha xornada de loita contra a SGAE.
Compostela ás 12am concentración diante da sede da SGAE na compostelana rúa de Salvadas.
Vigo as 19:00 diante do Museo Marco na rua Principe.
Estas protestas celebraráse días antes do xuízo que enfrontará á liberdade de expresión contra o poder da SGAE.
No verán de 2007, o Sindicato de Artes Gráficas, Comunicación e Espectáculos da Confederación Nacional do Traballo de Madrid difundiu un comunicado referente á demanda que a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) interpuxera contra a páxina web Alasbarricadas, por mor da publicación nun dos seus foros dun contido satírico cara á SGAE, polo que máis tarde serían condenados a pagar unha importante suma de cartos.
O sindicato quería mostrar deste xeito a súa solidariedade cara a Alasbarricadas.org e o seu rexeitamento á pretensión que ten a SGAE de acalar calquera voz crítica. A principios deste ano, descubrimos con asombro que ese breve comunicado de solidariedade levara á organización dirixida por Teddy Bautista a demandar agora a CNT por "intromisión ilexítima" na súa "honra". Pídennos 9.000 euros e unha rectificación pública.
Tenta vencernos nos despachos unha entidade cuxa "honra" é máis que discutible, non por que o diga CNT, senón porque así o demostra a súa actividade. Unha actividade policial, mais ben un monopolio, para impedir que a xente comparta sen ánimo de lucro os bens culturais. Unha actividade prexudicial cara á maioría dos seus asociados, cuxos "dereitos de autor" xestionan de maneira sospeitosa, segundo denuncias internas. E unha actividade capitalista polo que a SGAE estende o seu imperio económico grazas a un máis que lucrativo concepto de "propiedade intelectual" que sofren desde festivais solidarios a radios libres, pasando por asociacións de discapacitados.
Aínda así, sen ningún rubor se autodenominan "defensores da cultura". Se o fosen, darianse conta de que agrediron á Confederación Nacional do Traballo, unha organización que nos seus 98 anos de historia fundou miles de ateneos libertarios, escolas racionalistas, bibliotecas populares e xornais de forma desinteresada, co único fin de aumentar o nivel cultural, material e revolucionario do pobo. Que defensa da cultura vainos a ensinar a SGAE?
Tras tentar sen éxito solucionar o conflito de forma amigable, ao que se negaron os capitostes da SGAE, CNT fixo o que o seu espírito lle mandaba: comezar unha campaña de acción directa e denuncia social para defenderse da agresión desta entidade. Desde ese momento, produciuse unha onda de accións variadas en decenas de localidades do Estado: Madrid, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Segovia, Málaga, Zaragoza, Zamora, León, Manresa, Santander, Palma de Mallorca, Toledo, Compostela e moitas máis. Na campaña acompañounos moita xente, e até un centenar de socios da SGAE protestaron polo proceso xudicial aberto e pola falta de democracia interna nunha entidade dominada pola súa cúpula directiva.
A pesar de todo, a SGAE preferiu seguir ensuciando a súa imaxe pública antes que rectificar. Todo por un orgullo mal entendido e un puñado de euros que para eles é esmola pero para nós é importante pois o noso diñeiro provén exclusivamente da autogestión. Denunciar a unha organización de traballadores e traballadoras federados/as para defender os seus dereitos, para cambiar as cousas a mellor. Pretenden reprimirnos así para minguar a nosa capacidade de loita, para facernos dano. Por todo iso a protesta é necesaria.
Isto non debe ser entendido como un ataque só á CNT, senón contra toda a poboación. Éste tipo de denuncias contribúen a minguar dereitos como a liberdade de expresión e fortalece a tese do pensamento único e dominante. Quen discrepe será denunciado e xulgado. Aféctanos a todos/as. Por iso, participar nesta manifestación é a mellor forma de tentar paralo.
O xuízo realizarase o día 18 de novembro. Cremos importante que a SGAE chegue aos xulgados coa nosa protesta resoando nos seus oídos. Porque CNT loita na rúa.
Convocamos a todas as persoas que rexeiten o funcionamento antisocial da SGAE e defendan a liberdade de expresión a que acudan á concentración que celebraremos diante da sede da SGAE en Compostela (rua Salvadas) o vindeiro 15 de novembro ás 12 do mediodía.
POLA CULTURA LIBRE E A LIBERDADE DE EXPRESIÓN!
SGAE NON, GRAZAS
TOD@S Á RÚA CONTRA A SGAE!

Responder