A civilización enferma: monográfico en preparación

Galiza-Portugal, País Leonés (Llión, Zamora, Salamanca), Extremadura, Miranda.

Convocatorias Occidente
hortak
Mensajes: 12
Registrado: 09 Abr 2008, 20:18

A civilización enferma: monográfico en preparación

Mensaje por hortak » 01 Oct 2008, 20:25

Amplíase o prazo para a recepción de colaboracións atá o 30 de novembro.

A civilización enferma: monográfico en preparación.

• A civilización está enferma e enférmanos a todos co seu veleno.

• O capitalismo global trasviste as nosas vidas en obxectos/suxeitos de consumo e produción roubándonos a saúde.

• Este sistema quere aos individuos enfermos, débiles e dependentes dos medicamentos e das tecnoloxías médico-cirúrxicas baixo o pretexto falaz e paradóxico dunha suposta “saúde integral” e culto ao corpo.

• Esta dependencia convértese en escravitude baixo o dominio absoluto da mercadotecnia da indústria farmaceutica internacional e da tecnoloxía aplicada que xa domina os outros campos do desenvolvemento humano.

• Para pechar o círculo de explotación a nosa saúde fica en maos dos estados que xestionan este forzoso benestar mediante os sistemas sanitarios nacionais, as aseguradoras privadas e a oligarquía médica.

• As principais doenzas que sufrimos no mundo actual teñen a súa orixe na contaminación da auga e do ar, na manipulación xenética dos alimentos con fins industriais, nas condicións en que se realiza o traballo e, principalmente, na pobreza extrema e as míseras condicións de vida da maior parte dos seres humanos.

• As doenzas mentais son unha saída que o organismo, libre na súa totalidade, inventa para vivir unha situación invivible. Esquizofrenia e neurose xorden, o mesmo que a violencia no seo das sociedades, da opresión e da represión que sofre o individuo.

• O maior expoñente desta sociedade enferma e espectacular é a guerra, tanto na súa formulación explosiva como na competitividade máis cotiá.


Renderén quere asaltar convosco estas cuestións.

O día 30 de novembro péchase definitivamente o prazo para a recepción de colaboracións.


colectivo editorial Renderén
http://renderen.blogspot.com
Correo postal: Caixa de correos 457
32080. OURENSE

Responder