PISCIFACTORIA

Conservacionismo, Antidesarrollismo, cuestionamiento de la tecnología, naturismo, alternativas al sistema industrial capitalista, cambio climático...
agremon

ligazón

Mensaje por agremon » 05 Oct 2005, 19:26

sole escribió:*Rinlo.info II*
Rinlo.info é un xornal de nenos para maiores. pero non só eso. É un xornal que se vende estes días en Rinlo feito por tres cativos e que está tratando de sacar información obxectiva no mesmo carozo do enfrontamento que se está a vivir en no pobo por mor da instalación dun criadeiro de rodaballo nunha zona natural protexida.
Despois de estar e falar con xente de Rinlo, tanto xente a favor como en contra, atopo básicamente que a compañía, ACUINOR (da que ben pouca información obtiven en internet) e o Concello artellaron dende fai xa meses unha defensa das instalacións no pobo, co que teñen alomenos tres estructuras a favor, contado a da directiva da asociación de veciños. Por contra, os ecoloxistas chegaron fai pouco e se ben non teñen aínda feitos consumados sobre o terreo, si se atoparon xa co traballo a favor da empresa realizado por esas estructuras, mentres que a xente que está a favor, como boa parte das mariscadoras, está desorganizada; se teñen tempo, será unha labor máis que teñan que facer. Se teñen tempo: esta semana, o tema ronda arredor dos papeis: autorizacións e documentos que faltan fronte a permisos conseguidos cunha rapidez pouco usual, consecución dunha orde de paralización preventiva das obras contra consecución dunha orde xudicial de desaloxo dos ecoloxistas...
Fai uns días tivo lugar en Rinlo a festa do percebe. Repasando a foto de conxunto correspondente (atopable en http://ribadeando.blogspot.com) pregúntome se dentro duns anos unha festa así terá que usar percebe importado. E é que hai moitos datos que conxuntar en relación á instalación: ¿Como atacan os residuos do criadeiro á zona costeira, en particular á producción e calidade dos percebes? Falouse da oferta da empresa de 10 postos de traballo nunha primeira fase e outros dez máis nunha segunda: a documentación que se atopa no Concello non da pe para pensar en moitos máis de 6 ou 7 en total (entre persoal cualificado, que viría de fora, e o non cualificado). ¿Cómo afecta ó turismo, en forte auxe na zona e ó futuro dunha vila que pode ter fortes atractivos neste sentido e que se pode potenciar a través do plan turístico para o Concello? Serían algunhas das preguntas a contestar, a parte da construcción da planta nun paraxe nautral protexido, que é ó único que di ADEGA que se opón (segundo eles, uns centos de metros máis aló non tería problema) Hai outras consideracións que neste caso chaman a atención. Así, estaría tanto o respecto á lei, que debe ser igual para todos e igual de respetada. Hai indicios de que o anterior non se cumple, pois hai un expediente dunha instalación semellante pero máis pequena parado no Concello dende abondo antes de que se comezara co papeleo desta instalación. Respecto ó segundo apartado, a lei di que a paraxe está protexida de actuacións a excepción de saúde pública, a propia conservación da paraxe ou interese prioritario, polo tanto hai autorizacións que serían ilegais. Tamén chama a atención que fora rexeitada a instalación da planta en Luarca e en Castropol (se ben neste caso había outras consideracións de enfrontamento máis direito co turismo xa explotado)
Coido que a confrontación de ideas, nunha mesa redonda por exemplo, sería clave para aclarar as posturas e que os veciños da zona poideran formarse unha opinión crítica ó respecto, tendo datos e documentación. Nese sentido están comezadas xestións para unha mesa redonda con participantes da empresa, concello, veciños, universidade... atopando que dende a empresa néganse a participar. Nembargantes, onte mesmo, en Rinlo, para min estaba claro que a convocatoria para unha concentración informativa que se me dixo ía a ter lugar foi unha mera manipulación para poder sacar unha foto e dicir que os veciños apoian as instalacións. Ó tempo, entereime de chamadas a casas particulares de xente en procura de emprego para presionar que foran poñerse contra dos ecoloxistas, e oín falar de 'provocación' a xente desinformada pero influínte ó ver a catro persoas con camisas negras iguais que se achegaban á 'concentración' ignorando que eran empregados municipais...
A zona é paraxe protexida e constitúe un hábitat fráxil colonizado por toxo e queiruga e preténdese meter unha instalación que destuiría o hábitat e eliminaría o percebe na zona próxima e diminiuría a súa calidade nun entorno maior, e crearía algún posto de traballo, pero se nos quedamos só en eso, illado, non nos enteraremos de nada. Antonio Gregorio Montes. Escrito o 24/08/05
só unha precisión: Este artigo, xunto con outros, pódese atopar en http://ribadeando.blogspot.com

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 12 Oct 2005, 19:36

Fai uns días tivo lugar en Rinlo a festa do percebe. Repasando a foto de conxunto correspondente (atopable en http://ribadeando.blogspot.com)
Agremon fijate en lo colorado dentro del quote de tu mensaje :wink:

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 17 Oct 2005, 07:38

*SOLIDARIEDADE!*

A resultas da denuncia presentada por *D. Ramón
Alvárez-Cascos Paredes*, como propietario de ACUINOR, S.L., este
mércores 19 de Octubro, ás 11 da mañán, van a ser xulgados, no xulgado
de instrucción e primeira instancia de Mondoñedo, 12 compañeiros de
ADEGA-LUGO por un presunto delitos de faltas por termos paralizado
durante varios días as obras destinadas á instalación dunha planta de
acuicultura de engorde de polbo e rodaballo en *Rinlo-Ribadeo* sobre
unha parcela de 42.000 m^2 plenamente dentro do LIC AS CATEDRAIS
afectando,ademáis, a hábitats prioritarios.

*MANIFESTA A TÚA SOLIDARIEDADE FACENDO O MÁXIMO ESFORZO POR ASISTIR AO
XUIZO.*

*PARA AS CAMPAÑEIRAS/OS XULGADOS, PARA A DEFENSA DA REDE NATURA, PARA O
CONXUNTO DA REIVINDICACIÓN ECOLOXISTA É UNHA NECESIDADE INEXCUSÁBEL.*

Chama, para máis información, aos tfnos: 639.664924 / 982.240299 /
981.570099

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 18 Oct 2005, 20:13

Correo Electrónico: adeganacional@adegagaliza.org
Mañán, mércores, día 19, un total de 12 membros de ADEGA están convocados no Xulgado de Mondoñedo como imputados por un presunto delito de faltas pola paralización, durante sete días, dunhas obras no LIC de AS CATEDRAIS destinadas á instalación dunha granxa de cultivos mariños de polbo e rodaballo da que é promotor, D. Ramón Alvárez-Cascos Paredes, da familia do que foi ministro de Fomento do Governo de Aznar. Os feitos tiveron lugar dende o 22 ao 31 de Agosto, durante os cais voluntarios e voluntarias de ADEGA, argumentando que se trataba dunhas obras ilegais que afectaban a un espacio protexido da Rede Natura 2000 con hábitats prioritarios, mantiveron paralizadas ditas obras ata que, por orden xudicial, houberon de desaloxar a parcela. A pesares desta orde de desaloxo, dictada polo xulgado de Mondoñedo na mediodía do mesmo día 31, ao día seguinte, -a resultas do recurso contencioso administrativo presentado por ADEGA-, o xulgado do contencioso de Lugo accede á petición de paralización cautelar das obras e outro tanto faría tamén o xulgado de Mondoñedo ao ordenar tamén, na mañán do venres 2 de Setembro, a paralización cautelar das obras a resultas da denuncia penal por presunto delito ecolóxico e posible prevaricación urbanística presentada por ADEGA..
A día de hoxe tais medidas cautelares foron xa levantadas, -algo que ADEGA non acerta a entender-, primeiro polo xulgado do contencioso de Lugo e, non moito despóis, polo xulgado de Mondoñedo, máis as obras continúan aínda paralizadas porque, como xa dende un principio denunciaban os ecoloxistas, as obras carecen aínda hoxe de autorización para ocupación do domínio público marítimo-terrestre, de autorización para a ocupación da zona de servidume de protección e máis da autorización de explotación, sen as cais a licencia municipal non podería, -na opinión dos ecoloxistas-, terse dado. Dende ADEGA teñen moi clara a súa actuación e responsabilizan deste xuizo e do seu posible resultado, en primeiro lugar, ao Governo anterior por, por unha parte, ter emitido unha declaración de impacto ambiental favorable totalmente ilegal por canto afecta a un espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios nos que só se pode actuar alegando razóns imperiosas de interese público de primeira orde, e por deixar, por outra parte, aprobado no último consello da Xunta do Sr. Fraga (28/07/05), un proxecto sectorial sen máis interese social que o estar promovido pola familia do Sr. Alvárez-Cascos. En segundo lugar, ADEGA responsabiliza ao concello de Ribadeo (presidido por un alcalde do PSOE) por ter otorgado unha licencia de obras e de actividade totalmente ilegal por faltaren as autorizacións da Consellería de Pesca para a expolotación e para a ocupación do dominio público e da súa zona de protección. Mais, neste momento, responsabilizan dunha forma especial á actual Consellería de Meio Ambiente quen tendo todos os argumentos xurídicos para a paralización das obras e a revisión da Declaración ambiental, segue sen querer obrigar ao promotor a buscar outra ubicación fora da Rede Natura. Para os ecoloxistas de ADEGA, resulta moral e legalmente inaceptabel que se poda declarar unha zona como espacio protexido da Rede Natura 2000 para logo non facer cumplir a lexislación de espacios protexidos.
Ademáis do irreversibel impacto ambiental desta instalación de acuicultura sobre a Rede Natura 2000, ADEGA denuncia que non se teñen avaliado o impacto que pode provocar sobre o banco de percebes do acantilado colindante toda esa enorme cantidade de vertidos que resulta destas instalacións (contaminada con productos químicos de desinfección, limpeza de tanques, tratamentos sanitarios, etc) nen tampouco avaliado os impactos que poidera ter sobre as pesquerías de polbo da zona a captura de non menos 20.000 crías de polbo/ano que non van a chegar a reproducirse no mar.
Por outra parte denuncia ADEGA a enorme inxustiza social que sinifica que o propietario do solo non teña podido facer nel a súa casa, o seu chalet ou o seu negocio por tratarse dun solo protexido e poda, en cambio, o Sr. Alvárez-Cascos (despóis de adquirir ese solo protexido a precio de saldo: 1 €/m2) ocupar 42.000 m2 cun edificio administrativo de dúas plantas e o resto con piscinas e tanques.
E tamén a indignidade que representa que esta mesma instalación houbera sido rexeitada por dous concellos de Asturias (Valdés e Castropol) por afectar a espacios protexidos e, sen embargo, poda vir a instalarse a Galiza sobre un espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios.
Por último denuncia tamén ADEGA a corrupción manifesta que se demostra na tramitación desta instalación, se nón, ¿de que forma sabía o Sr. Alvárez Cascos en agosto do 2004 cando inicia a tramitación do proxecto que a Xunta de Galiza lle iba a vender (a 1 €/m2) as dúas parcelas que inexcusabelmente necesitaba e que a Consellería de Meio Ambiente non ía a exercer o dereito de retracto sobre ela?
En canto ao resultado do xuizo, os ecoloxistas non esperan outra cousa que o de seren absoltos de calquer delito de faltas e tamén da responsabilidade civil, pois doutra forma habería que pensar que hai unha xustiza para uns e outra para outros: non sería doado de entender que poidera haber condena algunha pola paralización dunhas obras ilegais que deberan ter sido paralizadas inmediatamente pola Consellería de Meio Ambiente.
Sexa cal sexa tal resultado, dende ADEGA anúnciase que continuaran coas denuncias contra desta instalación por todas as vías ata conquerir o seu cambio de ubicación e esperan, neste sentido, que a revisión do Plan Sectorial de Parques de acuicultura anunciada pola Consellería de Pesca sexa un revisión en profundidade e empece por obligar ao Sr. Alvárez-Cascos a buscar outra ubicación fora da Rede Natura: é de xustiza!!!. No momento actual ADEGA segue a solicitar da Consellería de Meio Ambiente a revisión da avaliación ambiental desta planta de acuicultura e a paralización cautelar do expediente e das obras que podan iniciarse no seu día. Neste momento ADEGA está a poñer en marcha unha campaña de recolleita de sinaturas (e de cartos) dirixida a solicitar da Consellería de Meio Ambiente que exerza o dereito de retracto que a Lei de conservación da Natureza lle otorga sobre a venda de calquer parcela dentro de espacios protexidos. Non hai excusas para non facer cumplir coa lexislación ambiental. Se dende a Consellería de Meio Ambiente, en aplicación da lexislación vixente, segue sen querer obrigar ao promotor a buscar outra ubicación, nn teremos máis remedio que pensar en solicitar a súa dimisión.
Contacto: Daniel Vispo. Secretario Xeral de ADEGA. 619808662

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 19 Oct 2005, 15:29

Comienza el juicio por coacciones y vejaciones contra 12 miembros de ADEGA denunciados por Ramón Alvarez-Cascos Paredes, en el Juzgado de Instrucción de Mondoñedo a las 1130 horas y remata a las 13.30.
Como testigos de ACUINOR, miembros de la empresa contructora CUIÑA y un empleado de la empresa,que junto con el promotor de las obras y el denunciante reconocen a los miembros de ADEGA como los que paralizaron las obras.
Por los demandados son testigos dos peritos Manuel A Rguez Millán e M Dolores Vázquez Castro, que hacen constar que ese espacio es un habitat prioritario de Red Natura.
Entre el público una veintena de simpatizantes de ADEGA y prensa.
Los acusan de ponerse delante de las máquinas (que la misma empresa calificade muy peligrosas) e impedir que trabajasen.
Comienzan a interrogar a los ecologistas por Daniel Vispo, Secretario General de ADEGA, le preguntan si forma parte de los que pararon las obras y responde que si.
A la pregunta de que si es consciente de que se ejecutaban las obras en finca privada, responde que no se planteaba si era privada o no, en este caso el uso está limitado, son terreos de protección de esapcio natural, red natura, dominio público, que en setembro 2004 ADEGA presento alegaciónes diciendo que no procedía la instalación, que se entera el 19 d agosto de 2005 del comienzo de las obras, el 20 se inician, que aviso a SEPRONA, a la Guardia Civil, a las Administraciones , ya que le constaba qu los permisos obtenidos eran irrregulares y no se siguiera el procedemento establecido. Que desde el primer momento se pidio la paralización cautelar de las obras para evitar la deaparición de un habitat prioritario. Que tienen presentados variosr recursos, uno de ellos porla forma de hacerse l a empresa con los terrenos de masa común y procedente de concentración parcelaria con uso limitado a la mejora de explotación.
El resto de los ecologistas se ratifican en lo dicho por su compañero, queriendo todos dejar constancia de que pararon la obra para evitar la destrucción de un espacio de red natura, obligados a hacer cumplir la legislación vigente en materia medioambiental al no hacerlo las distintas administraciones a las que acudieron.
El abogado del denunciante dice que las leyes son para cumplirse (se oye decir a l de la defensa: “todas”), pide unos 12000 €, e 20 dias multa x 30 € dia x ecologista, también cita a Cicerón.
Y a Cicerón se parecía (al menos por lo que tengo leido) el abogado de la Defensa que entre lo mucho y muy bien que habló , dijo que los que no respetan el estado de derecho son los denunciantes, pidió que no se hiciera una interpretación parcial de las leyes y exigió un respeto para las denuncias mediambientais en los Juzgados, que si hay un responsable es l a Administración, que el interés público debe prevalecer sobre o privado.

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 03 Nov 2005, 08:12

LOS RESULTADOS DEL JUICIO A LOS ECOLOGISTAS DE ADEGA
Condenados los voluntarios de Adega por paralizar la piscifactoría de Rinlo
Acuinor reclamaba a doce ecologistas 19.463 euros por invadir una propiedad privada
El colectivo tiene la opción de recurrir el fallo en la Audiencia Provincial
-------------------------------------------------------------------------------- (Lugar: la voz | ribadeo)
?l juzgado de Mondoñedo ha fallado a favor de Acuinor y de su titular Ramón Álvarez Cascos en la demanda presentada contra doce miembros de la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) por invadir durante varios días la finca de su propiedad e impedir que se ejecutasen las obras de la piscifactoría de Rinlo. Ramón López Vispo, secretario xeral de Adega, reconoció ayer que el fallo era en su contra, pero no entró a valorarlo hasta conocerlo en detalle.
Hoy está previsto que se reúnan varios de los imputados de Adega para analizar qué pasos van a dar ahora. Una de las opciones pasa por presentar un recurso ante la Audiencia Provincial, pero parece ser que entre los voluntarios de Adega se ha instalado un cierto pesimismo, porque según reconoció Vispo, a pesar de que están convencidos de que la razón está de su lado, las diferentes decisiones judiciales son en su contra y la Administración sigue sin hacer nada para evitar que las obras se ejecuten: «Supoño que agora Ramón Álvarez Cascos estará moi contento», se limitó a señalar, prefiriendo no desvelar por el momento la cuantía de la multa que les imponen.
Ramón Álvarez Cascos ignoraba ayer el fallo y aunque su abogado trató de conseguirlo por la tarde, no lo logró. Por lo tanto, declinó pronunciarse. Sí confirmó que el proceso de selección de personal para trabajar en la piscifactoría sigue adelante. En una segunda fase se recogieron más de cien currículos. Añadió que a finales de está semana tiene previsto que la firma Cuiña le confirme la fecha en la que se van a reanudar las obras.
Multas
Cabe recordar que la acusación en el caso del presunto delito por faltas por la paralización de las obras de la piscifactoría de Rinlo solicitó a la jueza de Mondoñedo que impusiese una multa de 30 euros diarios, durante 20 días, a cada uno de los doce miembros de Adega que impidieron trabajar a las máquinas excavadoras. Además, también reclamó que pagasen, o en su caso el colectivo Adega, dos facturas de 8.872,50 y 3.391 euros en concepto de daños y perjuicios. Esta es la cantidad que la empresa constructora Cuiña reclamará a su vez a la firma Acuinor por los siete días en los que tuvo maquinaria en Rinlo, aunque no pudiese trabajar, si bien todavía no ha presentado las correspondientes facturas. En total, 19.463 euros.
-------------------------------------------------------------------------------- • La Voz de Galicia


Hay que tener cuidado con lo que se escribe en los foros (no legalmetne pero si a efectos practicos cuando a uno le persiguen :lol: ) por eso solo recordar a Galileo Galilei que cuando le hicieron retractarse los tribunales de la inquisición de sus teorias sobre que la tierra era redonda y giraba, al salir, dicen que dijo: "pero eres redonda y giras"

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 04 Nov 2005, 12:15

COMPARADE A DIFERENCIA
El Gobierno gallego ha acordado imponer de sendas sanciones a un promotor y a una empresa constructora por infracciones urbanísticas calificadas como muy graves en un espacio natural de la Costa da Morte integrado en la Red Natura 2000.
Los hechos se enmarcan en la construcción de dos viviendas unifamiliares adosadas y dos edificaciones auxiliares en terrenos protegidos situados en el lugar de Pedra do Sal, en el ayuntamiento coruñés de Carballo.
Los sancionados, el promotor Manuel Facal y la empresa constructora Consmuelfa S.L., tendrán que abonar el pago de una multa de 333.334 euros en cada caso, de acuerdo con lo establecido por la Ley 15/2004.
Al margen del expediente sancionador se tramitó otro de reposición de la legalidad urbanística, que concluyó mediante una resolución del 22 de enero de 2004 por la que las obras se declararon ilegalizables por incompatibilidad con la ordenación urbanística, de modo que se ordenó su demolición a costa del interesado.
De igual forma, hay una sanción accesoria que obliga a la publicación en un diario de mayor circulación de la provincia, de las sanciones firmes en vía administrativa y de la identidad de los sancionados.
----------------------------------------------------------------------------------- Xan Duro ADEGA-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

Avatar de Usuario
sole
Mensajes: 1787
Registrado: 19 Ene 2005, 16:26
Ubicación: miarroba+lycos
Contactar:

Mensaje por sole » 04 Nov 2005, 12:15

NOTA DE PRENSA DE ADEGA:
Referencia: unha forma inxusta de facer xustiza.
Once compañeiros de ADEGA veñen de ser condenados polo xulgado de Mondoñedo ao pago dunha multa de 6 € diarios durante 15 días por unha falta de coaccións e ao pago ao Sr. Alvárez-Cascos dunha indemnización pendente de fixar por perito independente ata unha cantidade de 12.630,50 €.
Para esta asociación ecoloxista, esta forma de facer xustiza sen ter para nada en conta que se ESTABA A DEFENDER UN PATRIMONIO NATURAL DE TODOS DA ÚNICA FORMA QUE NA REALIDADE SE PODÍA DEFENDER NON É MÁIS QUE UNHA FORMA INXUSTA DE FACER XUSTIZA engadida ao atropello da lei, á inxustiza e á indignidade dunha administración autonómica, local que actúou con total desprecio da lexislación de espacios protexidos, da lexislación de impacto ambiental, da lexislación de costas, da lexislación de pesca, da lexislación do solo ou da lexislación de patrimonio público.
O atropello da administración:
-E un atropello que poda haber declaración de impacto ambiental favorable para unha instalación deste tipo sobre un espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios, cando a Directiva Hábitats e o Real Decreto 1997/1995 que traslada esta directiva ao ordenamento xurídico do Estado dice que, nestes casos, só se poderán alegar razóns de seguridade e saúde pública ou razóns imperiosas de primeira orde que hai que xustificar e consultando previamente coa Unión Europea. Houbera tido esta mesam declaración de impacto ambiental favorable calquer veciño de Ribadeo que quixese montar nese mesmo lugar o seu negocio?
-É un atropello que se poda ter tramitado unha avaliación ambiental en base a un Estudo de Impacto Ambiental incompleto (non estuda ningunha alternativa de ubicación fora da Rede Natura, non estuda o impacto dos vertidos químicos sobre o banco de percebes do litoral, non estuda o impacto sobre as pesquerías de polbo) e falso (cando a parcela é de 42.000 m2 reduce o impacto a só 442 m2 de hábitat prioritario);
-É moito máis que un atropello que, téndose iniciado a tramitación deste proxecto en Maio do 2004, o Sr. López Veiga (para algos se libra de Cuiña coa excusa duns capachos do Prestige) promova a modificación da Lei de solo de Galicia (Decembro do 2004) para que ésta poda permitir a ubicación desta e doutras instalacións deste tipo en solo rústico de protección de espacios naturais;
-É un atropello que poda aprobarse un proxecto sectorial, -unha forma de recalificación deste solo rústico de protección de espacios naturais e de protección de costas-, cando nesta instalación non hai máis xustificación de interese público que o que poda ter o Sr. Alvárez Cascos por facer o seu negocio á conta dun solo barato de espacios protexidos (a maiores das subvencións públicas europeas e autonómicas que recibirá o Sr. Alvárez-Cascos á conta dos presupostos que pagamos todos cos nosos impostos). Sobra solo en Ribadeo e en todo o litoral para poder ubicar esta instalación sen afectar á Rede Natura e sen afectar ao banco de percebes de Rinlo. Que esta aprobación se teña feito no último consello da Xunta do Sr. Fraga, non pode, ademáis, ser menos atropello que o de outros acordos do Governo en funcións que a nova Xunta si tén revisado;
-É un atropello que poda haber licencia municipal de obras cando a Lei do solo de Galiza proíbe expresamente que poda haber tal licencia municipal sen contar coas demáis autorizacións autonómicas, neste caso autorización de explotación e de ocupación do dominio público marítimo-terrestre e da súa zona de protección. Que esta licencia se otorgue ao día seguinte mesmo do acordo do Consello da Xunta, en base, ademáis, a un informes que ocultan que se trata dun espacio protexido, demostra, por outra parte, que o Sr. Alcalde de Ribadeo está máis que implicado neste atropello e trato de favor que recibe o Sr. Alvárez-Cascos;
-E un atropello e un roubo descarado que a Xunta de Galiza lle venda ao Sr. Alvárez-Cascos unhas parcelas procedentes do fondo de terras da concentración parcelaria de Vilaframil, cando este fondo de terras, constituído á conta do 4% ou do 6% que cada propietario tivo que aportar ao fondo, só podía ter a finalidade (lei de concentración parcelaria) de correxir os erros e atender as reclamacións da propia concentración ou para equipamento social da parroquia. Que, ademáis, se podan vender a precio de saldo (1 €/m2), constitúe un roubo descarado do patrimonio público e un acto de especulación co espacio protexido: declarase protexido non para protexelo senón para quitarlle valor de mercado. ¿Se ese solo tivera sido declarado urbanizable, houbera alguén vendio a precio de 1 € o metro cadrado?
-É un atropello que, -aínda dando a licencia municipal por legal-, se podan iniciar unhas obras sen contar coas demáis autorizacións e que cando se denuncian as obras ante o Seprona ou ante Meio Ambiente, a administración local e autonómica descargue a responsabilidade da paralización sobre os xulgados e sobre as asociacións ecoloxistas.
O Sr. Alcalde de Ribadeo, a Dirección Xeral de Costas ou Meio Ambiente houberan consentido algo similar a calquer outro veciño ou veciña de Ribadeo?
Non é certo, señora Xuíz, que os compañeiros e compañeiras de ADEGA teñamos adoptado unha vía de feitos cando había outra forma de actuar e outros recursos para defender estes hábitats prioritarios (en perigo de desaparición):
• solicitamos da Consellería de Meio Ambiente, por escrito e en persona, a revisión da Declaración de Impacto Ambiental: sen resultado algún;
• denunciamos verbalmente as obras ante a Garda Civil: sen resultado algún;
• denunciamolas logo por escrito e tal denuncia foi presentada pola Garda Civil no Xulgado de Mondoñedo xuntamente coa do Sr. Alvárez Cascos: sen resultado algún;
• e, cando recurrimos á Xustiza, pois aí está: sen máis resultado que o dunhas medidas cautelares provisionais que se levantan sen máis probas que unha declaración do Sr. Alvárez-Cascos ao seu patrimonio e a testificación duns técnicos pagados polo Sr. Alvárez-Cascos para desdecirse do que tiñan escrito no Estudo de Impacto Ambiental e declarar, -contra todos os informes da Consellería de Meio Ambiente-, de que alí non había tais hábitas prioritarios. Resultado? NINGÚN.
A única vía de feitos que, dende a nosa sensibilidade ambiental, somos capaces de ver é a do Governo do Sr. Fraga, primeiro; do Concello de Ribadeo, despóis; e da Consellería de Meio Ambiente actual ao consentir estas obras sobre un espacio da Rede Natura con hábitats en perigo de desaparición: a lexislación de espacios protexidos é tamén para facer cumplir. Nós respetamos a propiedade privada, pero tén que saber o Sr. Alvárez-Cascos, o Concello de Ribadeo (e tamén a xustiza) que a propiedade privada non é arbitraria nen absoluta: tén sempre unha limitación de usos en función da calificación do solo. Nesta parcela, a limitación vén imposta polo que dispón a lexislación da Rede Natura 2000.
Pola nosa parte temos moi craro que a protección do patrimonio natural é unha necesidade para asegurar a diversidade de formas de vida do planeta, e, polo tanto, unha necesidade para garantir a nosa calidade de vida. Dende esta sensibilidade aseguramos a nosa disposición a seguir defendendo que a lexislación de espacios protexidos teña o mesmo valor que toda a demáis e, polo tanto, tamén ter que ser de obrigado cumprimento, tanto se o cidadán é un modesto veciño de Ribadeo, como para un influinte Alvárez-Cascos ou para a administración: A LEI É IGUAL PARA TODOS OU NON É.
Daniel López Vispo. Secretario Xeral de ADEGA

Responder