Fecha actual 11 Dic 2017, 01:14

Todos los horarios son UTC [ DST ]




Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 
Autor Mensaje
 Asunto: Realidades e irrealidades. XIX Xornadas Libertarias [compos]
NotaPublicado: 18 Oct 2011, 16:40 
Desconectado
Avatar de Usuario
Registrado: 13 May 2005, 10:10
Realidades e irrealidades. XIX Xornadas Libertarias

Un ano máis a CNT de Compostela ten o pracer de convidar a quen teña interese na cultura libre e crítica, o pensamento e a acción antiautoritária, a autoxestión e o anarquismo, ás Xornadas Libertarias que ano tras ano vimos celebrando nos meses de outono. Os actos terán lugar entre o día 24 e 28 de Outubro, e desenvolveranse no local da CNT, Rúa García Prieto, 24-28, a partir de 19:30. Este ano contaremos cos seguintes actos:

Luns 24: Historia Criminal do Cristianismo, por Julio Reyero

O compañeiro Julio Reyero traza unha traxectoria da historia da Igrexa Católica en base ao crime, que sinala como actividade principal desta organización relixiosa. Crime que adoptou ao longo dos séculos, así como na actualidade, todas as formas posíbeis: económicos, sexuais, crimes relacionados coa violencia... Crimes que se basean no propio código moral do cristianismo. Esta conferencia e as polémicas verdades que nela expresa valeulle a Julio Reyero unha querela criminal por parte do arcebispado de Toledo. Será que aínda non é tempo de dicir verdades.

Martes 25: A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista

O control por parte do Estado das mentes dos individuos prodúcese de maneira máis agresiva e atinxe xa os primeiros estados das nosas vidas. Unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinto ou molesto. O que hoxe chamamos problemas cos nenos acostumaba aceptarse como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran medicamentos como o Ritalin para domalo. Cabe preguntarse se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, máis cando moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa do meniño contra unha vida demasiado estruturada, e sobre as graves consecuncias do uso deste fârmaco nun cerebro aínda en formación.

Mércores 26: Galiza-Gernika-Gaza por Elvira Souto, BDS-Galiza

O BDS está formado por distintos colectivos galegos que teñen como obxectivo traballar polo Boicot, os desinvestimentos e as sancións a Israel mentres non abandonen as prácticas xenocidas con que asolan Palestinna e permitan ao pobo palestiniano gobernar a súa propia vida como pobo e vivir en liberdade no territorio que lles está a ser arrebatado. Elvira Souto presentará esta iniciativa ben como as tribulacións do Gernika, barco que tomou rumbo a Gaza na II Flotilla da Liberdade

Xoves 27: Os clientes da prostitución en Galiza, por Silvia Pérez Freire, Socióloga

Silvia Pérez Freire, profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e ex-directora do Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín en Vigo, analiza a industria sexual na Galiza axustándose as experiencias dos homes e as mulleres implicados no fenómeno da prostitución na Galiza. O dramatismo con que as mulleres en prostitución viven a súa realidade e a frivolidade e ociosidade na que se recrean os clientes, mostra como a prostitución na nosa sociedade é máis un síntoma da cultura sexual dominante nas culturas patriarcais e capitalistas.

Venres 28: to e a folga do siquiátrico de Conxo, por Eliseo Fernández, Historiador

En 1933, a Sociedade de Camareiros e Enfermerios do Psiquiátrico de Conxo, aderida á CNT pon en marcha unha folga no psiquiátrico de Conxo. Esta folga atinxirá unha especial dureza e as súas consecuencias chegarán á represión sufrida tras o golpe de Estado de 1936. Esta folga presenta a particularidade de non se limitar a reclamacións sobre a situación laboral dos camareiros e enfermeiras, senón que incorpora nas súas reclamacións a denuncia da situación dos doentes internos. Eliseo Fernández, un dos máis destacados historiadores actuais do anarquismo en Galiza, falaranos sobre esta folga e outras historias relacionadas con ela.

Imagen


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 

Todos los horarios son UTC [ DST ]


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 2 invitados


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
phpBB2 Czar-Orange Theme © CirtexHosting
phpBB3 Czar-Orange Theme © Shadow_One
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Traducción al español por Huan Manwë
     
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org