1º de maio en Vigo. Precarias en loita.
Publicado: 27 Abr 2006, 14:13
Con motivo do primeiro de maio o Grupo Axitación Social, a Asociación Caleidoskopio o L.S. Revolta, a A.X. Luar e persoas do Ateneo Libertario de Vigo, do Grupo de Apoio aos Indíxenas Magonistas e do movemento independentista decidimos apoiar unha iniciativa baixo o nome de “Precarias en Loita”, de cara a visibilizar a precariedade xeneralizada na nosa sociedade tanto no campo laboral como no social e para reivindicar Dereitos Sociais.
Para elo convocamos a facer un bloque precario na manifestación conxunta da CGT/CUT que sairá o 1 de maio ás 11h desde a Praza Fdo. O Católico.
1º DE MAIO DÍA CONTRA A PRECARIEDADE E POLOS DEREITOS SOCIAIS
Neste día saímos felices xa, sabendo que a loita nin comeza nin acaba hoxe, tan só é unha ocasión máis de atopármonos con outras persoas na rúa para protestar contra este sistema.
En Galiza, a precariedade infecta todos os aspectos da nosa vida, convertida hoxe en parte do sistema de produción, da maquinaria de xerar beneficios.
Independentemente de que sexamos persoas traballadoras, migrantes, paradas, estudantes, xubiladas, amas de casa; as nosas vidas, convertéronse en parte do sistema de produción, o cal se apropia dos coñecementos xerados pola sociedade, patenta patrimonios xenéticos, convértenos en consumidoras en lugar de cidadáns, destrúe o noso medio ambiente coa escusa do progreso, especula co territorio urbanizando, creando unha falsa necesidade de infraestruturas, dilapida os recursos naturais fundamentais para a vida e encarece os recursos imprescindíbeis da sociedade moderna (electricidade, gas, auga, información...); monetariza relacións sociais fundamentais para o funcionamento da sociedade como os coidados, o lecer, o sexo, etc.
Nada se escapa ao control do capitalismo que se apropia do noso tempo e fai que todo entre na súa maquinaria.
Este sistema nos imponnos a inseguridade respecto as nosas necesidades vitais para que aceptemos condicións laborais e sociais cada vez peores como única forma de subsistir.
A nova Reforma Laboral ou a directiva Bolkenstein, non son máis que últimos capítulos dunha modernización da economía e o mercado de traballo sustentados na precariedade e na flexibilidade, iniciada a nivel europeo e que se construíu a través das sucesivas reformas laborais.
A loita contra estas manifestacións máis extremas da explotación é o que podería servir de revulsivo para recuperar a senda da mobilización, non só cunha finalidade defensiva senón que nós permitise conquerir novos dereitos sociais acordes coas novas necesidades, máis alá do dereito a ser explotados nun traballo que na maioría dos casos non satisface máis necesidade para a sociedade que aumentar os beneficios empresariais.
Precisamos condicións laborais dignas para subsistir, pero o que de verdade nos fai libres é ter recursos suficientes para vivir dignamente, o dereito real a acceder a unha vivenda, a desprazarnos gratis por algo máis que as necesidades empresariais, unha educación e unha sanidade que respondan realmente as necesidades da sociedade, información, comunicación e cultura libres e ao alcance de todas, un territorio xestionado tendo en conta as necesidades reais da cidadanía e afastado da lóxica dun progreso que só se mide nos beneficios económicos que xenera...
Por isto resistimos e rebelámonos. Non aceptamos a lóxica da represión instaurada en Galiza fundada na criminilazación contra toda disidencia; non aceptamos a Europa fortaleza que levanta fronteiras interiores e exteriores que converte as persoas en ilegais, e condea a miles á morte no seu intento de chegar a este “primeiro mundo”, non aceptamos un sistema que crea pobreza, marxinalidade e criminalidade, que só ofrece como solución o control social, constrúe máis cárceres, contrata máis forzas de seguridade, endurece penas e crea leis de control en internet, recorta dereitos e fomenta o racismo.
Precisamos reconstruír os vínculos sociais que o capital destrúe e construír a comunidade das persoas precarias fundada na solidariedade e a autoorganización.
Todas a rúa polos Dereitos Sociais.
Precarias en loita
Contacto:
C.S.A. "A Cova dos Ratos" (r/Romil,3) e L.S. "A Revolta" (r/Real,32)
precariasvigo@gmail.com