PORQUÉ TODO ARDE?
Publicado: 08 Ago 2006, 19:33
Extraido de la web de CNT Galiza
(¿alguien podría traducirlo?)
¿PORQUÉ TODO ARDE?
Galicia esta ardendo, e nós con bágoas nos ollos, miramos os políticos botándose coitelos uns aos outros. Mátannos, 60 incendios provocados, casas en perigo e os traballador@s dos reténs contra incendios xogando a vida.
Falade con calquer traballador dos contra incendios, preguntádelles cando rematou o prazo selección de persoal. A principios de xullo ainda moitos non tiñan posto. Despois de trinta anos destruindo os nosos bosques, ¿que lles importaba os políticos un ano mais?
O problema e que este ano non só arden os bosques e morre a nosa fauna, este ano arden as nosas casas, e morren os nosos veciños…
Se lle preguntas a un traballador dos reténs contra incendios podería decirte moitas cousas…
¿Non deberían traballar todo o ano profesionais desbrozando, creando cortafogos, asesorando ao politicucho de turno, que agora estaba de vacacións en Sanjenjo o Portonuevo, dicindo onde están os problemas e cales son as solucións.
¿Non deberían contar con profesionais formados, e non contratar inexpertos cando xa todo está encima?
¿Non deberían contar con recursos necesarios, no canto de ter que usar os seus teléfonos móviles cando as radios non resisten a calor?
¿Non debería estar o maior número nas zonas mais sensibles, e non dotar as provincias co mesmo número de efectivos?
Preguntade e veredes o que e asistir un ano mais as probas de selección de persoal, a mediados de xuño, onde miras a nenos de 17 anos, aterrados ante o traballo máis perigoso do país, entrando na habitación da man do seu pai con cara de, “non aprobaches o curso, agora vas saber o que é traballar”. Ou mirar a persoas en tacóns na cola para facer as probas físicas; ou chegar ao teu grupo e ver que máis da metade dos traballador@s nunca se enfrentaron a un fogo, e onde os que si se enfrentaron teñen que vixiar o lume por diante e coidar dos que non saben por detrás.
Preguntade cantos efectivos do sacrosanto exército, que coma o séptimo de cabalería nos van salvar a todos como anuncian La Coz de Galicia y El Cachondeo Gallego. O mellor os 26 militares que había onte nos incendios de Cotobade movéndose dun lado para outro son a solución, seguro que si…
Preguntade o que e chorar de impotencia os primeiros días,pensar que un compañeiro morreu, ou escoller unha dirección ou outra para quer todo arda. e logo xa non sentir nada para non volverse tolo.
E nos non vamos a creer que sacaron a tódolos pirómanos de Conxo e lles deron uns mistos e un bidón de gasolina. Son intereses os que están de tras de esto, pero para falar de a quen beneficia esto, si que e mellor que preguntedes os políticos, porque os traballador@s non temos nin idea.
Cecais non deberiamos preguntar nada e dicir que si as explicacións oficiáis; as dos alcaldes do PP que se negaron a ter reténs da Xunta no seu concello, ou as dos superprogres e alternativa de futuro do BNG e PSOE, que non teñen nin idea do que esta pasando, non tiñan nin idea de que os incendios son a lacra de Galiza, e que dixeron que os plans contra incendios do PP eran “aceptables” e así os aplicaron.
Cecais os políticos deberían facer mais caso d@s traballador@s que miran a cara a morte, non só nos incendios, senón tamén na construcción, o metal, o mar, nas químicas… Ou cecais sexamos os traballador@s os que teñamos que eliminar aos políticos e tomar as nosas propias decisións, nós que sabemos que se fai ben e que se fai mal, porque cando as cousas se fan mal somos nós os que morremos.
Non queremos volver a berrar Nunca Mais, debemos facelo efectivo, queremos que o que hai que facer para parar os incendios a digan os traballador@s de incendios, que o que hai que facer cun barco a deriba o digan os mariños…
Non queremos máis tipos sinistros en traxe que digan que todo está controlado, todo está ben, a xente non esta morrendo.
Só lle pido os politicos que fagan chover, se non poden, que vaian todos o inferno.
Dende o país do sol e e da lua de sangue, da peste eterna a fume, das sereas e a tristura nos ollos.