Análisis huelga 20F de Galiza

La lucha dentro de la enseñanza oficial, Escuelas libres, aprender sin escuelas, Pedagogía Libertaria.
Avatar de Usuario
_nobody_
Mensajes: 10668
Registrado: 12 May 2002, 13:28

Análisis huelga 20F de Galiza

Mensaje por _nobody_ » 12 Mar 2014, 15:38

CEL Ourense
http://cel-ourense.blogspot.com.es/

O pasado xoves 20 de febreiro foi unha día de folga estudantil en todo o territorio galego. Queremos sinalar que discrepamos coa forma na que foi convocada, provindo esta dende as cúpulas de certas organizacións e sen contar co estudantado, ademáis de chamar só a unha reducida parte deste. Con todo, no caso ourensán, logrouse certa autonomía respecto a esta forma de actuar.

Na nosa cidade a participación na folga foi alta, malia que o seguimento foi menor que noutras ocasións. Os piquetes no ámbito universitario foron poucos efectivos debido á falta dunha organización clara dos mesmos. Respecto á manifestación, tivo unha boa participación no bloque estudantil.

Outro factor decisivo foi a participación estudantil, insuficiente polo de agora. Con todo, xurdiu unha nova organización asemblearia e aberta, Frente Estudantil, que agrupa a parte do estudantado de ensinanzas medias.

Consideramos necesario para superar estas debilidades s a creación dun movemento estudantil forte, revolucionario, organizado, crítico co sistema e a actual educación. Un movemento combativo debe ter capacidade transformadora e crítica, e non só limitarse a loitar contra os recortes e a LOMCE.
...vive como piensas o acabarás pensando lo que vives...

Responder