Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Presente y futuro de la Lucha Obrera, así como la validez, aciertos y contradicciones de las formas de organización de la Clase Trabajadora. Seguimiento de conflictos laborales, huelgas, etc.
Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 23 Mar 2009, 21:48

Sacado de CNT-Galiza
O compañeiro B. profesor-substituto de Matemática, traballou durante o curso 2007-2008 en diversos institutos da Galiza, mas foi no IES de Arteixo que traballou por espazo de 15 dias, do 8 ao 23 de Abril de 2008, onde ao reclamar que as aulas de Matemática debian-se dar en galego, como corresponde por lei, no decreto 124 do 2007 sobre o uso do galego no ensino, provocou un proceso no que foi condenado por 4 faltas graves, a un total de 25 dias de sanción e un apercibimento, o que na prática acarreou a sua expulsión das listas da Consellaria de Educación.

Primeiro reclamou o uso do galego nas aulas no Departamento de Matemática do Instituto; os libros estaban en castellano e é obrigatório na ESO que sexan en galego, mas como non chegaban a un acordo, acudiu à Chefa de Estudos do “M. Murguia” que en vez de facer-se eco das reivindicacións do noso compañeiro, o que fixo foi acusá-lo de entrar airadamente na Chefia de Estudos e denunciá-lo perante a Inspección de Educación, precisamente o organismo que debería velar polo “cumprimento” do decreto do Galego.

E aqui comeza un proceso kafkiano. O compañeiro B. é citado en Setembro de 2008 pola inspectora-instrutora -quen en todo o proceso dirixiu-se a B. “en castellano”-, para responder a unhas perguntas sobre a sua permanéncia no IES, ao que o compañeiro contestou sen problema algun, pois consideraba que durante eses quince dias que estivera no Instituto non tivera nengun acontecemento salientábel. Inicia-se un proceso que dura cuase seis meses e que rematará coa expulsión do compañeiro das listas de interinos e sustitutos de Matemática, no entanto non haxa oposicións, fechando a posibilidade que o compañeiro B. poda traballar até entón.

B. foi acusado de 4 faltas graves:
1ª Por reclamar que as aulas se deran en galego. Esta acusación foi convertida moi sibilinamente por parte da Chefa de Estudos e logo pola inspectora-instrutora en “unha acusación de B. cara a profesora que estaba a substituir”, convertindo-a en falta grave por non ter respeito e consideración cos compañeiros.
2ª Por “entrar na Xefatura de Estudos coa gorra posta”, incumprindo un regulamento de orde interna, que non figura en ningures no instituto.
3ª Por lle dicer a un ex alcalde de Arteixo e profesor de Matemática, despois da charla no Departamento, que “non tiña educación pois o deixara coa palabra na boca”, despois de falar sobre se un profesor é bon ou mau por dar as aulas en castellano ou en galego, cando non era ese o tema da conversa, que era e segue a ser que as aulas de Matemática teñen que se dar en Galego´.
4ª E a última mais incríbel situación, se cabe, foi a de utilizar o blog de B., para acusá-lo de manipular aos alunos e alunas, pois nese blog B. manifesta que a polícia non debia ter entrado “de paisano” no centro cacheando aos rapaces e raparigas como se fosen delincuentes e que non se pode confundir educación con represión. Ben, aqui temos que facer un ponto aparte, alguén do centro escolar utiliza a un membro dun instituto armado para conseguir os ips (os enderezos electrónicos) dos alunos que entraran no blog de B., para facer algun comentário ao respecto ou sobre calquer outro asunto do seu interese.

En todo o proceso o compañeiro B. foi submetido a unha total indefensión convertendo un simples desacordo no Departamento do IES de Arteixo, onde o noso compañeiro leva a razón, (polo menos de momento, pois esperan tempos difíceis para o Galego), en 4 faltas graves que provocan o despido do compañeiro, mercé á intervención dos CC.OO. CSIF e ANPE, que firmaron de costas aos ensinantes unha addenda, pola que se aplicaba aos interinos ou substitutos a sanción de borrá-los das listas no caso de falta. Todo isto en época de governo bipartito progresista e galego, pola intervención dun corpo de inspectores, os mesmos de sempre, que desde o primeiro momento utilizou ao noso compañeiro como “cabeza de turco”.

A B. considerou-se-lle en todo momento culpábel polo seu “aspeito”, porque “parecia un aluno pasota” e porque “parecia un inspector de Galego”. A todo isto engadimos o ambiente autoritário e desgaleguizador que rexe nalgúns institutos da Galiza e desde logo no de Arteixo. Cómo entender que a reclamación do cumprimento da lei, que obriga a dar as aulas de Matemática en galego, remate en sancións? Cómo entender a postura adoitada pola dirección e o departamento de Matemática do devandito Instituto senón como unha mostra de desprezo cara a norma oficial e un indisimulado desprezo ao idioma galego?

Cómo entender as sancións impostas senon é polo autoritarismo e represión que rexe o ensino en algúns institutos, onde quen se atreva a “disentir” ou protestar polo trato dado aos alunos e alunas ao permitir (e chamar) á policia no instituto e cachear aos rapaces, pervertindo a chamada “Lei de Convivencia”?. Cómo entender as sancións impostas ao noso compañeiro B. senon como a represalia exercida sobre un profesor galego falante que, no seu pleno dereito e cumprindo coas normas, quere dar as súas áulas en idioma galego? Esta organización sindical, a CNT, levará o caso ás máis altas instancias e denunciará ás persoas que tan grave dano teñen ocasionado a este compañeiro.
Readmisión nas listas do compañeiro B. !

Supresión da Addenda do 11/6/2006 ao acordo de 20/6/1995 !

Trastamara
Mensajes: 225
Registrado: 14 Oct 2005, 18:41

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por Trastamara » 24 Mar 2009, 09:04

No es por jorobar, pero noto "ausencia" de los que están presentes en otros sectores.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 26 Mar 2009, 16:06

De CNT-Galiza
Concentración en San Caetano pola readmisión do profesor sancionado

Na mañá deste xoves 26 de Marzo, vinte militantes da CNT de Compostela concentraron-se nas portas do complexo da Xunta de Galicia en San Caetano para protestar pola sanción recaída no compañeiro B. , profesor-substituto de Matemática expedientado por reclamar a obrigatoriedade de impartir as aulas de Matemática en galego, e para exixir a readmisión de B. nas listas de substitución, das que foi apartado como consecuéncia desta sanción.

Cunha faixa alusiva à precariedade e represión que impera na Consellaria de Educación, os militantes da CNT concentraron-se por volta dunha hora, informando aos traballador@s da Xunta deste atropello contra os direitos laborais e lingüisticos do profesorado, e contra a situación de precariedade à que se submete ao persoal substituto e interino da Consellaria de Educación, para quen unha sanción mínima trae aparexado o despido.

A CNT de Compostela non vai permitir que se sancione e despida deste xeito ao profesorado que se revela crítico a un sistema que mais que educativo semella represivo, a un sistema que evita até aplicar as suas próprias normas como a obrigatoriedade do galego en certas asignaturas, a un sistema que propugna a preséncia policial nos centros de ensino xa que "todos os nosos mozos son delicuentes", a un sistema que en definitiva busca criar indivíduos dócis e submetidos.

Avatar de Usuario
toxo
Mensajes: 18
Registrado: 12 Feb 2009, 19:38

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por toxo » 30 Mar 2009, 21:18

fillos da puta, na galiza está chea de caciques. desde a qui a miña solidaridade co compañeiro.
un galego na lexania.
salud

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 01 Abr 2009, 17:14

Concentramo-nos en solidariedade con B. , profesor expedientado

Hoxe ás 10,30 comezaba os actos de constitución do novo parlamento de Galiza e alí fomos coa nosa pancarta e panfletos, para mostrar a nosa solidariedade co compañeiro B. expedientado e tirado das listas de interinos e sustitutos da Xunta. Motivo ? Falar e reclamar no seu Seminario, cos “compañeiros” e coa Xefa de Estudos de que as aulas de matemáticas tiñan que ser impartidas en galego. Como todas sabedes este incidente produciu-se no IES de Arteixo no mês de abril do ano 2008.

Alí no Hórreo estaban as xentes da MNL, e nós fomos porque así o acordamos e pensamos que había que estar para que se vexa o que pasa, para que se visibilice.

O problema que hai con estes temas é que moitas de nós calamos, moitas de nós evitamos os problemas e a situación segue na mesma. Por non ter líos, por non criar-nos inimigos nos centros non dicimos nin chio, esa é a verdade do que acontece no ensino : a nova Xunta pode suprimir o Decreto de Regulamento do galego no ensino, mais co bipartito non se cumpria nen había vontade que se fixera.

Desde aquí reclamamos a vosa solidariedade e a supresión da Addenda que deixa a interinos e sustitutos sen defensa ante calquer sanción.

A loita está na rua e non nos Parlamentos.
Imagen

De CNT-Galiza

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 02 Abr 2009, 17:26

Concentración na delegación de Educación na Coruña

Na mañá deste dous de Abril, militantes da CNT de Compostela, Coruña e Lugo manifestamo-nos durante máis de unha hora nas portas da delegación da Consellaria de Educación da Xunta de Galicia na Coruña, onde está situada a Inspeción Educativa, reduto franquista que polo visto ten como último fin perseguir e sancionar @s profesor@s que, como o noso compañeiro B. , reclaman o uso do galego nas aulas ou que non se mostran conformes con "planos de convivéncia" que permiten a entrada da Polícia e a Guardia Civil nos Institutos para realizar cacheos aleatórios e intimidar e criminalizar à mocidade.

Cunha faixa reclamando o cese da represión e a precariedade no ensino, e con centos de panfletos explicando polo miúdo o caso sufrido polo compañeiro B. , informamos aos cidadáns da Coruña do carácter represivo da Inspeción Educativa, da pasividade da Consellaria bipartita en cuestions como o respeto do decreto 124/2007 de uso do galego no ensino, e o carácter anti-operário dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, asinantes dun acordo polo que se exclue das listas de substitucións e interinaxes a aquel@s profesor@s que fosen sancionad@s, sexa cual for o motivo, o que equivale na práctica a despedimentos como o do compañeiro B. , motivado exclusivamente por motivos ideolóxicos.

Desde a CNT temos claro que a Consellaria de Educación procura rematar con calquera mostra de disensión e rebeldia nos centros de ensino. Que quere facer destes cárceres para criar indivíduos submisos e acríticos, mais desde a CNT seguiremos na nosa vella e fermosa arela de educar en liberdade e para a liberdade.
Imagen
Última edición por eu el 02 Abr 2009, 18:04, editado 1 vez en total.

Da Ponte
Mensajes: 69
Registrado: 14 Nov 2005, 13:11

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por Da Ponte » 02 Abr 2009, 17:49

En resposta solidaria ao chamamento da CNT de Compostela, militantes do sindicato de Pontevedra concentraronse hoxe pola readmisión do noso compañeiro B..

Denunciamos tamen o acordo dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF que expulsa das listas de interinos aos ensinantes sancionados edindo a sua inmediata derogación, e o reinado do terror da dirección do IES.

Dende as 11.30 da maña paseamos polos institutos Valle Inclán e Sanchez Cantón repartindo centos de panfletos ata chegar a Xunta, onde durante unha hora seguimos repartindo e charlando coa xente explicando a situación.

Alí estabamos alguns dos parados, estudantes e traballadores nocturnos da CNT ademais dunha representación da Asociacion Cultural A Revira que decidiron solidarizarse coa causa.



Durante ese tempo recibimos tamén a prensa dos xornais da cidade e sempre na grata compaña dun grupo de policias nacionais que nos fixerón sentir aos presentes elementos perigosos; dende a CNT sempre consideraremos isto unha grande honra.



Saude.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 20 Abr 2009, 17:57


Avatar de Usuario
Pétalo
Mensajes: 699
Registrado: 24 Ene 2006, 14:44
Contactar:

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por Pétalo » 21 Abr 2009, 00:51

¿Podriais poner tambien para los que no entendemos galego, en castellano?gracias
¿Como pretendeis hacer la revolución SOCIAL siendo antiSOCIALES?

Avatar de Usuario
Mab
Mensajes: 60
Registrado: 04 Feb 2009, 00:46

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por Mab » 25 Abr 2009, 00:25

Hemos eliminado una serie de comentarios por no venir al caso y dedicarse a generar bronca en torno a cuestiones idiomáticas en un hilo en el que lo que importa es la información sobre un conflicto en el que hay una persona despedida.

Os pedimos a tod@s que os ciñáis a lo que corresponde, y que quien no tenga nada que aportar se guarde de hacer comentarios que no pueden hacer otra cosa que fastidiar el seguimiento de conflictos sindicales.

Salud.
Imagen

Imagen

Avatar de Usuario
Suso
Mensajes: 5311
Registrado: 17 Jun 2004, 13:51

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por Suso » 25 Abr 2009, 09:48

Buen criterio el de los moderadores. Es que los hay que no pierden una :cry:
Para Pétalo y demás compañeros que no entienden el gallego, les voy a resumir desde mi punto de vista, la situación.
El compañero expedientado es antes de nada, un compañero de la CNT. Y no precisamente de los que se afilian cuando tienen un conflicto, que tambien lo son, sino de los que llevan las ideas de nuestra Confederación a la práctica, y eso consecuentemente le acarrean conflicitos.
Si los que sois de fuera de Galicia, quereis leer entre líneas, entendereis que la represión sufrida por querer dar las clases en Galego (idioma del profesor y seguramente siendo como fue en Arteixo del 80% de los alumnos) no es sino una manifestación más del mantenimiento de ciertas politicas de cuando el Enano Dictador (gallego también, y para nuestra verguenza).
Pero la represión a nuestro compañero cenetista, es una represion para todos los "precarios" de la enseñanza, que son miles, y que ven mermada sus libertades básicas fruto de una legislación que los sanciona con algo que en un empresa equivaldría con el despido procedente y sin un duro. ¿Acaso la CNT no tiene nada que decir a esto?.
Si además le sumamos, la actitud de quien se cree la "autoridad competente" por dirigir un Centro de Enseñanza, y el que el Cuerpo de la Guardia Civil y su señora la Benemerita :wink: te puedan hacer de CSI en tu blog y denunciarte por los comentarios allí vertidos.... pues entonces, si esto vale, vale todo.
Que la CNT utilice esto además para hacerle ver a los politiquillos que utilizan la lengua como elemento de división, y les recuerda que en la vida real, en el trabajo,en la Justicia, en los negocios, en los medios pricipales de comunicación, en el cine, etc, todavía se no sigue haciendo creer que el castellano abre puertas, y el gallego está bien para los poemas de Rosalía y para cantar en las tabernas, pues bien venido sea esa actitud de la CNT.
En definitiva, estamos ante un conflicicto laboral, aunque tenga también otras connotaciones. Un compañero despedido. Un compañero anarcosindicalista.
No valen pues consideraciones linguisticas o formales. Ahora que cada uno eliga en que lado de la Barricada se pone. La CNT lo hace con los trabajadores, tengan la ley o no de su parte.
Salud.
Teño barca, teño redes, teño sardiñas no mare
teño unha muller bonita
non quero máis traballare.

Avatar de Usuario
ElVientoEnLLamas
Mensajes: 242
Registrado: 15 Abr 2009, 17:26

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por ElVientoEnLLamas » 26 Abr 2009, 18:27

:( perdon erro meu :oops:


UN RESUMEN POR ENCIMA DE ESTE CASO EN CASTELLANO

El compañero B. profesor-substituto de Matemáticas trabajo durante el curso 2007-2008 en varios institutos.
En el instituto de Arteixo estubo trabajando del 8 al 23 de Abril de 2008, que a partir de que reclamo el aula en gallego segun la ley en el decreto 124 de 2007 sobre el uso del gallego en la educacion, lo cual provoco un proceso por el cual fue condenado.
Fue acusado de 4 faltas graves
1 Reclamar las aulas en gallego segun la ley
2 por llevar una gorra pesta
3por decirle a un profesor ``que no tenia educacion pues lo dejara con la palabra en la boca´´
4 manipular a los alumnos, por que al parecer que B. comente en un blog personal que la policia no puede entrar de paisano en un centro educativo y que no debe confundirse educacion con represion resulta que es manipar alos alumnos. ademas una de las pruebas que se presentaba contra B. era los ips de los alumnos que entraron en el blog de B.

B. fue condenado a 4 faltas graves, 25 dias de sancion y como consecuencia lo expulsan de las listas.
Última edición por ElVientoEnLLamas el 21 Mar 2010, 06:47, editado 1 vez en total.
Imagen


Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 30 Abr 2009, 20:14

CNT-Galiza escribió:Concentración no IES de Arteixo
Hoxe martes día 26 debido ao despido (retirada das listas), do compañeiro B., profesor substituto de secundária, a CNT de Compostela e da Coruña, concentrou-se as portas do devantito instituto para protestar polas inxustas causas do despido:

-Exixir o uso do galego segundo o real decreto 124/2007.
-Criticar a política do centro a respeito do "plano de convivéncia", encanto a que este consistia, na entrada de gardas civís de paisano no instituto.
-Levar unha viseira posta.

Diante do IES reclamamos liberdade de expresión e liberdade ideolóxica. Nengún membro da dirección acudiu a dar explicacións. En cambio, muitos alunos e alunas, achegaron-se para dar mostras de apoio ao seu antigo profesor, rexeitando a política lingüística e autoritária do centro, dando incluso algúns exemplos de discriminación lingüística sufrida por algúns alunos.

Continuaremos informando.

Avatar de Usuario
eu
Mensajes: 1695
Registrado: 13 May 2005, 10:10

Re: Profesor sancionado con despido por reclamar aulas en galego

Mensaje por eu » 01 May 2009, 08:23

O sindicato STEG, apoia a reivindicación de CNT
O STEG solicita a sipresión do Art. 13 da addenda por discriminatorio ao suprimir dereitos laborais do profesorado interino

O SINDICATO STEG, apoia a reivindicación do Sindicato de ensino de CNT relativa a inmediata supresión do art. 13 b) da Addenda de 11 de Xullo de 2006 ao Acordo de 20 de Xuño de 1995, asinada por CCOO, CSI-CSIF e FETE-UGT, que sinala que “Decaerán no seu dereito a estar nas listas e aos chamamentos de candidatos os que sexan sancionados con suspensión de funcións en razón de expediente disciplinario”, por considerar que dita addenda atenta contra os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras do ensino, vulnerando os principios constitucionais elementais de proporcionalidade na graduación de faltas e sancións e de tipicidade, que exixe unha correlación entre falta e sanción, así como a imposibilidade de impoñer unha sanción sen previa tipificación da falta que conleva aquela.

Este artigo da addenda implica a absoluta irrelevancia da calificación da falta como de grave, moi grave ou leve, conlevando a mesma consecuencia para calquera falta que implique suspensión, así como tamén a absoluta irrelevancia da graduación da sanción, xa que unha vez imposta esta, a consecuencia vai a ser a mesma: expulsión das listas, con independencia dos días de suspensión impostos.

Consideramos ademais que o procedemento sancionador é discriminatorio, xa que se rixe pola Lei de Réxime Disciplinario de Funcionarios Públicos, pero a sanción é superior á establecida nesta lei para os/as funcionarios/as, polo mero feito de ser interino/a ou substituto/a. É dicir, non se cumpre a sanción de 25 días de suspensións de funcións imposta en base á mencionada lei, senón que se expulsa ao traballador das listas en base á cláusula 13.b) da Addenda ao Acordo de 20 de Xuño de 1995, sen que tal sanción se corresponda con ningunha falta tipificada en ningunha norma, supoñendo, en definitiva, un despido.

Responder